Skip to Content

DÍA DA INTERNET SEGURA

Días atrás, o alumnado de 3º e 4º de Primaria realizou un taller online interactivo a modo de introdución sobre ciberseguridade para nenos e nenas de idades temperás, para axudarlles a comprender as funcións de comunicación (mensaxería, chat, comentarios, etc.) dentro de plataformas educativas e videoxogos en línea. Tamén a necesidade de fomentar o respecto e a responsabilidade, identificando e sabendo xestionar comentarios e contidos inapropiados.

A actividade foi organizada e desenvolvida polo INCIBE, Instituto Nacional de Ciberseguridade.

 

VIDEO CARNAVAL

Video montaxe coas fotografías que sacamos das actividades realizadas durante a semana de Entroido.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

LUNS 19 DE FEBREIRO E O LUNS 26 DE FEBREIRO ás 16:30 horas, realizaremos as Xornadas de Portas Abertas, para todas as familias que desexen coñecer o noso centro de cara a matricularse por primeira vez cara o vindeiro curso.

Durante a visita explicarémosvos as normas básicas do centro e realizaremos un percorrido polos espazos do centro.

Se non podedes asistir eses días ou preferides unha atención máis individualizada podedes solicitar cita previa ben a través do teléfono 881880908 ou do mail: ceip.oza.rios@edu.xunta.gal

Agardámosvos.

 

SESIÓN DE CINE ORGANIZADA POLO ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA

O vindeiro luns 19 de febreiro, ás 16.45h, o alumnado de 6º E. Primaria organiza unha sesión de cine no salón de actos da Casa do Concello de Oza dos Ríos. O custe da entrada será de 2€, cartos que irán destinados á excursión de fin de curso destes alumnos. A película escollida é LEO, apta para todos os públicos, e cunha duración de 100 minutos.

As entradas estarán á venta na conserxería do centro. Se o preferides, podedes enviar 2€ nun sobre a través dos titores e enviarémosvos a vosa entrada. Se algún pai ou nai desexa asistir, poderá facelo pagando a súa entrada. 

Será imprescindible presentar a entrada para poder acceder.

Haberá venda de palomitas e augas a prezos populares.

TALLER DE MULTICULTURALIDADE E RESPECTO POLO CORPO

Onte, martes 30 de xaneiro, estivemos a desenvolver unha serie de talleres que tiñan a multiculturalidade e o respecto polo corpo, tanto propio como alleo, como eixes principais. Rosa, da asociación Ama Nepal, estivo a traballar cos rapaces de 3º E.P. a 6º E.P. unha serie de valores e contidos transversais que cremos que son de importancia para o alumnado, empregando formas xogadas e a través da reflexión e conciencia crítica dos rapaces.

Unha vez mais, queremos agradecer a implicacion da ANPA do centro na realización e organización desta e outras actividades que enriquecen a todos os membros da comunidade educativa.

 

DÍA DA PAZ

Onte celebramos o Día da Paz no centro cun breve acto no que todo o alumnado e mestres xuntámonos no patio cuberto do centro. Os rapaces elaboraron unha gorra personalizada co gallo da festividade e cantaron a canción de Paco Nogueira "Apertas que voan", un tema baseado na amizade, os sentimentos e o respecto polo outro.

ESPECTÁCULO DE MONICREQUES

O pasado luns, dentro das actividades organizadas polo centro co gallo do Día da Paz, tivemos o pracer de recibir á contacontos Atenea García que presentou o seu espectáculo de monicreques "Estrafalaria" para os alumnos de Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria. Os rapaces puideron disfrutar dunha hora chea de diversión, risas e bos momentos.

 

PROXECTO ANUAL ESCOLAR DE CENTRO "ARQUITECTURAS DA MEMORIA"

Con esta entrevista comezamos o noso proxecto anual de centro que este ano chámase "Arquitecturas da Memoria" no que trataremos de recopilar testemuñas relacionadas co noso concello sobre diversos interesantes temas para máis tarde situalas nos lugares físicos citados valéndonos da aplicación dixital  "Arquitecturas da memoria". Próximamente contarémosvos como podedes baixala. A cousa promete.

Os primeiros capítulos que temos feito son estes:

Aldara, Saul e Oliver entrevistan a Manuel (Lolo). Na súa vida fixo de todo, dende labores agrarias e gandeiras, ata emigrar a Suiza e emprender un negocio aquí en Oza dos Ríos. Non o deixedes de escoitar.É imperdible.

Amigos¡ Escoitade o que nos conta Marisol. Non ten desperdicio.

Por outra banda, Herminda, a avoa do noso compañeiro Dani de 5º E. Primaria é, entre outras cousas, unha experta tecelana, e traballou moito na súa vida e coñece perfectamente os procesos para a elaboración artesanal de texidos a partir de liño e de lá de ovella. Non vos perdades o seu testimonio.

Maruja é unha muller forte, valente e traballadora. Dani, Carlota e Izan axiña se decataron cando comezaron a conversar con ela. Non deixes de escoitar as historias de Maruja, a nosa panadeira e visaboá de Izan, alumno de 6º E.P.

BELÉN ALUMNADO RELIXIÓN

Nova fotomontaxe, nesta ocasión con temática da elaboración do belén por parte do alumnado de relixión católica, que estivo exposto no centro e puido ser visitado por quen así o desexara. Foi elaborado na súa maior parte con elementos que tiñan a madeira como materia prima.

Distribuir contido


by Dr. Radut