Skip to Content

Novas

INCIDENCIA FONDO DE LIBROS

 

Estimadas familias:

 

Comunicámosvos que temos unha incidencia aberta en relación ao fondo solidario de libros e axudas para adquirir material escolar. É totalmente allea ao centro e estamos á espera dunha posible resolución. Mentres non sexa solucionada non será posible publicar a listaxe provisional de admitidos e excluídos. 

Informarémosvos debidamente polos canles habituais da publicación da referida listaxe.

 

29 de xuño de 2022

Un saúdo

COMEDOR 22-23

 

Estimadas familias:

 

Dende mañá mércores 29 de xuño ata o vindeiro xoves 7 de xullo en horario de 10 a 13 horas poderedes recoller e entregar os impresos para solicitar a inscripción dos vosos fill@s no comedor escolar para o curso 22/23.

 

Ademáis, todas aquelas persoas que estean interesadas en formar parte do grupo de colaborador@s de comedor poderán inscribirse no listado destinado a tales efectos.

 

Aquelas persoas ás que non lle sexa posible acudir neste horario poderán entregar os impresos EXCEPCIONALMENTE durante o xoves 1 e o venres 2 de setembro en horario de 9 a 14h. Para unha mellor organización e adecuado funcionamento do centro pregámosvos que vos axustedes a estes prazos.

 

A instrucción emitida pola Consellería de Educación respecto aos comedores escolares poderedes atopala clicando aqui

 

Un saúdo

ADMISIÓN ALUMNADO 22-23

 

Fíxose publica a listaxe do alumnado admitido para o curso 22/23. Podedes comprobar dito listaxe no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

 

Un saúdo

Mércores 30 de marzo.

USO MÁSCARAS ESPAZOS AO AIRE LIBRE

 

O pasado venres 18, as Consellerías de Sanidade e Educación emitiron conxuntamente unha comunicación na que deixaban de recomendar o uso de máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos. Polo que ao noso centro educativo respecta, non vai mudar nada. Aquel@s alumn@s que sigan desexando optar por non levar a máscara na hora do recreo poderán seguilo facendo como así foi ata agora. Evidentemente, tamén será posible conservar a máscara posta durante o recreo para os que así o creades conveniente.

 

O 14 de febreiro o equipo directivo deste centro tomou a decisión de suprimir o uso de máscaras nos espazos ao aire libre que ten a instalación tras recibir sendas circulares aclaratorias das medidas aplicadas polo Ministerio de Educación a nivel estatal. Lamentamos a confusión que a consellería provocou coa súa indefinición e a deficiente xestión a nivel comunicativo, evidenciando unha falla de liderado que deixou o peso destas decisións nas direccións dos centros.

 

21 de marzo de 2022

NOVIDADES PROTOCOLO COVID. MARZO 2022

 

Adxuntamos documentos enviados conxuntamente pola Consellería de Sanidade e de Educación respecto as novidades sobre a xestión de contactos estreitos no ámbito educativo por mor da COVID-19.

Pola nosa parte, seguiremos informándovos vía AbalarMobil cada vez que exista un caso na clase dos vos@s fill@s.

 

Un saúdo.

Mércores 9 de marzo 2022

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 22/23

 

Lembramos que ata o día 21 DE MARZO (este inclusive) está aberto o PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO para o vindeiro curso 22/23 no CEIP de Oza dos Ríos.

 

As solicitudes poderán ser presentadas a través das seguintes opciones empregando o formulario ED550B:

-Cubrir a solicitude informáticamente na direccion web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado e presentala asinada no centro.

-Cubrir a solicitude telemáticamente e asinala en Sede Electrónica a través da Chave 365 ou con certificado dixital.

-Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada na Secretaria do centro.

Un saúdo

 

XORNADA PORTAS ABERTAS

 

O vindeiro mércores 24 de febreiro as 15.45 horas celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as instalacións do centro a aquelas familias que puidesen estar interesadas en matricular aos seus fillos o vindeiro curso académico no grupo de 3 anos.

 

Por motivos organizativos, agradeceríamos que todas aquelas familias interesadas chamen ós teléfonos 881 88 09 08 - 881 88 09 10  para reservar a súa praza.

 

Adxuntamos breve tríptico explicativo do centro en documentos adxuntos.

 

Un saúdo.

RESULTADO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

Unha vez celebradas as eleccións ao Consello Escolar, as persoas escollidas para representar ó estamento de nais e pais son as seguintes:

 

  • NATALIA MONTÁNEZ GÓNZALEZ
  • EVA ARES VÁZQUEZ
  • LORENA PÉREZ PÉREZ
  • MARÍA YOLANDA LOUREIRO POSE

 

Martes 23 de novembro de 2021

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

 

Estimadas familias:

 

Trala reunión da Xunta Electoral do centro celebrada no día de onte, luns 15 de novembro, comunícanse oficialmente os seguintes acordos:

 

  • Admitir, proclamar e publicar as candidaturas presentadas para representar ao estamento de pais e nais no Consello Escolar segundo se indica seguidamente:

  • ARES VÁZQUEZ, EVA
  • BRA CARRO, MARÍA
  • CARRO SANTISO, VANESSA
  • GARCÍA GADOLETA, JOHANA
  • LÓPEZ ROCHA, MARÍA ESTELA
  • LOUREIRO POSE, MARÍA YOLANDA
  • MONTÁNEZ GONZÁLEZ, NATALIA
  • MORI, ROMINA
  • PÉREZ PÉREZ, LORENA

 

  • Ó non haber ningunha reclamación ao censo electoral, procédese a publicar o censo definitivo de nais, pais e titores legais do alumnado que permanecerá exposto no interior do centro no taboleiro de anuncios situado na entrada.

  • Aprobar os modelos de papeletas e sobres de votación. Nas papeletas figurará a relación de candidatos por orde alfabética. Haberá que marcar cunha cruz os nomes de, como máximo, tres candidatos.

 

Por último, lémbrase que a data na que se celebrarán as eleccións será o luns 22 de novembro EN HORARIO DE 16 A 18 HORAS. Lembrade traer DNI ou documento identificativo. Este proceso electoral servirá para a escolla de 4 membros do estamento de pais e nais que se sumarán ao representante nomeado directamente pola ANPA.

 

Mércores 17 de novembro de 2021

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 

Estimadas familias,

 

Adxuntamos Orde publicada no DOG de hoxe coas instruccións a levar a cabo para ser beneficiarios de máscaras gratuitas financiadas nunha achega específica procedente do Fondo de Reserva de Garantía Educativa.

Como especifica o texto, NON TERÁ QUE PRESENTAR A SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOSE BENEFICIARIO DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 21/22, xa que o proceso será feito de oficio polo centro.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro venres 26 de novembro.

 

Un saúdo

Venres 12 de novembro

Distribuir contido


by Dr. Radut