Skip to Content

Novas

Maio - Psicomotricidade

  • ·         XOGO POPULAR: OS BIRLOS

o   Como facelos se non os tes na casa:

§  https://www.youtube.com/watch?v=T9HLUuhjNCM

§  https://www.youtube.com/watch?v=B2QnIMkuKyA

§  https://actividadesinfantil.com/archives/8648

o   Como xogar aos birlos, adaptación para infantil:

§  3 anos: colócanse só tres birlos (un diante e dous detrás), e permítese o lanzamento da pelota dende moi preto deles. Se o nen@ tira todos os birlos con facilidade, na seguinte vez, sitúase un pouco máis lonxe para tirar.

§  4 anos: colócanse 6 birlos, poñendo un só na primeira fila, detrás deste dous máis e detrás outros tres birlos. Se o nen@ tira todos os birlos con facilidade, na seguinte vez, sitúase un pouco máis lonxe para tirar.

§  5 anos: colócanse 10 birlos, tal e como se explicou para 4 anos, pero engadindo outra fila máis con catro birlos. Se o nen@ tira todos os birlos con facilidade, na seguinte vez, sitúase un pouco máis lonxe para tirar.

o   Anota nunha tarxeta de rexistro (coa axuda do adulto/a) cantos birlos tiras cada vez:

 

1º TIRADA

2ºTIRADA

3ª TIRADA

NEN@

 

 

 

MAMÁ

 

 

 

PAPÁ

 

 

 

IRMÁ/N

 

 

 

 

·         XOGO CO XORNAL: podedes utilizar as follas dun xornal que teñades pola casa, ou tamén algunha revista que xa non vaiades a ler.

o   Usando unha folla do xornal xogamos a camiñar colocándoa…

§  Enriba da cabeza

§  Diante da barriga

§  Nas costas (como unha capa)

§  Tapando os xeonllos

o   Poñémola no chan e xogamos a…

§  Sentar enriba dela

§  Saltar a folla sen tocala

§  Rodeala dando saltiños sobre un pé

§  Intentamos mover a folla soprando, sen tocarlle coas mans

§  Poñemos no chan separadas máis follas e corremos polo medio delas sen tocalas

o   Facemos coas follas unha boliña de papel e xogamos a imitar accións cotiás…

§  xogamos coma se a boliña fose “unha esponxa e lavámonos con ela”

§  xogamos coma se fose un estropallo e lavamos a louza

§  lanzamos a boliña ao alto e intentamos pillala cando cae

§  lanzamos a boliña ao aire e cando cae intentamos pateala cun pé

§  para recoller: lanzamos as boliñas de papel a unha papeleira intentando encestalas.

 

·         BAILE:

o   El baile del sapito: https://www.youtube.com/watch?v=mrxTQZW9b08

o   Todos somos capitanes - Magin Blanco: https://www.youtube.com/watch?v=UwfGqoB4SOs

o   La cumbia de la orilla- Cantajuego: https://www.youtube.com/watch?v=dCaV7oERaHQ

o   Imos bailar: https://www.youtube.com/watch?v=5kPsKzd6Kn8

o   Mah Na Mah Na: https://www.youtube.com/watch?v=iiEUGu2I9i8

 

·         YOGA:

o   Carteis con posturas de ioga:

§  https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/blog/posturas-yoga-ninos-pdf

o   Vídeos para nen@s:

§  Para practicar xunto con mamá e/ou papá (con coidadiño):

·         https://www.youtube.com/watch?v=3LAHjw1umTI

§  Para practicar o saúdo ao sol:

·         https://www.youtube.com/watch?v=0H2ceR_rTL8

§  Yoga con música: En la selva

·         https://www.youtube.com/watch?v=2K5PINaaU7M

§  Cápsula: “DJ´s Hanu & Man”:

·         https://www.youtube.com/watch?v=gL4objXGB4A

§  Cápsula: ¿Qué te dice tu intuición?

·         https://www.youtube.com/watch?v=sEztAX_GUcQ

 

Día da familia (15 de Maio)

O día 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias dende o ano 1993. A ONU considera que a familia é a unidade básica da vida social, tendo en conta que existen moitos modelos e formas de familia. Propoñemos a continuación unhas actividades para conmemorar esta data:

 

 

  • ·         Debuxo: debuxa a túa familia nun folio co título: “Eu cos que quero e me queren”

 

  • ·         Cociñar en familia: podedes pasar un bo rato toda a familia preparando algún destes ricos pratos a base de froitas.

o   https://www.pequeocio.com/recetas-ninos-fruta-divertida/

  • ·         Manualidades en familia: se tedes unha caixa de cartón que non vaiades a utilizar, neste vídeo hai moitas ideas divertidas para crear xuntos.

o   https://www.youtube.com/watch?v=Ny8P0-H-JhA

  • ·         Xogar en familia: a continuación tedes un  enlace a xogos para toda a familia.

http://rejuega.com/juego-aprendizaje/juegos-familia/25-juegos-para-divertirse-en-familia/

Maio - Recursos da Editorial Anaya

Dende a editorial Anaya  propoñen un banco de recursos para o profesorado e familias para traballar con educación infantil. Trátase de dous contos e un obradoiro de música que podedes utilizar na casa cos máis pequenos. Aquí tedes o enlace:

https://anaya.acblnk.com/envio/ver/9lmtVVbBqgSF3uW54EJLncyoFrhuXF4fiqXAShDiKZu8aIKXsfbDbw/

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 27 ao 30 de abril 2020.

Estimadas familias:

Recordade que para encontrar o traballo dos vosos fillos debedes de premar no curso correspondente para encontrar as tareas recomendadas para esta semana.

Se tedes algunha dúbida e/ou solictar máis material podedes mandar un mail a ceip.oza.rios@edu.xunta.gal escribindo no asunto "nome d@ alumn@ Audición e Linguaxe".

Moito ánimo a tod@s.

Un abrazo.

Silvia Abella.

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 20 ao 24 de abril 2020.

Estimadas familias:

Neste apartado poderedes encontrar as actividades para @s alumn@s de Educación Infantil e de Educación Primaria que asistían á aula de Audición e Linguaxe.

Para protexer as identidades d@s alumn@s que asisten a esta especilidade titulei cada documento por curso, de maneira que cada familia, segundo o curso do seu fill@ poderá descargar a actividade que lle corresponde.

Son actividades de repaso do primeiro e segundo trimestre que publicarei semanalmente e que, por suposto, son de carácter voluntario.

Se tedes algunha dúbida e/ou solicitar máis material podedes mandar un mail a ceip.oza.rios@edu.xunta.gal escribindo no asunto "nome d@ alumn@ Audición e Linguaxe".

Moito ánimo a tod@s.

Un abrazo.

 

Silvia Abella.

 

SERVIZO DE IMPRESIÓN DO CONCELLO OZA

QUERIDAS FAMILIAS:

Coa fin de que podades imprimir material para os vosos nenos, o Concello de Oza puxo en marcha esta iniciativa. Esperamos que vos sexa de utilidade.

Moito ánimo.

 

Un saúdo.

INFORMACIÓN SOBRE A 3ª AVALIACIÓN

Queridas familias:

Mentres seguimos á espera de instrucións máis precisas por parte da Consellería, continuaremos enviando material para os nenos como fixemos ata o momento, tendo en conta que esta 3ª avaliación será de REPASO, CONSOLIDACIÓN E RECUPERACIÓN do traballo da 1ª e 2ª, según a comparecencia da Ministra de Educación o pasado 15 de abril.

Estar atentos ao novo material que os titores os farán chegar e as novas que imos publicando nesta web.

Esperando que o levedes o mellor posible

Un saúdo

A dirección.

COMUNICADO EN RELACIÓN ÁS MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN CO INICIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

ESTIMADAS FAMILIAS:

Estamos a expensas de que a Consellería de Educación dite as instrucións para dar continuidade a este terceiro trimestre.

Mañá mércores 15 de abril 2020 está prevista unha reunión na que participan o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas nas que coordinarán as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento deste trimestre e dictarán as instrucións que procedan.

En canto nos fagan saber ditas instrucións, os membros do claustro do CEIP Oza dos Rios programaremos o terceiro trimestre e farémosvos chegar as directrices de traballo, dado que, polo momento, non dispoñemos de ningún tipo de instrución de como continuar co noso traballo, agás que seguirán as clases non presenciais.

 

Esperamos que estedes todos ben e moito ánimo.

Un saúdo.

A direción.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut