Skip to Content

Actividades

FOTO MONTAXE CELEBRACIÓN SAMAÍN

Deixámosvos por eiquí a foto montaxe máis terrorífica da celebración que fixemos do Samaín na nosa escola. Disfrutádea¡¡¡¡¡

CABAZAS SAMAÍN

Como xa é tradicional no centro, durante toda esta semana estase a celebrar o Samaín con diferentes actividades organizadas polo claustro de mestres. No día de hoxe foron colocadas as cabazas da exposición no corredor da escola. Felicitar a todos os participantes polo seu esforzo, traballo e dedicación. O venres, para pechar a semana, os rapaces de 6º EP contaranlles aos seus compañeiros unha serie de contos tenebrosos que levan a preparar nos últimos días. Ademais, se organizarán unha serie de xogos temáticos e comeremos castañas asadas para a ocasión.

CELEBRACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS

Durante o día de hoxe, 24 de outubro, celebramos no centro o día das bibliotecas cunha pequena actividade que consistiu en que alumnos de 5º EP leron aos rapaces de Infantil un par de contos que estiveron a preparar durante toda a semana con moito agarimo e esmero. Pasárono todos de medo¡¡¡ 

RADIO RUMOROZA ARRINCA DE NOVO¡¡¡¡

Comezamos nova temporada de Radio RumorOZA. Os alumnos de 6º Anxo, Carlota, Dani e Iván falan do seu pasado, presente e futuro máis cercano. Non perdades detalle da primeira entrega da nosa canle de radio escolar¡¡¡

COMEZO DO PRÉSTAMO DE LIBROS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Durante o día de hoxe comezará o servizo de préstamo da biblioteca do centro. Despois duns anos de parón no uso da instalación, o centro e, nomeadamente, grazas á colaboración dos mestres que forman parte do equipo de biblioteca, decidiu darlle un pulo a través da renovación de mobiliario, pintado completo da aula (grazas á colaboración do Concello) e reorganización de fondos bibliográficos.

Os membros do claustro do CEIP Oza dos Ríos cren firmemente en que a animación á lectura e a adquisición do seu hábito favorecen enormemente ao desenvolvemento do alumnado e incremento do seu rendemento académico, polo que a mellora e uso constante da biblioteca pasa por ser un pilar fundamental do día a día no centro.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2023

 

Dimos peche ao curso académico 22-23 co festival fin de curso. Desexamos agradecer enormemente a colaboración dos membros da ANPA que, como xa é costume, adican desinteresadamente o seu tempo na organización do evento. Tamén a destacar o feito de que foron elas as responsables da elaboración das fotos grupales que lles foron entregadas aos vosos fillos recentemente. Moitas grazas.

Tamén nos gustaría agradecer o grande esforzo realizado para levar a cabo con éxito o festival ás familias, ás titoras e tamén ao alumnado. Sen a colaboración de todos non tería sido posible.

Pasade todos unhas boas vacacións.

 

 

PLAZO FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN

 

O prazo de matrícula para o alumnado DE NOVA ADMISIÓN no centro para o curso académico 2023-2024 (alumnado que comeza 4º de Infantil e alumn@s que son novos no centro en outros cursos) ábrese o vindeiro 20 de xuño e concluirá o 30 de xuño de 2023.

 
A matrícula deberá presentarse na secretaría do centro en horario de 9.30h a 14.30h cubrindo o impreso que aparece na parte inferior desta entrada.

 

Modelo formalización de matrícula

 

Un saúdo

NOVOS EPISODIOS DE RADIO RUMOROZA

 

Presentámosvos a penúltima entrega de episodios elaborados polo alumnado de Radio Rumoroza.

 

Luci Rey e Mario Dopazo, alumnos de 4º E.P. viaxan á época visigoda, onde se atopan cos seus compañeiros Manu e Irene. Posteriormente, Eric e Inés regresan uns centos de anos despois onde coñecen a un pobre campesiño e ao conde que goberna esas terras (coa particpación de Izan e Ángela da clase de 3º E.P)

 

Manu Ledo e Vera viaxan igualmente á Idade Media, onde coinciden cunha invasión Viquinga e coñecen a Bluetooth e a Lagerta, dous famosos nórdicos representados por Martina e Izan.

 

Luci Loureda, Daniela e Saúl viaxan á Florencia do ano 1500, alí coñecen a Leo Da Vinci e Michelangelo, representados por Asier e Carlota de 5º E.P. Non é de perder¡¡¡

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

 

No día de hoxe, dúas voluntarias da Cruz Vermella achegáronse ao noso centro para guiarnos na prevención e detección temperá da problemática do acoso escolar.

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

 

Na seguinte ligazón poderedes atopar a listaxe cos libros de texto correspondentes ao curso 2023-2024.

 

PREMA AQUÍ

 

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut