Aquí vos deixamos unhas imaxes da visita ao centro ocupacional de Valadares. No mes de maio o alumnado de Primaria irá a ver unha obra de teatro na Casa da Cultura de Outes representada por eles.
Os grupos de 3º estiveron facendo un traballo de investigación sobre as prantas que culminou cunha exposición. Aquí tedes unhas imaxes dalgunhas das actividades que realizaron: vistas pola contorna observando a flora autóctona, experimentos científicos, traballos de grupo, plantación de hortensias...