Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CALENDARIO DE ADVIENTO

Ola a todos e todas! Animádevos a participar no calendario de adviento do noso cole e a descubrir como se celebra o Nadal noutros lugares do mundo. Tedes xogos, adiviñas, música... E MOITAS COUSAS MÁIS POR DESCUBRIR! Picade AQUÍ. Cada día unha nova aventura!

Tamén podedes vistar oa bitácora persoal da profe de Audición e Linguaxe (Patricia Pena Barbeito).

http://patripenalogopeda.blogspot.com.es/2012/12/calendario-de-adviento-...

O día das letras galegas

Celebramos o Día das Letras Galegas o venres 21 de maio. Este ano estivo adicado a Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel. No cole fixemos un festival.

 Os de Infantil representaron a obra de teatro "A princesa do Caurel".

 Primeiro cantou "O sancristán de Coimbra.

Segundo representou unha rimas.

Terceiro representou a obra "A formiga dá a volta ao mundo".

Cuarto escenificou "Os vellos granxeiros".

Quinto e sexto ofreceron un recital de  poesías de Uxío Novoneyra.

A continuación os alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria participaron nun circuito de xogos populares instalados no patio do cole. Había mariolas, circuitos de chapas, aros, rá, chave...

mariola

chave

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os maiores fixeron unha proba de pistas sobre as letras galegas e Uxío Novoneyra:

 

gymkana biblio

gymkana biblio 2

Uxío Novoneyra

"No bicarelo do bico do brelo

canta un paxariño.

No mesmiño

 bicarelo do bico do brelo"

Uxío Novoneyra

Benvidos ao sitio do ENDL

 

banner  orgullosos do nosoo

Benvida, benvido. Este é un espazo onde queremos mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia.

Distribuir contido


by Dr. Radut