Skip to Content

Actividades

Día da paz 2023

 

Con motivo da conmemoración do Día da Paz, este luns 30 de xaneiro recibimos a visita do pai dunha alumna que pertence ao Club Colombicultura de Bergantiños.

 

Ademais de realizar unha exposición e achegarnos as particularidades destas aves que representan a paz, poidemos disfrutar da solta dunha destas pombas cunha mensaxe especial que levou até o seu fogar.

 

Somos moi afortunados ao poder desenvolver unha actividade tan enriquecedora para os/as nosos/as pequenos/as. Grazas Roberto por compartir esta experiencia connosco! 

Exposición de xoguetes reciclados

 

Prezadas familias, velaquí a exposición dos xoguetes reciclados que aportastes como graniño de area ao noso proxecto de centro que este ano xira en torno ao coidado e  protección do medio ambiente. Moitas grazas pola vosa colaboración! 

 

Xornadas de formación do profesorado

 

 

Aproveitando as recentes melloras no noso centro e posto que contamos cun espazo extaordinario como é a biblioteca, este foi o lugar elixido para reurnirnos conxuntamente  os profesionais de ambos centros do concello para compartir unha xornada de convivencia e formación en autorregulación emocional.

 

MONTAXE FOTOGRÁFICO FESTIVAL DE NADAL 2022

 

Deixámosvos a montaxe fotográfica elaborada co gallo da celebración do Festival de Nadal o pasado 22 de decembro. Aproveitamos a ocasión para agradecer enormemente a colaboración prestada pola ANPA, que coma todos os anos, botan unha man desinteresadamente para que todo poida sair da mellor forma posible.

 

BELÉN 2022

 

Como xa é tradicional, o alumnado da materia de relixión estivo a elaborar durante as últimas semanas o Belén do centro. O pasado venres e sabado foi posible visitalo nunha actividade aberta a todas as familias da comunidade educativa. Deixámosvos un video elaborado para a ocasión. Esperamos que vos guste e aproveitamos a ocasión para desexarvos unhas felices festas.

 

VIDEO DÍA DA DISCAPACIDADE

 

O pasado venres 2 celebramos no centro o Día da Discapacidade. Organizamos unha serie de actividades e circuitos de xogos para que os rapaces puideran poñerse na pel dunha persoa con algún tipo de discapacidade sensorial. 

 

DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

Video elaborado polo alumnado de 4º E. Primaria co gallo do Día da Eliminación da Violencia contra a Muller.

CONTO "EU NON FUN" - 2º E.P.

 

Relato elaborado por todos os alumnos de 2º de E. Primaria. Eu non fun é un relato do autor Cristian Woolf

 

NOVOS PODCASTS DE RADIO RUMOROZA. 4º E.P.

 

Deixámosvos os novos podcasts elaborados polo alumnado do centro de Radio Rumoroza. Esperamos que os disfrutedes¡¡¡¡

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2022

 

Nas últimas semanas o centro organizou diversas actividades para conmemorar a festividade de Samaín e do Magosto. Entre elas, destacamos o concerto do dúo Caamaño e Ameixeiras, a exposición de cabazas elaboradas polo alumnado, un Magosto celebrado no centro e unha serie de circuitos de actividades lúdicas cos que todos os rapaces disfrutaron enormemente.

 

Deixámosvos a continuación o montaxe elaborado para a ocasión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut