Skip to Content

Novas

AUXILIAR DE CONVERSA

 

Estimadas familias,

 

A partir do día de mañá, xoves 11 de novembro, o centro comezará a dispor da auxiliar de conversa coa que foi dotado na convocatoria de seccións bilingües. Ao igual que o curso pasado, a docente acudirá á nosa escola os martes e os xoves ata finais do mes de maio.

 

Un saúdo

MENSAXERÍA A TRAVÉS DE ABALAR MÓBIL

 

Estimadas familias;

 

Co fin de mellorar a comunicación de todas as novas de interese do centro, a partires deste momento e durante este curso académico, todas as circulares serán enviadas por Tokapp, como de costume, e a través da aplicación Abalar Móbil.

A nosa intención é a de empregar exclusivamente a aplicación Abalar dende o vindeiro curso e utilizaremos o actual ano académico como período de transición no uso de ambas ferramentas, polo que animamos a baixarse a app gratuita a aquelas familias que aínda non o fixeran.

 

A dirección

Luns 25 de outubro de 2021

 

PAGO COMEDOR

 

Estimadas familias:

 

Hoxe foron xerados os impresos de pago do comedor correspondente ó mes de setembro. Xa foron entregados ós vosos fillos.

 

Aproveitamos a ocasión para seguir promovendo o pago online a través da web do Espazo Abalar para maior comodidade de todos, segundo o tutorial publicado nunha anterior entrada desta web.

 

Se algúnha familia desexa facer por primeira vez o pago online e atopa algunha dificultade non dubidedes en chamar ó centro e tentaremos de resolvela

 

Un saúdo

A dirección

Xoves 7 de outubro 2021

COÑÉCENOS!!! MATRÍCULA CURSO 2021-2022

QUERIDAS FAMILIAS:

O vindeiro mes de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.

Debido á situación excepcional que estamos a vivir este ano non poderemos facer as xornadas de portas abertas que se facían outros anos para darnos a coñecer, polo que adxuntamos (ver arquivo adxunto) a información máis relevante do noso centro.

Na web iremos colgando todas as novidades e procedemento a seguir.

Lembrade que este período de admisión é só para novos alumnos, tanto que se incorporan ao 2º ciclo de E.I.como para aqueles que cambien de centro. O alumnado que xa está matriculado neste centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.

 

LEXISLACIÓN ADMISIÓN

PLAN DE CONTINXENCIA

BO DÍA:

ADXUNTAMOS O PLAN DE CONTINXENCIA DO NOSO CENTRO.

UN SAÚDO

A DIRECCIÓN

PLAN DE ACOLLIDA

BO DÍA:

ADXUNTAMOS O PLAN DE ACOLLIDA 

UN SAÚDO

A DIRECCIÓN

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN DIAGNÓSTICA

Estimadas familias.

 

Adxuntamos a enquisa de autoavaliación diagnóstica.

As familias do alumnado comprometeranse a realizar nas casas esta avaliación aos seus fillos. Diante da aparición de 1 dos SÍNTOMAS que aparecen na enquisa, NON ENVIARÁN ao neno ao centro e pedirán consulta co seu pediatra ou médico.

Esta enquisa NON se entrega no centro, únicamente haberá que notificar a falta de asistencia explicando o motivo (vía telefónica 881880910- 881880908 ou email ao centro ceip.oza.rios@gmail.com.

Un saúdo

A Dirección

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Estimados membros da comunidade educativa do CEIP Oza dos Ríos.

No arquivo adxunto atoparedes o noso Plan/Protocolo de Adaptación á situación Covid- 19 onde están recollidos todos os cambios necesarios para adaptarnos á nova realidade.

 

Un saúdo

 

A Dirección

INSTRUCIÓNS INICIO DE CURSO 20- 21

INSTRUCCIÓNS INICIO DE CURSO:

Horarios de entradas e saídas:

 

Alumnado sen transporte:

Entrada: 9:30h. En canto remate de entrar ao centro todo o alumnado procedente dos buses, poderá comezar a entrar o alumnado procedente das úas casas. É importante a non aglomeración na entrada da mesma. Entrarán por orde de chegada e respectando a distancia mínima de seguridade, sempre en fila e de un en un. É necesario que as familias despexen o máis rápido posible as zonas de acceso ao centro.

 

Alumnado sen transporte e sen comedor:

-Saída alumnado de E. Infantil e 1º de E. Primaria: 14:20h

-Saída alumnado de 2º,3º,4º,5º e 6º de E.Primaria: 14:30h O alumnado sairá en orde ascendente de 2º a 6º.

 

Alumnado sen transporte e con comedor:

-Saída alumnado de E.Infantil e 1º de E.Primaria: na medida do posible virán a por eles/as ás 14:50h. Deberán comunicar esta opción na secretaría do centro e será para todo o curso (teléfonos 881880910/ 881880908- email: ceip.oza.rios@edu.xunta.es). Se a familia non pode, sairán ás 15:25h como sempre.

-Saída alumnado de 2º,3º,4º,5º e 6º de E.Primaria: 15:25h

-Saída ludioza (concello):15:30h

 

As familias que teñan alumnado nas dúas quendas de comedor e poidan vir a polos seus fillos/as ás 14:45h deberán comunicalo ao centro para unificar o horario de xantar dos nenos/as.

 

Non se poderá recoller ao alumnado fora deste horario a non ser que sexa puntual e debidamente xustificada, coa fin de evitar o tránsito de persoal polos corredores.

 

      A porta de entrada e saída de toda a comunidade educativa será a portal principal, agás o alumnado de 5º de E. Infantil que utilizará a porta da súa aula que conecta co aparcadoiro.

 

Importante: estes horarios poderán sufrir modificacións en función do que se tarde nas entradas e saídas xa que é obrigatorio desinfectarse co xel hidroalcohólico e podemos tardar máis do tempo que consideramos, polo que debedes estar atentos ás posibles modificacións.

 

- As familias teñen a reposabilidade e compromiso de facer o rexistro de autoavaliación diagnóstica aos alumnos e, de presentar un dos síntomas compatible coa Covid- 19, non acudirán ao colexio, pero sí deben explicando o motivo da falta. Deberán acudir ao pediatra. Esta enquisa NON a teñen que enviar ao centro.

 

- O alumnado deberá traer debidamente marcado:

  • botella de auga
  • roupa ben marcada nun lugar visible
  • estoxo persoal
  • máscara de reposto
  • funda para gardar as máscara

- Este ano NON se ofertan actividades de biblioteca nin extraescolares.

- O servizo de luditarde que xestiona o concello será para aqueles alumnos na que os dous proxenitores ou titores xustifiquen que traballan.

- A vía de comunicación preferente coas familias será a páxina web do centro e mediante o TokApp, xa que evitaremos a manipulación de papel.

- O servizo de comedor será ofertado, habilitando espazos e quendas.

- O uso da máscara no servizo de transporte é obrigatoria para TODOS os usuarios.

Recoméndase evitar o transporte escolar na medida do posible.

- No centro, o uso da máscara é obrigatorio para todos os membros da comunidade educativa agás para o alumnado de Educación Infantil. Obrigatorio traer máscara de reposto.

- En E.I. poderán traer un xoguete de casa, que non poderán compartir, e que levarán de volta.

- As titorías e información aos pais serán vía telefónica e con cita previa. 

- Non se permite a entrada dos proxenitores nin familiares ao centro.

- A atención en dirección e secretaría é con cita previa no teléfono: 881.880908

- As cualificacións acacadémicas serán enviadas vía AbalarMóbil

 

Un saúdo

A dirección

FIN DE CURSO

Ola familias!

Hoxe remata o curso 2019-20, día en que normalmente faríamos o festival de final de curso, teríamos a actuación de infantil,a graduación dos que rematan a etapa… pero este ano polas circunstancias especiais nas que estamos a vivir, non podemos celebralo como nos gustaría.

Nesta ocasión, a despedida farémola a través desta páxina web, felicitándovos aos peques polo ben que vos portástedes durante o confinamento, por todo o que tedes traballado dende a casa e ás vosas familias polo apoio que vos teñen dado nesta situación inédita.

Para o alumnado de 4º e 5º de infantil puxemos uns diplomas de final de curso na web, para recoñecer o seu traballo. A vos, que rematades etapa, a profe Elena xa vos entregou uns diplomas moi chulos para este fin. Noraboa a tod@s por pasar de curso! Como xa ides a 1º de primaria, desexámosvos o mellor na nova etapa que emprenderedes a partires de setembro.

Pola nosa parte, queremos desexarvos un bo verán, perdirvos que vos coidedes moito e animarvos a desfrutar das vacacións.

Moitos bicos e apertas para tod@s!

Distribuir contido


by Dr. Radut