Skip to Content

AVISOS:

Últimos avisos:

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

COMEDOR ANEXO II

 BECAS CONCELLO ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL

Fai click para descargar a documentación: PDF 1   PDF 2  PDF 3

Selo Vida Saudable

           SELO "VIDA SAUDABLE"

 

       Desde o ano 2011, o CEIP Ramón Otero Pedrayo conta, ininterrompidamente, co distintivo de  calidade “Sello Vida Saludable” outorgado polo “Ministerio de Educación, Cultura y Deporte”, creado para recoñecer aos centros que fomenten hábitos e estilos de vida saudables, especialmente nos ámbitos da alimentación, nutrición e deporte, facendo fincapé na prevención e hixiene, reforzando os hábitos de coidado físico e de saúde, incorporando a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social do alumnado. Así mesmo, promovendo a comprensión e valoración da importancia de preservar o medio ambiente polas repercusións que ten na saúde, promovendo as responsabilidades do alumnado na toma de decisións cotiás e no coñecemento das consecuencias que teñen sobre a súa saúde e o medio que o rodea. eles e en canto ao profesorado, valorando a súa formación continua para a educación en hábitos saudables e especialmente na alimentación saudable e na práctica de actividade física.

       Cabe destacar que só un total de seis centros galegos, entre colexios públicos, concertados e institutos de secundaria, obtiveron este recoñecemento no seu primeiro ano de creación, sendo o CEIP Ramón Otero Pedrayo do Barco, o único colexio público de educación infantil y primaria de Galicia que o acadou.

 

       Este selo é empregado na documentación oficial do centro.

 

 


AGUEIRO do Cole

Facebook do Cole

Estamos en Youtube

page | by Dr. Radut