Skip to Content

Actividades

CELEBRACIÓN 8-M

O pasado día 8 de marzo celebramos no noso centro cunha pequena actividade o Día Internacional da Muller. Os rapaces das diferentes aulas foron pasando pola biblioteca para facerse unha foto de grupo nun peculiar photocall ca característica cor morada representativo da loita das mulleres pola igualdade e contra a discriminación.

NOVAS TESTEMUÑAS DE ARQUITECTURAS DA MEMORIA

Martina, Pedro e Izan, rapaces que cursan 6º E. Primaria, tiveron a sorte de coñecer a Meluca, que lles contou moitas cousas moi interesantes que formarán parte do noso proxecto Arquitecturas da Memoria. Moitas gracias a súa sobriña Mercedes que a acompañou ata os estudios de Radio Rumoroza.

 Hugo, Mario e Vera, alumnos todos eles de 5º de E. Primaria,  tiveron a oportunidade de aprender moitas cousas que descoñecían de Chiruca. Incluso Vera escoitou, sorprendida, anécdotas que nunca escoitara antes da boca da súa avóa.

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 24/25

O vindeiro 1 de marzo comeza o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 24/25. Dito proceso remata o 20 de marzo. As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual recollendo os impresos na secretaría do centro ou a través da aplicación online nesta LIGAZÓN seguindo os seguintes pasos: SOLICITUDES - ADMISIÓN - CREAR

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

NOVO CONTIDO DE RADIO RUMOROZA - ARQUITECTURAS DA MEMORIA

Temos novos episodios do noso podcast de Radio RumorOza orientado ao proxecto de centro chamado "Arquitecturas da Memoria". Nesta ocasión, Pura, a avoa da compañeira Aylín de 5º E.P., é unha señora super cariñosa e entrañable. Naceu e criouse na Regueira, unha parroquia do noso concello. A súa historia tamén merece un programa. Estade ben atentos e escoitade ben.

 

Julio é unha persoa moi coñecida en Oza dos Ríos, empresario da madeira, leva unha morea de historias ó lombo. Veu o noso cole a falar con Anxo, Martina e Ameth, moitas cousas nos contou

 

Guillermo, o avó da compañeira Eli, é un deses homes que leva feito de todo: gandeiro, albanel, agricultor ... dende Santa Cruz de Mondoi para o mundo. Non o deixen de escoitar.

 

Na entrevista a Manolo (o avó de Rubén) pasámolo moi ben, sobre todo cando nos contou das trasnadas que facía de pequeno. Un home moi simpático e amable. Gracias por ternos visitado Manolo.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Co gallo da celebración do Día de Rosalía, fixemos un pequeno acto de homenaxe á escritora galega facendo unha pequena escolma da súa obra e interpretando dunha forma libre o seu poema "Adiós Ríos, adiós fontes". Capitaneados por Pablo, mestre de música, os rapaces de 5º e 6º E.P. rapearon cunha base musical dito poema. Cremos que quedou moi chulo¡¡¡

Tamén aproveitamos para estrear un pequeno mural elaborado coa súa imaxe que quedou emprazado no pasillo principal do centro.

 

DÍA DA INTERNET SEGURA

Días atrás, o alumnado de 3º e 4º de Primaria realizou un taller online interactivo a modo de introdución sobre ciberseguridade para nenos e nenas de idades temperás, para axudarlles a comprender as funcións de comunicación (mensaxería, chat, comentarios, etc.) dentro de plataformas educativas e videoxogos en línea. Tamén a necesidade de fomentar o respecto e a responsabilidade, identificando e sabendo xestionar comentarios e contidos inapropiados.

A actividade foi organizada e desenvolvida polo INCIBE, Instituto Nacional de Ciberseguridade.

 

VIDEO CARNAVAL

Video montaxe coas fotografías que sacamos das actividades realizadas durante a semana de Entroido.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

LUNS 19 DE FEBREIRO E O LUNS 26 DE FEBREIRO ás 16:30 horas, realizaremos as Xornadas de Portas Abertas, para todas as familias que desexen coñecer o noso centro de cara a matricularse por primeira vez cara o vindeiro curso.

Durante a visita explicarémosvos as normas básicas do centro e realizaremos un percorrido polos espazos do centro.

Se non podedes asistir eses días ou preferides unha atención máis individualizada podedes solicitar cita previa ben a través do teléfono 881880908 ou do mail: ceip.oza.rios@edu.xunta.gal

Agardámosvos.

 

SESIÓN DE CINE ORGANIZADA POLO ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA

O vindeiro luns 19 de febreiro, ás 16.45h, o alumnado de 6º E. Primaria organiza unha sesión de cine no salón de actos da Casa do Concello de Oza dos Ríos. O custe da entrada será de 2€, cartos que irán destinados á excursión de fin de curso destes alumnos. A película escollida é LEO, apta para todos os públicos, e cunha duración de 100 minutos.

As entradas estarán á venta na conserxería do centro. Se o preferides, podedes enviar 2€ nun sobre a través dos titores e enviarémosvos a vosa entrada. Se algún pai ou nai desexa asistir, poderá facelo pagando a súa entrada. 

Será imprescindible presentar a entrada para poder acceder.

Haberá venda de palomitas e augas a prezos populares.

Distribuir contido


by Dr. Radut