O Tendal de Tilandra (Semana do Libro: 19 ao 23 de abril)

 

O venres 23 de Abril celebramos  o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura.  Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.

 

Deste xeito, e conectando co PDI “Emocionarte con Tilandra”,cada aula  elaborou a súa prenda de vestir con distintas alusións á diferentes tipos de libros, personaxes, autores… . En xeral, á literatura.

 

 O obxectivo desta actividade é despertar a curiosidade pola lectura a través das imaxes plasmadas na roupa pendurada do tendal.

 

Un libro é EMOCIÓN, e a escritura, a PINTURA da voz.

 A tradicional lectura na Carballeira, que se fai tódolos anos, este curso, debido a climatoloxía, desenvolveuse nunha Carballeira plasmada nun corredor do centro. Aquí vai unha pequena escolma da actividade.

 

 Os nenos e nenas de terceiro de Educación Primaria elaboraron un mural, co lema "Un libro da ás a imaxinación".

 

Recomendacións lectoras para o Día do libro

O alumnado de sexto de educación primaria, queren recomerdarvos algúns dos seus libros favoritos. Debuxaron a portada do libro e gravaron un audio. Se utilizades un lector de códigos qr, escoitaredes unha breve reseña dese libro. Esperamos que desfrutedes coas nosas recomendacións. Comezade xa!!!

 

 

21 de marzo. Día da Poesía

Este 21 de marzo, coincidindo co inicio da primavera, celebramos o Día Mundial da Poesía. En tempos de coronavirus, a poesía é a vacina contra a incerteza e os medos que nos asolan. Dende o centro buscamos reflectir as Emocións do noso alumnado a través de poemas e obras de arte, proxectando os seus sentimentos, baixo o título "Poesía por un tubo". Deste xeito promovemos a poesía como manifestación da súa creatividade literaria e artística.

8 de marzo. Día Internacional da Muller

O día 8 de marzo do 2021 celebramos o Día Internacional da  Muller co lema "Mulleres Líderes  nas  Artes" en consonancia co PDI  "Emocionarte con Tilandra".

 Coas actividades desenvolvidas  poñemos en valor os grandes esforzos que realizan as mulleres e nenas de todo o mundo para forxar un mundo mellor e máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid 19.

Aquí podedes ver unha breve escolma das actividades  do noso alumnado:

* E.INFANTIL

-6º: Mural  "8 de Marzo con M de Muller"

* E.PRIMARIA:

-1º:  Elaboración do símbolo da Muller con pasta de sal

2º,3º e 4º: Mural  "CONSTRUINDO IGUALDADE". Un muro de ladrillos representativo  das grandes loitas das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa en igualdade co home.

*5º e 6º: Tendo como referentes a Mulleres que destacaron nas Artes: música, pintura, literatura, fotografía..., os alumnos-as elaboraron distintas  presentacións reflexando a vida e obras dalgunhas autoras que se adicaron a profesións que no seu momento eran desempeñadas maioritaiamente polos homes. Destacamos o seu esforzo polo momento histórico que lles tocou vivir.

 

Visita Virtual CEIP Plurilingüe Os Tilos

VISITA VIRTUAL CEIP PLURILINGÜE OS TILOS

Entroido en familia

 

As familias do colexio celebraron o Entroido e compartiron connosco as súas vivencias.

GRAZAS FAMILIAS!

ENTROIDO 2021

 

Un ano máis o Entroido chegou ao colexio dos Tilos, aínda que dun xeito diferente ao que estabamos acostumados. A Pandemia obrigounos a modificar algunhas das actividades que eran costume no colexio, como o "Gran desfile Carnavaleiro", pero aínda así puxemos ilusión e ganas. Con Van Gogh e Frida como pintores de referencia, os nenos e nenas conseguiron os mellores e vistosos disfraces; facendo gala da súa alegría e ganas de troula. Entre todos conseguimos esquecernos por uns días desta situación.

MANDATOS DE TILANDRA

Un Entroido máis, Tilandra quere que os nenos e nenas do colexio dos Tilos vos divirtades e que a vosa imaxinación voe moi lonxe. Concretamente ata México e Holanda, que son países orixinarios dos protagonistas dos Mandatos. Se precisades máis información, ollade os vídeos da anterior entrada da web. Non esquezades que:"- Para poder ao cole volver a Tilandra teredes que obedecer". Fixádevos ben para cumprir os seus mandatos. Lembrade que estamos  a traballar o PDI "EmocionArte con Tilandra". Seleccionade un dos pintores e cada día da semana engadiredes un complemento máis. O venres viredes caracterizados do pintor ou pintora elixidos. Aproveitamos para informarvos que preparamos un "photocall" e que a vindeira semana podedes sacarvos unhas bonitas e inesquecibles fotos.

Información importante: os Mandatos comezan o luns 8 de febreiro e rematan o venres 12.

                             FRIDA KALHO                                                                      VICENT VAN GOGH

  

 

  

  

 

 

 

Día escolar da Non Violencia e da Paz 2021

Como cada ano, o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da non Violencia e a Paz" baixo o lema "RespectArte, ValorArte e EmocionArte con Tilandra", relacionado co PDI que se desenvolve no centro ao longo deste curso.    

Con tal motivo, lembramos a necesidade de educar para a tolerancia a solidariedade e o respecto aos demais.

Actividades:

1-      Cada grupo/clase coloreou unha man (mandala) da paz, actividade relacionada co proxecto “EmocionArte con Tilandra”.

2-      Gravación de todo o alumnado das voces da canción e un pequena coreografía nas clases de Educación Musical.

3-      A maiores, un grupo de voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de primaria, sacrificando recreos e momentos libres,gravaron o acompañamento instrumental da peza.

 

Powered by Drupal - Design by artinet