Skip to Content

PAIS E NAIS CONTACONTOS

Durante toda esta semana estivemos a celebrar o Día do Libro na escola. Ademais da actividade da recreación das portadas dos seus libros favoritos, durante estes días moitos papás e mamás acudiron as aulas dos seus fillos para contarlles a todos os rapaces contos escollidos por eles mesmos. Desexamos agradecer a todos os pais que viñestes ao centro o voso tempo, axuda e colaboración con esta actividade.

 

PROXECTO ANUAL DE CENTRO "ARQUITECTURAS DA MEMORIA"

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria segue a traballar no proxecto "Arquitecturas da Memoria". Esta semana tocounos traballo de campo xa que saímos de excursión polo concello a xeolocalizar fragmentos das historias que os nosos entrevistados nos relataron ao longo do curso. O seguinte paso será cargar todos os datos e os audios na aplicación deseñada a tal efecto. Moi pronto teredes noticias da presentación pública deste proxecto transversal no que tanto esforzo, traballo e interés estamos a poñer.

DÍA DO LIBRO

Co gallo da celebración do Día do Libro propuxémosvos que fixerades unha actividade de carácter voluntario que consistiu en que escollerades un conto que lle gustase aos vosos fillos/as e que cos materiais que tiverades a man recreásedes a súa portada, poñendo como protagonistas da mesma aos rapaces. 

Desde o día de onte comezamos a poñer no taboleiro situado enfrente á biblioteca as vosas creacións e temos que felicitarvos pola voso inxenio. Hai verdadeiras obras de arte¡¡¡ E sobre todo, moi divertidas¡¡¡

Por outra banda, animamos aos que aínda non fixeron a actividade a que a fagades. Tedes toda a semana para entregala¡¡¡¡

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º E.P.

Os rapaces de 6º E.P. xa están de volta despois de realizar a excursión fin de curso que os levou ao norte de Portugal, concretamente ao complexo de multiaventura Pena Aventura. Puideron disfrutar de diversas actividades no medio natural como tirolina (a máis grande de Europa), camiñar polas árbores, escalada en roca, paintball, karts ou minigolf. Disfrutaron dunha climatoloxía estupenda e pasaron uns días do máis divertido.

Agradecer profundamente o traballo e a dedicación da súa titora Sandra, que xunto co noso director Juan, acompañaron aos rapaces nesta viaxe. Tamén desexamos dar as grazas ao concello de Oza Cesuras que colaborou facéndose cargo dos gastos de transporte, a todos os compoñentes do claustro de mestres e da comunidade educativa que colaboraron cos rapaces de diferentes formas e, por suposto, a todas as familias que tedes colaborado nestes meses de forma activa nas diversas actividades organizadas para recadar fondos.

 

BINGO E MERCADILLO

O pasado venres os rapaces de 6º E.P. e a sua titora organizaron un bingo e un mercadillo para recaudar fondos para a excursión fin de curso a Portugal que están a realizar esta mesma semana. Queremos agradecer a todos os que asististes a vosa colaboración en dito evento xa que a participación foi masiva e, nomeadamente, ao supermercado Eroski, Carnicería Maribel, Casa Segundo, Panadería Pita, Bar Pacheco e Teixido Flor que xenerosamente doaron as cestas coas que se premiaban aos gañadores das diferentes partidas de bingo que se celebraron.

A xornada rematou cun sorteo dun xamón entre os que mercaron as rifas que venderon os rapaces durante as semanas previas.

Unha vez máis, moitísimas grazas a todos pola vosa axuda e implicación.

RADIO RUMOROZA IN ENGLISH

Nesta ocasión, presentamos dentro da programación da nosa radio escolar "The Witcher's Redemption", unha tenebrosa e escura historia en Inglés feita polo alumnado de 6º de Primaria coa inestimable colaboración de Mimi, a nosa asistenta nativa de idiomas. Coa súa axuda e bo facer foi capaz de construír este relato para que a rapazada de 6º puidera representar este conto da mellor maneira posible. Aproveitamos a ocasión para poñer en valor o esforzo feito polos nosos alumnos e a sorte de ter a Mimi con nós durante todo este curso sendo un activo fundamental para que os nenos poidan empregar e desenvolver as súas capacidades de fala en lingua inglesa.

I CARREIRA SOLIDARIA

O pasado venres organizouse no centro a I Carreira Solidaria CEIP Oza dos Ríos. Todos os rapaces do centro participaron nunha pequena carreira pedestre no parque anexo. As dúas primeiras probas tiveron como protagonistas ás familias xa que pais e nais participaron xuntamente cos seus fillos e fillas. Posteriormente, as carreiras por ciclos completaron a xornada atlética.

O único requisito para participar era traer calquera tipo de alimento non perecedeiro. Todos estes alimentos foron entregados aos servizos sociais do Concello de Oza-Cesuras que os distribuirá segundo as necesidades existentes.

Dende a dirección do centro queremos agradecer ás familias a súa colaboración participando nesta actividade e tomamos o compromiso de que esta actividade teña continuidade en vindeiros anos

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL HOMENAXEAN A PICASSO

Despois de acudir á excursión "Picasso protagonista", o alumnado de Educación Infantil homenaxea ao pintor con este cadro,"El Guernica", que pode admirarse no corredor do noso cole. 

Guernica

HORTO ESCOLAR

Chegou a primavera e é o momento de prantar. Leitugas, cebolas, verzas, amorodos,... Os de infantil puxémonos a traballar e ... este foi o resultado. 

collage huerto

collage horta 3 anos

collage horta 4 anos

collage horta 5 anos

ÚLTIMAS NOTICIAS: OS NENOS E NENAS DE INFANTIL COCIÑAN NO COLE DE OZA

Novas do cole!! Os nenos e nenas de Infantil cociñan no cole de Oza!!. A receita? Deliciosa!! Ten chocolate mmm!!

Moitas grazas a María, Isa e Divina por axudarnos.

Para ver o video montaxe clica na imaxe.

 

TALLER DE COCIÑA

Distribuir contido


by Dr. Radut