Skip to Content

DÍA DO LIBRO 2023

 

Co motivo do Día do Libro ao longo destas semanas realizamos diferentes actividades para dinamizar a lectura entre o noso alumnado. Nesta ocasión, o alumnado de Infantil, 1º e 2º de E.Primaria tivo a oportunidade de asistir a un contacontos na biblioteca do centro baixo o titulo "O peixe arco da vella"

 

CONTACONTOS E. INFANTIL

O pasado 17 de abril tivemos a oportunidade de recibir ao contacontos Benxamín que representou unha serie de contos tradicionais para todo o alumnado de Educación Infantil.  

 

XORNADA DE ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL PARA AS FAMILIAS

Se ben o pasado 16 de xaneiro o profesorado do CEIP Oza dos Ríos e o do CEIP Plurilingüe Bragade asistiu a unha xornada formativa de autorregulación emocional para docentes, este pasado luns 17 de abril, extendeuse esta iniciativa ás familias do alumnado de ámbolos dous centros.

En nome dos dous centros, moitas grazas a todas/os as/os nais/pais asistentes, agardando que esta resultase de proveito.

Este programa de actividades está enmarcado na liña EMOCIÓNA-T dos Contratos-Programa e no Plan de Benestar Emocional.

RADIO RUMOROZA. PODCASTS 6º E.P.

FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE

APOLO XI

A GUERRA CIVIL

OS ROMANOS EN GALICIA

NOVOS CAPITULOS DE PODCAST CREADOS POLO ALUMNADO DE 4º DE E.P.

 

Deixámosvos ligazón aos novos capítulos de podcast creados polo alumnado de 4º de Primaria en Radio RumorOza.

 

 

A ORCA RIGOBERTO

O ENTROIDO

A FUSIÓN

MIGUELIÑO JORDAN

O LINCE IBÉRICO

PANTASMAS NA BIBLIOTECA

 

Hoxe o alumnado de Infantil, 1º,2º e 3º de Primaria acudiu á biblioteca do noso centro á presentación do conto "A PANTASMA COLORIDA"

 

OBRADOIRO DE RECICLAXE

 

No día de hoxe tivemos a visita de varios membros de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), onde os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de E. Primaria puidemos disfrutar dun obradoiro de reciclado de papel. Foi unha actividade dinamizadora para promover a inclusión social no ámbito do lecer das persoas con discapacidade e aportáronnos ademáis do seu agarimo, as súas  habilidades e coñecementos dándolle outra vida ao papel. Tanto é así que mirade o resultado do traballo. Somos uns cracks na reciclaxe!

 

Charlas sobre ciberseguridade

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla sobre riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e as redes sociais.

A xornada, impartida pola garda civil, amosou os múltiples perigos que se agochan detrás dun uso incontrolado da Internet.

Tema este moi relevante, xa que as novas tecnoloxías ademais de seren unha boa ferramenta para coñecer e aprender, tamén hai que saber usalas.

Polo que ademais de explicarnos os riscos e perigos que podemos atopar pola rede, resolvéronnos todas as nosas dúbidas e inquedanzas. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da árbore 2023

Con motivo da celebración do Día da árbore e segundo a liña do noso proxecto educativo de centro deste ano, os/as nosos/as pequenos/as en colaboración co concello de Oza plantaron unha árbore e entonaron unha cantiga ensalzando a necesidade de coidar o noso planeta.

Asemade, o alumnado máis veterano leu un texto para recordar a importancia da recliclaxe e do coidado da natureza.

Distribuir contido


by Dr. Radut