Skip to Content

PREOCUPADOS POLO CAMBIO CLIMÁTICO

Tivemos a visita por iniciativa da Casa Grande de Xanceda dunha experta en cambio climático que mostrou aos rapaces os riscos e perigos que conlevan as malas prácticas cotiás en relación á conservación da saúde do planeta e como podemos contribuír ao seu coidado e mellora.

NOVOS CAPÍTULOS DE RADIO RUMOROZA

Presentámosvos os novos capítulos de radio Rumoroza. Por unha banda, A Mosca Chosca. Os alumnos e alumnas de 2º EP cóntannos con moita graza este conto a través da nosa radio escolar. Por outra, temos A Máscara do León, onde os rapaces e rapazas de 4º EP relatan ese conto porque "a risa ten maxía, rompe máscaras e tamén se contaxia"

FOTO MONTAXE CELEBRACIÓN SAMAÍN

Deixámosvos por eiquí a foto montaxe máis terrorífica da celebración que fixemos do Samaín na nosa escola. Disfrutádea¡¡¡¡¡

CABAZAS SAMAÍN

Como xa é tradicional no centro, durante toda esta semana estase a celebrar o Samaín con diferentes actividades organizadas polo claustro de mestres. No día de hoxe foron colocadas as cabazas da exposición no corredor da escola. Felicitar a todos os participantes polo seu esforzo, traballo e dedicación. O venres, para pechar a semana, os rapaces de 6º EP contaranlles aos seus compañeiros unha serie de contos tenebrosos que levan a preparar nos últimos días. Ademais, se organizarán unha serie de xogos temáticos e comeremos castañas asadas para a ocasión.

CELEBRACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS

Durante o día de hoxe, 24 de outubro, celebramos no centro o día das bibliotecas cunha pequena actividade que consistiu en que alumnos de 5º EP leron aos rapaces de Infantil un par de contos que estiveron a preparar durante toda a semana con moito agarimo e esmero. Pasárono todos de medo¡¡¡ 

RADIO RUMOROZA ARRINCA DE NOVO¡¡¡¡

Comezamos nova temporada de Radio RumorOZA. Os alumnos de 6º Anxo, Carlota, Dani e Iván falan do seu pasado, presente e futuro máis cercano. Non perdades detalle da primeira entrega da nosa canle de radio escolar¡¡¡

COMEZO DO PRÉSTAMO DE LIBROS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Durante o día de hoxe comezará o servizo de préstamo da biblioteca do centro. Despois duns anos de parón no uso da instalación, o centro e, nomeadamente, grazas á colaboración dos mestres que forman parte do equipo de biblioteca, decidiu darlle un pulo a través da renovación de mobiliario, pintado completo da aula (grazas á colaboración do Concello) e reorganización de fondos bibliográficos.

Os membros do claustro do CEIP Oza dos Ríos cren firmemente en que a animación á lectura e a adquisición do seu hábito favorecen enormemente ao desenvolvemento do alumnado e incremento do seu rendemento académico, polo que a mellora e uso constante da biblioteca pasa por ser un pilar fundamental do día a día no centro.

ENTREGA DE AXENDAS DO CONCELLO

Como xa é costume, durante esta semana a representante do concello de Oza-Cesuras Pilar Rilo fixo entrega a todo o alumnado das axendas escolares para que poidan ser empregadas durante todo o curso académico. Unha vez máis, desexamos agradecer ao concello esta achega.

 

INSTRUCCIÓNS CARA AO INICIO DE CURSO ESCOLAR

Horarios de entradas:

 

Alumnado con transporte:

-Entrada: 9:20h. Unicamente os alumnos con transporte comezarán a entrar ao centro a esa hora.

 

Alumnado sen transporte:

-Entrada: 9:30h. A hora de entrada no centro para todo o alumnado que non veña en transporte escolar. NON SE PODERÁ ENTRAR CON ANTERIORIDADE A ESA HORA.  Unicamente en caso de choiva, este alumnado poderá entrar ao centro unha vez chegado o primeiro bus.

 

Alumnado 4 anos:

O alumnado do grupo de 4 anos de Educación Infantil fará a entrada directamente na súa aula. (Parte posterior do centro pegada á Escola de Música).

 

AVISO IMPORTANTE

A hora de entrada é de obrigado cumprimento para todo o alumnado. Pregámosvos que sexades puntuais para un bo funcionamento e organización da actividade lectiva. Non se permitirá a entrada tardía no centro a menos que exista unha causa debidamente xustificada.

 

Horarios de saídas:

 

Alumnado sen transporte e sen comedor:

 

-Saída alumnado de E. Infantil14:20h.

-Saída alumnado de 1º, 2º, 3º E. Primaria14:25h. 

-Saída alumnado de 4º, 5º, 6º E. Primaria14:30h.

 

Alumnado con transporte e con comedor:

 

-Saída alumnado: 15.20h

 

Alumnado sen transporte e con comedor:

 

-Saída alumnado15:25h.

 

Alumnado LUDIOZA:

 

-Saída Ludioza (Concello):15:30h

 

Non se poderá recoller ao alumnado fora deste horario a non ser que sexa de forma puntual e debidamente xustificada, coa fin de evitar o tránsito polos corredores.

 

 

Outras consideracións xerais

 

  • Este ano ofertaranse actividades de biblioteca no mesmo centro polas tardes, como é costume, en horario de 15.30h a 16.55h, con excepción dos luns, nos que a recollida do alumnado será ás 16.30h. Ofertarase desde o 1 de outubro ata o 31 de maio.

  • O servizo Ludioza/Madrugadores xestionado polo Concello poderá ser empregado por aqueles alumnos cuxos pais ou titores xustifiquen debidamente que non poden recoller ós seus fillos por motivos laborais, favorecendo dese xeito a conciliación familiar.

  • A vía de comunicación preferente coas familias será a páxina web do centro e/ou sistema de mensaxería AbalarMobil.

  • O servizo de comedor será ofertado de modo habitual nun só turno, en horario de 14.30h a 15.20h. Preferentemente para unha maior eficiencia na xestión pregámosvos que fagades uso do pago online.Se facedes pago mediante Abalar non é necesario que entreguedes xustificante (xa nos aparece no sistema). Calquera outro sistema de pago online necesitamos que nos mandedes os xustificantes de pago ao email do centro.

  • Pregámosvos que entreguedes cubertos coa maior celeridade posible os impresos que os titores lles entregarán aos vosos fillos durante os primeiros días de clase. PREFERENTEMENTE A ENTREGA COMPLETA DESTA DOCUMENTACIÓN DEBERÁ FACERSE DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE CLASE E SERÁN OS TITORES OS QUE A RECOLLAN.

Distribuir contido


by Dr. Radut