Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR 23-24

 A Consellería ven de publicar no día de hoxe a instrución sobre comedores escolares vixente para o curso 23-24. Debido a tardanza coa que este ano se fixo a publicación desta circular, comezaremos a recoller as solicitudes a partir do 1 de setembro. Durante a última semana do mes de agosto recibiredes unha mensaxe Abalar para recordarvos os días nos que poderedes recoller os impresos e entregalos no centro.

 

As nais/pais ou titores legais que desexen anotarse para ser colaboradores no servizo de comedor deben enviar un correo electrónico a ceip.oza.rios@edu.xunta.gal

 

Podedes consultar a instrución de comedores completa premendo AQUÍ

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

A listaxe definitiva de axudas para adquisición de libros de texto e de material escolar foi publicada no centro durante o día de hoxe. Está situada no taboleiro de anuncios enfronte á conserxería. Os cheques serán repartidos ás persoas adxudicatarias das axudas durante hoxe venres, luns 3 e martes 4 de xullo en horario de 10h a 13.30h.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2023

 

Dimos peche ao curso académico 22-23 co festival fin de curso. Desexamos agradecer enormemente a colaboración dos membros da ANPA que, como xa é costume, adican desinteresadamente o seu tempo na organización do evento. Tamén a destacar o feito de que foron elas as responsables da elaboración das fotos grupales que lles foron entregadas aos vosos fillos recentemente. Moitas grazas.

Tamén nos gustaría agradecer o grande esforzo realizado para levar a cabo con éxito o festival ás familias, ás titoras e tamén ao alumnado. Sen a colaboración de todos non tería sido posible.

Pasade todos unhas boas vacacións.

 

 

MONTAXE FOTOGRÁFICO 4º EP

 

Os rapaces de 4º E.P. cambian de ciclo para o curso que ven e tamén de mestra. A profe Alba elaborou un video montaxe de despedida cos momentos máis sinalados destes dous cursos académicos. Grazas pola vosa implicación¡¡¡

 

VIDEOMONTAXE DESPEDIDA ALUMNADO 6º EP

 

Despedimos con moita tristura ao noso alumnado de 6º de EP que remata a súa etapa no centro. Un grupo estupendo de nenos e nenas, formado por boas persoas cun gran corazón que esperamos que teña todo o éxito do mundo no futuro. Deixámosvos un video montaxe na súa honra elaborado a través de Radio RumorOza. 

 

PLAZO FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN

 

O prazo de matrícula para o alumnado DE NOVA ADMISIÓN no centro para o curso académico 2023-2024 (alumnado que comeza 4º de Infantil e alumn@s que son novos no centro en outros cursos) ábrese o vindeiro 20 de xuño e concluirá o 30 de xuño de 2023.

 
A matrícula deberá presentarse na secretaría do centro en horario de 9.30h a 14.30h cubrindo o impreso que aparece na parte inferior desta entrada.

 

Modelo formalización de matrícula

 

Un saúdo

NOVOS EPISODIOS DE RADIO RUMOROZA

 

Presentámosvos a penúltima entrega de episodios elaborados polo alumnado de Radio Rumoroza.

 

Luci Rey e Mario Dopazo, alumnos de 4º E.P. viaxan á época visigoda, onde se atopan cos seus compañeiros Manu e Irene. Posteriormente, Eric e Inés regresan uns centos de anos despois onde coñecen a un pobre campesiño e ao conde que goberna esas terras (coa particpación de Izan e Ángela da clase de 3º E.P)

 

Manu Ledo e Vera viaxan igualmente á Idade Media, onde coinciden cunha invasión Viquinga e coñecen a Bluetooth e a Lagerta, dous famosos nórdicos representados por Martina e Izan.

 

Luci Loureda, Daniela e Saúl viaxan á Florencia do ano 1500, alí coñecen a Leo Da Vinci e Michelangelo, representados por Asier e Carlota de 5º E.P. Non é de perder¡¡¡

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

 

No día de hoxe, dúas voluntarias da Cruz Vermella achegáronse ao noso centro para guiarnos na prevención e detección temperá da problemática do acoso escolar.

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

 

Na seguinte ligazón poderedes atopar a listaxe cos libros de texto correspondentes ao curso 2023-2024.

 

PREMA AQUÍ

 

Un saúdo

NOVOS PODCASTS DE RADIO RUMOROZA

 

Deixámosvos nesta entrada novos capítulos creados polo noso alumnado de Radio RumorOza.

 

Os nenos de 4º andan a xogar ca máquina do tempo que construiron os maiores do cole. Neste programa visitan varios momentos da prehistoria. Colaboración especial de Luci, Iván, Enzo, Xoel e Noa, das aulas de 4 e 5 anos.

 

 

Por outra banda, Aylín, Manu, e Dani viaxan no tempo ata a época na que os Romanos conquistaron Galicia. Este Podcast conta ca colaboración especial de Antón , Marco e Olivia da clase de 1º de Primaria.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut