Un día ao mes, no recreo, vaise facer unha sesión de lectura. Pode ser cun tema determinado ou libre. Nesta ocasión, o 31 de outubro, léronse relatos de medo.
Aquí podedes ver o taboleiro do corredor que as anuncia.
![Taboleiro das lecturas de medo](/centros/ceipoteropedrayo/system/files/u27/taboleiro_medo.jpg)
Como podedes ver non lle teño medo a eses morcegos que andan a voar ao meu redor.
Agora vouvos amosar ás lectoras e lectores dese día tan... terrorífico.
Aquí tedes a estas compañeiras lendo o conto "Murciélagos en la biblioteca" de Brian Lies.
![Lectoras de "Murciélagos en la biblioteca"](/centros/ceipoteropedrayo/system/files/u27/lecturas_medo_1.jpg)
Estas dúas amigas leron un fragmento do libro "Kika no castelo de Drácula". de Knister.
![Lectoras de "Kika no castelo de Drácula"](/centros/ceipoteropedrayo/system/files/u27/lecturas_medo_2.jpg)
Estas dúas compañeiras de cuarto leron "Contos do Valadouro", unha obra escrita por varios autores.
![Lectoras de "Contos do Valadouro"](/centros/ceipoteropedrayo/system/files/u27/lecturas_medo_3.jpg)
A continuación estas dúas alumnas leron unhas páxinas dunha adaptación de "Drácula", de Bram Stoker.
![Lectoras de "Drácula"](/centros/ceipoteropedrayo/system/files/u27/lecturas_medo_4.jpg)
Por último, estes dous terroríficos e arrepiantes alumnos de segundo leron o conto "Quen lle ten medo ao lobo?", de Fanny Joly.
![Lectores de "Quen lle ten medo ao lobo?"](/centros/ceipoteropedrayo/system/files/u27/lecturas_medo_5.jpg)
Os meus parabéns a todos estes lectores e lectoras. Fixérono moi ben.