Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
ENTROIDO NO CAMIÑO |
Como cada ano, chega o Entroido ao colexio dos Tilos. Os nenos e nenas preparan os seus disfraces . Ataviados con chapeus, capas e caxatos , corren o Entroido como peregrinos do Camiño. Cunhas rosquillas e unhas orelliñas adozamos estes días de troula que tanto precisamos. Se premes na imaxe unha sorpresa atoparás.
|
Visita de Pere Tobaruela. |
O mércores 16 de marzo, visitou o colexio o escritor Pere Tobaruela. O nenos e nenas de quinto A e B de educación primaria, desfrutaron dunha fructuosa e interesante charla. Poideron coñecer e intercambiar opinións sobre os diferentes libros do autor, especialmente o lido polo alumnado: "Formigas, Misión camiño de Santiago". Unha lectura que serviu para ampliar os coñecementos que abordamos neste curso, dentro do Proxecto de centro "Tilandra no camiño".
|
Entrevistas peregrinas |
O alumnado de quinto de educación primaria prepararon unhas entrevistas para distintos persoeiros da época medieval, personaxes que destacaron pola súa aportación ao Camiño de Santiago.
|
BAILE DAS LETRAS |
Ao longo do mes de maio, e coa axuda da mestra de Educación Musical, os nenos e nenas do colexio dos Tilos, prepararon unha coreografía dunha canción das Tanxugueiras.
|
VISITA DE SUSANA ILLERA MARTÍNEZ |
O alumnado de terceiro recibiu entusiamado a visita da escritora Susana Illera Martínez. O equipo editorial de Disney, seleccionou á Susana para escribir unha adaptación da película "Encanto" para o público infantil. Así naceu o libro bilingüe "El don de una familia/ The gift of family". No 2020 foi galardoada polo seu primeiro libro infantil ‘Lala, a Different Kind of Lizard’nos International Latino Books Awards |
VISITA DE LEDICIA COSTAS |
A escritora Ledicia Costas, visitou esta semana o colexio dos Tilos. Presentou ao alumnado de terceiro de ed. primaria, a colección dos "Minimortos". Conversou con eles e contestou a súas preguntas acerca do libro "Escola de salvaxes". Ledicia dedícase dende moi nova a creación literaria. Este ano colabora coa RAG, na páxina infantil Primavera das Letras adicada este 2022 ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.
|
24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
Hoxe foi un día de festa, xa que, a nosa nova biblioteca comezou a camiñar. Contamos cun novo espazo máis amplo e adaptado ás necesidades do alumnado. Os nenos e nenas de sexto realizaron un gran traballo, colaborando no reto que supuxo trasladar e dar forma a unha biblioteca dinámica, con diversos servizos e recursos, onde os nenos e nenas do colexio atopen múltiples oportunidades de aprendizaxe, expresión e creación. |
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO. Navegando polo universo |
O alumnado de terceiro e quinto de Ed. Primaria, descubriron o apaixonado mundo da Astronomía, nunha viaxe polo espazo dentro dun planetario de derradeira xeración, instalado no colexio. Dentro do programa cultural Ruta Quetzal, creado polo periodista e aventureiro Miguel de la Cuadra Salcedo. atopamos un proxecto docente motivador e cautivador, adicado á divulgación científica. Esta actividade, despertou nos nenos e nenas a curiosidade por coñecer máis sobre os temas relacionados co Universo. |
OS VULCANÓLOGOS DE 3º |
Na clase de Ciencias Naturais, os nenos-as de 3º recrearon o funcionamento dunvolcán en erupción. Para o desenvolvemento da actividade construiron nas aulas os volcáns con distintos materiais. Estudaron as partes e o seu funcionamento. Posteriormente amosáronllelo ao alumnado de 1º e 4º de E.P. |
FESTA DE NADAL |
Para rematar o primeiro trimestre do curso, celebramos unha festa de Nadal. O alumnado de Ed. infantil e 1º de Ed. Primaria desfrutaron dun espectáculo de títeres: "O Nadal na Fraga" de Títeres Cascanueces e os cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria cantaron e bailaron coa discoteca móbil Animus.
|
3, 2, 1 .... ARRANCA A RADIO ESCOLAR! |
Neste curso 2022/2023. no CEIP Os Tilos iniciamos o proxecto de Radio na Biblio, no marco da Biblioteca Escolar, como se recolle na Resolución da convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do proxecto “Radio na biblio”, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2022/2023. |
Recomendacións lectoras |
O alumnado de sexto gravou un podcast sobre recomendacións lectoras. Esperamos que vos guste.
|
25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
Un ano máis no colexio dos Tilos, atendemos ao chamamento das Nacións Unidas para conmemorar o 25-N como Día Internacional contra a violencia de xénero. O alumnado ao longo do mes de novembro, preparou a canción de Guadi Galego chamada "Matriarcas". O obxectivo da actividade é, que a través da música e da letra desta canción, as nenas e os nenos dende idades temperás, tomen en consideración a importancia de loitar pola igualdade e a liberdade de todas as mulleres do mundo. O martes 22, visitounnos a caravana lila do Concello de Teo. O alumnado do centro, participou en distintas actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade. Agasallaron aos nenos e as nenas participantes cunha pulseira lila.
|
OS XENERAIS DOS TILOS |
Os xenerais do Ulla é un dos espectáculos máis destacados da contorna. Elegantemente vestidos, as nenas e os nenos de primeiro do colexio, comezaron a mañá do desfile cos famosos vivas. A literatura popular e a música son as partes máis importantes do patrimonio inmaterial de tradición oral dos Xenerais da Ulla nas que destacan os “vivas” e as coplas. Os coñecidos como “vivas” expresan un desexo de vida, sorte e prosperidade.
|
SAÍDA AO TEATRO PRINCIPAL |
O alumnado de cuarto de educación primaria, saíu ao Teatro Principal para ver a representación: "Wombo Combo". |
OBRADOIRO CON CHARO PITA |
O alumnado de quinto e sexto de educación primaria, desfrutou o mércores 15 de maio dun obradoiro de expresión oral impartido por Charo Pita. Moitas grazas Charo Pita por acompañar e ensinar aos nenos e as nenas dos colexio dos Tilos, esa grande faceta túa de expresión e comunicación. Seguro que nos será de gran axuda para futuras locucións en RadioTilandra. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6