Skip to Content

Infantil 5 anos

TRABALLO VOLCÁNS 6º EDUCACIÓN INFANTIL

 

Estamos moi ledos de presentarvos o video coas marabillosas creacións dos alumnos de 6º de Educación Infantil que fixeron durante estes días sobre os volcáns. Esperamos que vos guste¡¡¡

OS VOLCÁNS CURSO 2021-22

NA AULA DE 5 ANOS TRABALLAMOS OS VOLCÁNS. A CONTINUACIÓN PODEDES VER O QUE FIXEMOS.

 

NADAL 2020

BO NADAL A TODOS!

Esta foi a visita de Papá Noel.

SAMAÍN 2020 E XOGOS DO OUTONO

CELEBRANDO O SAMAÍN E A CHEGADA DO OUTONO. 

 

 

 

 

MATERIAL 5 ANOS CURSO 2020-21

HOLA FAMILIAS ADXUNTO REMITO MATERIAL 5 ANOS NECESARIO PARA O CURSO 2020-21

FIN DE CURSO

Ola familias!

Hoxe remata o curso 2019-20, día en que normalmente faríamos o festival de final de curso, teríamos a actuación de infantil,a graduación dos que rematan a etapa… pero este ano polas circunstancias especiais nas que estamos a vivir, non podemos celebralo como nos gustaría.

Nesta ocasión, a despedida farémola a través desta páxina web, felicitándovos aos peques polo ben que vos portástedes durante o confinamento, por todo o que tedes traballado dende a casa e ás vosas familias polo apoio que vos teñen dado nesta situación inédita.

Para o alumnado de 4º e 5º de infantil puxemos uns diplomas de final de curso na web, para recoñecer o seu traballo. A vos, que rematades etapa, a profe Elena xa vos entregou uns diplomas moi chulos para este fin. Noraboa a tod@s por pasar de curso! Como xa ides a 1º de primaria, desexámosvos o mellor na nova etapa que emprenderedes a partires de setembro.

Pola nosa parte, queremos desexarvos un bo verán, perdirvos que vos coidedes moito e animarvos a desfrutar das vacacións.

Moitos bicos e apertas para tod@s!

Novas actividades mes de Xuño

Ola familias!

Hoxe iniciamos o último mes deste curso escolar que está sendo tan atípico. Aquí vos deixamos unhas propostas referentes á conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, exercicios de psicomotricidade e páxinas para visitar bibliotecas de xeito virtual.

Coma sempre, todas as actividades teñen carácter voluntario, e se tedes dúbidas ou suxestións, lembrade que está á vosa disposición o correo electrónico do centro para o que queirades: ceip.oza.rios@edu.xunta.es.

Agardamos que tod@s esteades ben e mandámosvos bicos e apertas para tod@s.

Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño)

O día mundial do medio ambiente é unha conmemoración anual que se iniciou no ano 1974, a proposta das Nacións Unidas para promulgar a protección do medio ambiente e espertar a conciencia referente aos problemas ambientais, como son:  a contaminación, o quecemento global, a deforestación, desertización, etc.

Este ano imos centrar a conmemoración deste día na importancia e o coidado dos bosques, en concreto, das árbores. Éstas son de suma importancia porque transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan o risco de inundacións e evitan a erosión do solo, entre outras moitas funcións.

Para comezar propoñemos a lectura dun conto na que o seu protagonista – Xaime – ten un especial empeño en plantar unha árbore. Agardamos que vos guste:

·         Conto: “Xaime e as landras”, escrito por Tim Bowley e ilustrado por Inés Vilpi.

o   https://www.youtube.com/watch?v=YbJCFDAIYjc

o   Actividade: debuxo unha árbore, pero antes…

§  Nas saídas e paseos que agora xa podemos dar pola contorna, observo as árbores que vou vendo.

§  Escollo unha que me guste e fíxome nos detalles: como é de grande, como é o seu tronco, de qué cor son as follas, cal é a súa forma, como son as súas pólas, etc.

§  Debuxo a árbore observada na ficha adxunta.

§  Coa axuda de mamá/papá busco o seu nome e escríboo.

§  Para os máis peques, se é moi difícil debuxar a árbore, podedes descargar unha desta páxina e que a coloreen:

·         https://colorearimagenes.net/dibujos-de-arboles-para-colorear/

 

o   Actividade de plantación: no conto Xaime plantaba landras. Nesta época do ano non hai landras, así que propoñémosvos que plantedes algo máis sinxelo: unha faba. Se queredes tamén podedes optar pola semente dunha mazá, ou aguacate, ou lentellas, ou probar a plantar varias cousas á vez. Neste enlace tedes como facelo:

§  https://www.pequeocio.com/como-plantar-semillas/

§  Aquí hai un vídeo de cómo plantar lentellas:

·         https://www.youtube.com/watch?v=ySwkerHztvg

§  Tedes que plantar a semente e observar como vai medrando, coidala e transplantala se é o caso. Podedes ir sacando fotos durante o proceso de crecemento para ter constancia dos cambios que vai experimentando a vosa plantiña.

·         As árbores forman bosques nos que viven moitos animais. No seguinte enlace tedes imaxes dos animais que viven no bosque para colorear. Escolle os que máis che gusten:

o   https://www.edufichas.com/blog/animales-bosque-para-colorear/

 

·         Como xa explicamos antes, as árbores son moi importantes para o medio ambiente, por iso queremos deixarvos aquí a historia real de Wangari Maathai, unha muller que loitou por recuperar as árbores no seu pais. Aquí tedes a súa historia recollida neste conto:

o   Conto: “Wangari y los árboles de la paz”

§  https://www.youtube.com/watch?v=WdobZKZ4UTE

 

·         Agora tócavos a vos, os pequenos/as de Oza ver qué cousas podedes facer para axudar a coidar o medio ambiente.  Premede nos enlaces destes vídeos para ter máis información:

o   Ensinar a reciclar aos nen@s – canción:

§  https://www.youtube.com/watch?v=vFdi5HPU5GE

 

o   No colexio traballamos o reciclado dos envases para axudar no coidado do medio ambiente. Precisamente sobre reciclado de envases, estas pequenas unidades ofrecen ideas e actividades para facer que podedes adaptar na casa:

o   http://www.auladeocio.com/wp-content/uploads/2018/02/infantil-1.pdf

o   http://www.auladeocio.com/wp-content/uploads/2018/02/infantil-2.pdf

o   http://www.auladeocio.com/wp-content/uploads/2018/02/infantil-3.pdf

 

·         Un dos perigos do bosque son os incendios forestais. Aquí tedes un corto de Disney que vimos no colexio e que vos gustou moito. Chámase “Árboles y flores”:

o   https://www.dailymotion.com/video/x2iwicy

·         As árbores na arte: moitos pintores famosos teñen cadros nas que a figura central é unha árbore. Un exemplo disto é a obra de…

o   Wassily Kandinsky – “El árbol”, unha obra sinxela e chea de cor. Podedes crear a vosa árbore de arte, coma esta seguindo os pasos do seguinte enlace (está en inglés pero é sinxelo de entender).

§  https://artprojectsforkids.org/kandinsky-tree-collage/

o   Gustav Klimt – "El árbol de la vida” – esta é para os nenos/as máis grandiños/as, xa que resulta un pouco máis complicada. Atrevédesvos?

§  https://artprojectsforkids.org/how-to-draw-the-tree-of-life/

Psicomotricidade

XOGO POPULAR: As cores

·         As cores é un xogo popular infantil que se debuxa no chan cun xiz, é parecido á raiola.

·         Cómo se debuxa: fanse seis cadros no chan nos que se escribe, dentro de cada un, unha categoría (cores, roupa, nomes, animais, obxectos, comidas)

CORES

ROUPA

NOMES

ANIMAIS

OBXECTOS

COMIDAS

 

·         Cómo se xoga:

o   Pon unha pedra ou anaco dunha tella, na primeira casiña, a de “cores”

o   Salta cos pés xuntos, casa a casa, comezando polo que pon “cores”, seguindo a orde das casiñas, é dicir, “cores-roupa-nomes-comidas-obxectos-animais”

o   En cada cadro dá dous saltos cos pés xuntos e di en cada un o nome dunha cor

o   Cando se percorreron todas as casiñas, recolles a pedra e saltas fóra

o   Tira de novo a pedra na segunda categoría: “roupa” e volve a percorrer todas as casiñas saltando, pero desta vez terás que dicir o nome dunha peza de roupa en cada unha. Continuar así co resto de categorías ata pasar por todas.

o   Variantes do xogo: pódese aumentar a dificultade realizando o recorrido á pata coxa, cos ollos pechados, ou cambiando as categorías (países, personaxes de contos, cancións, etc.). Tamén se pode reducir a dificultade para os nenos/as máis pequenos facendo este xogo pero só con catro casiñas, coas categorías máis sinxelas (cores, animais, nomes, roupa).

 

YOGA

·         Relaxación: La nube

·         Respiración: respirar coma unha abella

·         Cápsula: La locomotora valiente

·         Cápsula: Gana el que más se divierte

 

EQUILIBRIO

·         Xogamos na casa a facer equilibrios de distintas formas:

o   Os nenos/as simulan ser camareiro/as que transportan os pedidos dun restaurante na súa bandexa. Colle un prato de plástico e coloca enriba un vaso de plástico cunha pouca auga. Transpórtao e “serve” a mamá ou papá sen que caia o vaso nin se derrame a auga. Cambia a bandexa de lado e intenta de novo coa outra man.

o   Proba a facer un percorrido na casa levando unha pelota enriba da man, despois enriba da outra. Tamén podes variar colocando a pelota enriba da cabeza, sobre un ombreiro ou poñéndoa nas costas.

o   Colócate cos dous pés xuntos, a continuación ergue unha perna e levántaa todo o que poidas. Trata de aguantar sen caer contando ata cinco. Cambia e proba coa outra perna.

o   Pon unha corda no chan formando un círculo. Descalzado/a, camiña sobre a corda paso a paso sen saír dela. Vai complicando a actividade poñendo a corda formando curvas, espirais, etc.

 

CANCIÓNS PARA BAILAR

·         Esta canción ten unha coreografía un pouco difícil para os máis peques, pero ten unha mensaxe moi positiva e podedes bailala como vos queirades:

o   https://www.youtube.com/watch?v=-mc5aLuvfrM

·         “The lion sleeps tonight”, intentande imitar o baile deste cadeliño tan simpático:

o   https://www.youtube.com/watch?v=D5X3Yt9ymPA

·         Unha canción movida para mover todo o corpo:

o   https://www.youtube.com/watch?v=z6DoPp-LkTA

·         Esta canción fala das emocións:

o   https://www.youtube.com/watch?v=cpr7ttt1sOQ

·         “La bicicleta” de Shakira e Carlos Vives:

o   https://www.youtube.com/watch?v=Q-f4pCksb5M

Biblioteca a través da rede

Como estamos nunha situación de emerxencia sanitaria, non podemos acudir á biblioteca do colexio e tamén hai restricións nas bibliotecas públicas. Para compensar esta situación ofrecémosvos a continuación dous enlaces a bibliotecas virtuais que ofrecen moito material para poder pasar un bo momento de lectura cos máis pequenos/as:

·         https://www.oyejuanjo.com/2015/11/10-bibliotecas-virtuales-para-tus-hijos.html

http://es.childrenslibrary.org/about/mission.shtml

Distribuir contido


by Dr. Radut