Skip to Content

AVISOS:

Últimos avisos:

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

COMEDOR ANEXO II

 BECAS CONCELLO ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL

Fai click para descargar a documentación: PDF 1   PDF 2  PDF 3

A Nosa Contorna

 

     A comunidade educativa do C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo do Barco de Valdeorras, quere darche a benvida á páxina web da escola. Nela poderás coñecernos e atopar moita información sobre as nosas actividades.

      Estamos situados na marxe esquerda do río Sil (o das pepitas de ouro) ao seu paso pola Vila do Barco, no barrio denominado Viloira. Unha ponte, aquí levantada no ano 1959, para substituir á anterior destruída como consecuencia dunha ríada, comunica ambas beiras do río. Posterior é a pasarela peonil que facilita unha rápida, segura e pintoresca comunicación co centro da vila, contemplando, mentres camiñas, unha das estampas máis típicas do Barco, a da Rúa Real e o Malecón reflexándose nas augas do Sil, mentres alguna garza ou cormorán satisface as súas necesidades alimentarias sumerxíndose no río.

    A Casa Grande cos seus xardíns e a Praza, son dous referentes na contorna da escola, presentes a cotío nas nosas actividades, e, tamén o son para os visitantes que acuden a Viloira na procura da sombra dos centenarios plataneiros, ou coa intención de degustar unhas saborosas castañas asadas, aló polo San Martiño, tamén se o que buscan é desfrutar da hospitalidade da xente desta antiga e fermosa paraxe. 
 
      O río Sil, que ven abrindo traballoso paso entre os escabrosos cumios do oriente ourensán da Serra do Eixo, chega ao fin, ata aquí para acadar a quietude nas ribeiras das abondosas hortas de Viloira, e segue, paseniño, a súa viaxe imparable ata xuntarse co pai Miño. A serenidade das augas e o vizoso das terras configuran un mosaico de cultivos que constitúen todo un verxel hortícola de exuberante calidade.  

 

  

 



AGUEIRO do Cole

Facebook do Cole

Estamos en Youtube

page | by Dr. Radut