O venres 10 de novembro, celebramos o Magosto no colexio con xogos populares e degustando ricas castañas.
Se premedes na seguinte imaxe, poderedes ollar o que ben que o pasaron.
Este curso co proxecto "Espallando Saberes" , queremos afondar nas tradicións e os costumes do noso pobo. A tradición oral foi fonte de grande información para o coñecemento, así que, xa que estamos no outono e temos un amplo abano de refráns, decidimos elaborar un Refraneiro Tileiro. Gravamos un podcast en Tilandra nas ondas. Preparádevos para escoitalo saboreando, unhas ricas castañas.
O alumnado de quinto e sexto de Ed. Primaria leu contos de outono e de medo ao resto dos nenos e nenas do cole. É unha actividade que sempre a desfrutan moito xa que comparten as súas creacións cos máis pequenos.
O nenos e nenas de sexto de educación primaria, desfrutaron do obradoiro de regueifas, que cada ano se imparte no centro, en colaboración co concello de Teo. Este curso visitáronnos Josinho da Teixeira e Nuria Penas. Con este obradoiro preténdese introducir ao alumnado na improvisación oral en verso. Velaquí tedes un pequeno vídeo, do acontecido.
O alumnado e as familas do colexio dos Tilos, coma todos os anos participaron na exposición de cabazas do Samaín.
Cabazas horripilantes e tenebrosas, coa temática do proxecto deste curso: "Espallando saberes".
Grazas familias, por participar e botar a voar a imaxinación.
Como cada 24 de outubro , celebramos o “Día das Bibliotecas Escolares”, e dende a Biblioteca Tilandra davos a benvida a este novo curso “Espallando Saberes”.
O obxectivo do desenvolvemento deste PDI é achegar ao noso alumnado ao coñecemento da cultura e tradicións de Galicia.
Ao longo do curso iremos realizando de xeito transversal actividades relacionadas cos contidos curriculares.
PREPARADOS PARA RECIBIR AS MARABILLOSAS CABAZAS DO NOSO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS!
Visita de Xosé Antonio Perozo | hai 7 anos 3 días |
Obradoiro: Instrumentos musicais galegos | hai 6 anos 6 semanas |
21 de marzo: Día Internacional da Poesía | hai 6 anos 6 semanas |
Visita a Meteogalicia | hai 6 anos 6 semanas |
Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía | hai 6 anos 6 semanas |