PDI: Espallando saberes
Obradoiro de regueifas 2023
O nenos e nenas de sexto de educación primaria, desfrutaron do obradoiro de regueifas, que cada ano se imparte no centro, en colaboración co concello de Teo. Este curso visitáronnos Josinho da Teixeira e Nuria Penas. Con este obradoiro preténdese introducir ao alumnado na improvisación oral en verso. Velaquí tedes un pequeno vídeo, do acontecido.
O NOSO SAMAÍN
O alumnado e as familas do colexio dos Tilos, coma todos os anos participaron na exposición de cabazas do Samaín.
Cabazas horripilantes e tenebrosas, coa temática do proxecto deste curso: "Espallando saberes".
Grazas familias, por participar e botar a voar a imaxinación.
24 de outubro. Día das bibliotecas
Como cada 24 de outubro , celebramos o “Día das Bibliotecas Escolares”, e dende a Biblioteca Tilandra davos a benvida a este novo curso “Espallando Saberes”.
O obxectivo do desenvolvemento deste PDI é achegar ao noso alumnado ao coñecemento da cultura e tradicións de Galicia.
Ao longo do curso iremos realizando de xeito transversal actividades relacionadas cos contidos curriculares.
SAMAÍN 2023
PREPARADOS PARA RECIBIR AS MARABILLOSAS CABAZAS DO NOSO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS!
Podcast Presentación do proxecto: Espallando saberes
O alumnado de quinto de educación primaria, leva un tempo preparando o Podcast que inagura o comezo do proxecto deste curso 2023-2024. Traballaron moito na elaboración do guión e trataron de facer un resumo sobre os diferentes temas nos que podedes indagar, para coñecer mellor a nosa comunidade. Esperamos que vos guste, xa que estiveron moi ilusionados, por gravar este primeiro programa de radio.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7