Skip to Content

Secretaría

ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Queridas familias: 

No taboleiro da entrada do centro están publicadas as listas de admitidos e excluídos das axudas para a adquisición de libros e material escolar. Por motivos de protección de datos non as podemos publicar na páxina web.

Dende hoxe día 02 de xullo 2020 e ata o vindeiro martes 07 de xullo 2020 podedes pasar a recollelos en horario de 10:00h- 13:30h.

As familias que non poidan acudir neste horario poden chamar ao 881880908 para concertar unha cita.

Lembren respetar as medidas hixiénicas e sanitarias establecidas por lei.

Un saúdo.

Nais / pais colaboradores do servizo de comedor.

Queridas familias:

Aínda que non sabemos como vai ser o funcionamento do servizo de comedor do vindeiro curso, os pais ou nais que queiran ser colaboradores poderán anotarse vía email ou de forma presencial esta semana de 10 a 13.30h.

Un saúdo.

Adianto calendario escolar 2020- 2021

O alumnado de Educación Infantil terá maior flexibilidade para incorporarse aos centros educativos ao comezo do vindeiro curso escolar. Así o acordou a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional hoxe coas organizacións sindicais na mesa sectorial desenvolvida para abordar o calendario escolar do curso 2020/21.

Así, a cativada que comece segundo ciclo de Educación Infantil disporá de máis días de adaptación, coa prolongación do período ata finais de setembro, cando estaba inicialmente previsto para dez días a partir do 10. De xeito excepcional, esta medida poderá aplicárselle tamén ao demais alumnado da etapa que o precise. Trátase así de facilitarlles a volta ás aulas aos máis pequenos, despois de seis meses distanciados da contorna escolar por mor da suspensión das clases presenciais o pasado marzo. 

Na xuntanza desta mañá aprobouse o calendario escolar segundo a proposta presentada pola Consellería de Educación. Para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial as clases comezarán o 10 de setembro de 2020 e rematarán o 22 de xuño de 2021.

 

Así mesmo establécense como períodos de vacacións Nadal (desde o 23 de decembro de 2020 ata o 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive); Entroido (os días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021) e Semana Santa (desde o 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021). Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma, así como o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro de 2020.

Canto ao funcionamento dos comedores escolares dos centros públicos, en Educación Primaria funcionarán desde o 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020- 2021

ESTIMADAS FAMILIAS:

A continuación adxuntamos por cursos a relación dos libros necesarios para o vindeiro curso.

 

Un saúdo.

                               

 

NOTAS AVALIACIÓN FINAL

ESTIMADAS FAMILIAS:

INFORMAMOS QUE A DATA DE PUBLICACIÓN DAS NOVAS DA AVALIACIÓN FINAL SERÁN PUBLICADAS POLO ABALARMOBIL O DÍA 18 DE XUÑO 2020.

DEBIDO Á SITUACIÓN ACTUAL, NON SE ENTREGARÁN DE XEITO PERSOAL PARA EVITAR RISCOS.

 

UN SAÚDO.

A DIRECCIÓN

ENTREGA LIBROS DO FONDO DE LIBROS (3º EP E 4º EP) E ORDENADORES E- DIXGAL (5º EP E 6º EP)

ESTIMADAS FAMILIAS:

O VINDEIRO VENRES 19 DE XUÑO 2020, EN HORARIO DE 10:00- 13:30H, DEBERÁN ACUDIR AO CENTRO PARA A ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO DE LIBROS (3º E 4º EP)  E OS ORDENADORES E- DIXGAL (5º E 6º EP).

DEBERÁ ACUDIR 1 MEMBRO DA UNIDADE FAMILIAR E CUMPRIR AS MEDIDAS HIXIÉNICAS ESTABLECIDAS POLA LEI (USO DE MASCARILLA, MANTER A DISTANCIA MÍNIMA DE SEGURIDADE...).

 

MOITAS GRACIAS.

A DIRECCIÓN

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

QUERIDAS FAMILIAS:

DENDE O MÉRCORES 20 DE MAIO 2020 ATA O DÍA 19 DE XUÑO 2020, AMBOS INCLUÍDOS, ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, QUE SE PRESENTARÁN, PREFERIBLEMENTE , VÍA ELECTRÓNICA  NO FORMULARIO DISPOÑIBLE NA APLICACIÓN https://www.edu.xunta.es/fondolibros OU TAMÉN NO PROPIO CENTRO. NO MESMO ENLACE TEDES OS ANEXOS I E II QUE PODEDES CUMPLIMENTAR DIRECTAMENTE PARA ENTREGAR NO CENTRO OU DESCARGALOS NOS ARQUIVOS ADXUNTOS.

 Onde conseguir os anexos:

  - Nos centros educativos.

  - Nos arquivos adxuntos.

  - No enlace arriba indicado (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).

 

Onde presentar a documentación:

  - No centro onde conste matriculado o alumno, agás os alumnos de 6º EP que deberán presentalo no IES ao que van acudir o vindeiro curso.

  - Vía telemática, a través do enlace (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).

 

Un saúdo

A direción

REAPERTURA PRAZO ADMISIÓN NOVO ALUMNADO.

QUERIDAS FAMILIAS:

LEMBRAMOS AS DATAS DE TODO O PROCESO:

- DO 11 AO 18 DE MAIO: REAPERTURA DO PROCESO DE MATRICULACIÓN. LEMBRADE QUE O LUNS 11 NON PODEREMOS ATENDERVOS XA QUE ESTAREMOS ACONDICIONANDO O CENTRO PARA CUMPLIR COAS NORMAS HIXIÉNICAS E DE DESINFECIÓN DO CENTRO REQUERIDAS, POLO QUE OS DÍAS DE MATRÍCULA SERÁN O MARTES 12, MÉRCORES 14 E XOVES 15 (10:00 A 13:00H) POSTO QUE O VENRES É FESTIVO E O LUNS É DÍA NON LECTIVO DO CENTRO. SE ALGUÉN NON PODE ASISTIR NESTE HORARIO, PODEDES CHAMAR AO CENTRO PARA SOLICITAR CITA: 881880910- 881880908

- LISTAS PROVISIONAIS: 9 DE XUÑO.

- LISTAS DEFINITIVAS: 26 DE XUÑO.

- MATRÍCULA: 1 AO 10 DE XULLO.

* Publicación das listaxes de admisión: segue en vigor o apartado 7 das instrucións da  DXCCRRHH para o proceso de admisión, polo que non está permitida a publicación de listaxes na páxina web do centro, terá que ser publicado no interior do mesmo e as familias terán acceso tamén a través da aplicación admisionalumnado, con Chave365 ou certificado aos listados

UN SAÚDO

IMPRESIÓN DO MATERIAL SEMANA DO 11-15 DE MAIO

QUERIDAS FAMILIAS:

Lembrade que o vindeiro venres día 15 de maio 2020 é festivo local polo que o Concello permanecerá pechado. A recollida do material a podedes facer o xoves día 14 de maio no mesmo lugar.

O plazo máximo para envialo a fotocopiar será o mércores 13 de maio ata ás 14:00h.

Moitas gracias e ánimo de novo a todos.

 

Un saúdo

 

A direción

PRAZO MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO CURSO 2020-2021

Queridas familias:

Según a Resolución do 5 de maio 2020 sobre os acordos co CECOP (ver archivo adxunto, páx 19132-19139), o prazo para novas matrículas estará aberto do 11 ao 18 de maio 2020. Rogamos acudan a partir do martes día 12 de maio para poder acondicionar o centro ás medidas hixiénicas e sanitarias requeridas e poder levar a cabo o proceso do mellor xeito posible para todos.

Rogamos, na medidad do posible, acudan con mascarilla e guantes e manteñan a distancia de seguridade.

O horario de atención será de 10:00 a 13:00h.

Si alguén non pode acudir nese horario, por favor chamen ao centro para concretar cita. Tfno: 881880908.

 

Un saúdo.

A direción

Distribuir contido


by Dr. Radut