Skip to Content

Novas

AXUDAS COMEDORES ESCOLARES MENTRES ESTÉN SUSPENDIDAS AS CLASES PRESENCIAIS

Bo dia:

Mañá abrirá o prazo para solicitar  as axudas do comedor para os usuarios gratuitos  e semigratuitos do mesmo (os que pagan 1€) según a Orde do 27 de marzo 2020, publicada hoxe no DOG.

Adxuntamos a información onde está explicado e procedemento a levar a cabo.

Para aquelas persoas que non teñan os mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede eléctronica da Xunta de Galicia  (sistema de usuario e clave Chave365) podemos tramitalo no voso nome, como equipo directivo, si nos facilitades os datos requeridos para poder cumplimentar a solicitude e enviala de xeito telemático xa que durante esta semana e ata o día 9 de abril 2020 (como mínimo) NON HABERÁ NINGUÉN NO CENTRO EDUCATIVO seguindo o RDL do 29 de marzo 2020.

Os que dispoñan desta identificación o poden solicitar directamente na páxina da Chave365 no apartado de trámites-axudas, agradecendo que o fagan.

A data límite para a presentación das solicitudes é o 6 de abril 2020 pero a data límite para que sexa tramitada polo equipo directivo será o VENRES 3 DE ABRIL 2020 por mor da nosa organización.

Lembramos o correo do noso centro: ceip.oza.rios@edu.xunta.es

Non é preciso  descargar e cubrir o anexo xa que se fai online, simplemente con escribir os datos no correo é suficiente. 

- Nome e apelidos do pai/nai/titor/a legal.

- NIE/DNI.

- Direción completa.

- Tfno de contacto e correo electrónico.

- Datos bancarios (IBAN).

- Nome e apelidos do/s usuario/s do comedor.

Un saúdo.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30704

 

COMUNICADO DA DIRECIÓN ANTE O ESTADO DE ALERTA

Queridas familias:

En primeiro lugar, dende a direción do noso centro, enviámosvos ánimo e paciencia para esta situación tan inusual e complicada que nos está a tocar vivir a todos.

Ante o estado de alerta establecido polo Goberno Central e seguindo as directrices da Xunta de Galicia, nos vindeiros días traballaremos de xeito telemático polo que enviaremos pautas para que os nen@s poidan facer nas casas. 

Enviaremos por titorías o traballo que os mestres elaboraron para estes días. O podedes ver na marxe dereita desta páxina web, no apartado de ACTIVIDADES- ESCOLARES- 

 

Lembrade que non é avaliable pero sí recomendable.

Para as titorías de 5º e 6º o traballo será enviado pola plataforma Edixgal.

Aconsellamos que aproveitedes estes días para poder disfrutar dos vosos fill@s, lembrando que son nen@s e que mediante o xogo é a mellor maneira para que poidan aprender e que, si para nós esta situación é complicada, para eles máis.

 

A direción.

LISTA DE SOLICITUDES ADMITIDAS 4º E.I. CURSO 18/19

ADXÚNTASE LISTA DE SOLICITUDES  ADMITIDAS PARA O CURSO 2019/2020, 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL. 

 

UN SAÚDO

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2016- 2017!!!

UN ANO MÁIS COMEZA O CURSO ESCOLAR!

ESPERÁMOSVOS O LUNS 12 DE SETEMBRO EN HORARIO COMPLETO DE COMEDOR E TRANSPORTE (AGÁS OS PEQUERRECHOS DE E.I. 3 ANIÑOS)!!!

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016/2017.

As familias beneficiarias dos vales para a adquisición dos libros de texto e material escolar poden pasar polo colexio a por eles. Grazas.

Día da Paz

O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos no cole o Día da Paz. Este ano escollemos o conto "O homiño de papel".

Agardamos que vos guste.

clica na imaxe para ver o conto

II XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O CEIP Oza dos Ríos estivo presente nas II Xornadas de Atención á Diversidade de Betanzos xunto co CEIP Francisco Vales Villamarín unidos polo seus respectivos Departamentos de Orientación. Aquí vos deixamos un resumo do que alí aconteceu así como a "Poción máxica da inclusión", que se repartiu a todos e todas os asistentes,na que o debuxo da portada está feito por Darío e Sara de 6º curso. Moitas grazas!

 


LIBROS DE TEXTO 2011/2012

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2011/2012:

Para imprimir a lista de libros pinchade aquí: Libros de texto

 

MATRÍCULA CURSO 2011/2012

PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño

Deberase aportar a seguinte documentación:

- CERTIFICADO DE EMPADRONAMENTO MUNICIPAL

- FOTOCOPIA DO DNI DO NENO/A (DE NON TELO APORTAR FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA, XUNTO CO ORIXINAL)

-FOTOCOPIA DO LIBRO DE VACINAS OBRIGATORIAS OU CERTIFICADO MÉDICO

- 2 FOTOS TAMAÑO CANÉ

- CERTIFICACIÓN DO DITAME DE DISCAPACIDADE (NO CASO DE EXISTIR ALGUNHA DISCAPACIDADE IGUAL OU SUPERIOR AO 33%)

- DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE FAMILIA NUMEROSA (DE DARSE O CASO ACHEGAR ORIXINAL)

- IMPRESOS DE ADMISIÓN (DISPOÑIBLES NA SECRETARÍA DO CENTRO)

 

HORARIO PARA TRAMITAR A MATRÍCULA:

LUNS: 11,30 - 12,30

MARTES: 10,30- 11,30

MÉRCORES: 11,30-13,30

XOVES: 12,30 - 13,30

VENRES: 9,30- 10,30

Distribuir contido


by Dr. Radut