Contido popular
Título | Resumo | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
O Tendal de Tilandra (Semana do Libro: 19 ao 23 de abril) |
O venres 23 de Abril celebramos o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura. Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.
|
||||||
Semana das LETRAS GALEGAS (10-14 de maio de 2021) |
O Ceip Plurilingüe Os Tilos súmase como cada 17 de maio á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano adicadas a Xela Arias. Para conmemorar tal data, as nenas e nenos prepararon a danza dunha muiñeira para, xunto co emprego do galego, fortalecer e divulgar o noso pratimonio artístico e cultural.
|
||||||
Actividades desenvolvidas co PDI: "EmocionArte con Tilandra" |
O Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e outros equipos do centro, ao longo deste curso deseñamos unha serie de actividades relacionadas co PDI: "EmocionArte con Tilandra". Todo o alumnado e todo o profesorado, e, en xeral, toda a Comunidade Educactiva, participaron no desenvolvemento das actividades propostas. Aquí un resumo feito polo noso alumnado:
|
||||||
Celebrando O Samaín |
Para rematar a Semana Terrorífica nos Tilos, o venres 29 os nenos e nenas disfrazáronse de bruxas, esqueletos, morcegos...Foi unha mañá moi divertida e a ledicia invadiu as aulas.
|
||||||
RECOMENDACIÓNS LECTORAS |
O equipo de biblioteca e o EDLG, coas achegas feitas polo profesorado e polas preferencias feitas polo noso alumnado, realizamos unha selección de libros que poden ser do interese dos nen@s. Sen dúbida o mellor agasallo! Regalar un libro é regalar unha viaxe a outros mundos, a un mundo de fantasía.
|
||||||
SAMAÍN 2022-DIFERENTEMENTE IGUAIS |
Un curso máis, celebramos o Samaín no colexio. Decoramos as portas, os corredores e a biblioteca, con estraños e horripilantes hóspedes: morcegos, esqueletos, bruxas, arañas ...Asemade desfrutamos dos contos terroríficos que prepararon os alumnos/as de quinto e sexto de Educación Primaria. Os nenos e nenas, o venres 28 de outubro, disfrazáronse de personaxes propios e característicos desta festividade. |
||||||
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO. Navegando polo universo |
O alumnado de terceiro e quinto de Ed. Primaria, descubriron o apaixonado mundo da Astronomía, nunha viaxe polo espazo dentro dun planetario de derradeira xeración, instalado no colexio. Dentro do programa cultural Ruta Quetzal, creado polo periodista e aventureiro Miguel de la Cuadra Salcedo. atopamos un proxecto docente motivador e cautivador, adicado á divulgación científica. Esta actividade, despertou nos nenos e nenas a curiosidade por coñecer máis sobre os temas relacionados co Universo. |
||||||
MAGOSTO 2022 |
O pasado xoves, 10 de novembro celebramos o magosto no colexio. Comezamos cunha xornada de xogos: zancos, rá, a pita cega, aros, bolos, carreiras con castañas...O alumnado de sexto colaboraron como monitores e as distintas aulas rotaban nos xogos. Foi un día de diversión para os nenos e as nenas do centro. Para rematar o día, degustamos unhas ricas castañas asadas (actividade en colaboración coa ANPA). Velaquí tedes o acontecido, preme na seguinte imaxe. |
||||||
Os nosos inicios na RADIOS ESCOLAR | |||||||
FESTA DE NADAL |
Para rematar o primeiro trimestre do curso, celebramos unha festa de Nadal. O alumnado de Ed. infantil e 1º de Ed. Primaria desfrutaron dun espectáculo de títeres: "O Nadal na Fraga" de Títeres Cascanueces e os cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria cantaron e bailaron coa discoteca móbil Animus.
|
||||||
Concurso logo e nome da radio escolar |
O alumnado do colexio participou na elaboración do logo e do nome para a nosa radio. En primeiro lugar, nas aulas debuxaron os logos e propuxéronse os nomes. Cada aula elixiu un debuxo e un nome; para finalizar votouse unha das propostas. E aquí vos presentamos o logo que nos vai a acompañar con nome da radio: TILANDRA NAS ONDAS! A autora é: Lilian Nairoby Quirós Blanco. Noraboa Lili!
|
||||||
Asistencia a Regueifesta |
En colaboración co departamento de Dinamiación Lingüística do Concello de Teo, o alumnado de sexto, asistiu ao Auditorio de Galicia á festa das regueifas: A Regueifesta. Trátase dunha actividade didáctica impulsada polos proxectos Enreguéifate e Regueifesta que procura a participación da comunidade escolar na difusión da regueifa e da improvisación oral en verso. No encontro, interviron rapazas e rapaces que participaron no concurso, así como alumnado de Euskadi e de Catalunya, que improvisaron ao xeito do bertsolarismo e da glosa. Dinamizaron o acto Sechu Sende, Manolo Maseda, Lupe Blanco e Olalla Liñares. O alumnado desfrutou dunha mañá moi enriquecedora para a nosa lingua.
|
||||||
RAP 25-N |
As nenas e os nenos de quinto de educación primaria, compuxeron un rap en favor da loita en contra da violencia de xénero. |
||||||
25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
Un ano máis no colexio dos Tilos, atendemos ao chamamento das Nacións Unidas para conmemorar o 25-N como Día Internacional contra a violencia de xénero. O alumnado ao longo do mes de novembro, preparou a canción de Guadi Galego chamada "Matriarcas". O obxectivo da actividade é, que a través da música e da letra desta canción, as nenas e os nenos dende idades temperás, tomen en consideración a importancia de loitar pola igualdade e a liberdade de todas as mulleres do mundo. O martes 22, visitounnos a caravana lila do Concello de Teo. O alumnado do centro, participou en distintas actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade. Agasallaron aos nenos e as nenas participantes cunha pulseira lila.
|
||||||
EXPERIENCIAS CIENTÍFICAS |
Novembro é o mes adicado á ciencia en galego. Con tal motivo, no colexio dos Tilos desenvolvemos distintas actividades, onde o alumnado tomou contacto con varios procesos na elaboración de diversas experiencias científicas. Estas actividades son moi enriquecedoras para que as nenas e os nenos en idades temperás, esperten a curiosidade polo mundo da ciencia. O alumnado de 3º E.P. investigou sobre a elaboración do iogur e do queixo. O alumnado de cuarto de E.P. levou adiante experimentos moi simpáticos.
As rapazas de sexto prepararon unha explosión dun volcán que botaba lava de cores.
Os nenos e as nenas de segundo de Ed. Primaria, dobraron ósos e modificaron cores.
|
||||||
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA |
Cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Paz e non Violencia. Este día, ten como obxectivo fomentar a educación na tolerancia, na solidaridade, na concordia, no respecto aos dereitos humanos...Valores que inculcamos a diario no alumando do colexio. Este 2024 para celebralo, decoramos pombas nas aulas; cantamos e bailamos a canción de Paco Nogueiras "Móvete". Asemade na biblioteca elaboramos un mural. O martes 30, gravamos ás diferentes aulas e xuntámonos todos no patio, para compartir entre todos e todas este Día. Velaquí tedes o resultado.
|
||||||
A HISTORIA EN FEMININO |
O mércores 21, Ana Hermida da asociación Lisístrata, visitou o noso centro para celebrar o 11-F Día da muller e a nena na ciencia. A actividade "A historia en feminino", consistiu nun monográfico sobre mulleres referentes no ámbito científico. Participou o alumnado dende 1º ata 6º de educación primaria.
|
||||||
VISITA Á CASA DAS CIENCIAS |
O alumnado de 5º de educación primaria, dentro das actividades programadas en febreiro, co gallo do 11F Día da muller e a nena na ciencia, visitou a Casa das Ciencias. Situada no parque de Santa Margarida na Coruña, consta dun planetario e tres andares con distintas exposicións. Unha mañá moi entretida, con experiencias de física, exposición de péndulos e exposición sobre astronomía. |
||||||
SAÍDA AO TEATRO PRINCIPAL |
O alumnado de cuarto de educación primaria, saíu ao Teatro Principal para ver a representación: "Wombo Combo". |
||||||
Visita a Meteogalicia |
O mércores, día 4 de abril, o alumnado de 5º de Primaria visitou o centro de Meteogalicia en Santiago. Durante a súa visita, o alumnado participou nunha sesión informativa sobre Metereoloxía e aparatos metereolóxicos e tamén sobre o ruido ambiental. Asemade, tiveron a oportunidade de asistir a como se fai o pronóstico do tempo, en directo, nun medio de comunicación, neste caso na radio así como ao lanzamento dun globo sonda. Esta actividade está relacionada co PDI: "Investida Teo con Tilandra" xa que o alumnado de 5º está a investigar todos os aspectos relacionados coa xeografía, clima, economía,... do noso Concello. |
||||||
Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía |
Candela, Luna, Martina e Sofía, alumnas de 2º A, amósannos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" no Concello de Teo. Parabéns polo voso traballo!!!
|
||||||
Obradoiro de poesía: "Construímos versos" |
Durante os días 11 e 27 de abril o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participaron no obradoiro de poesía: "Construímos versos" coa autora teense Claudia Castro, gañadora do:
|
||||||
Visita de Iago López |
O martes, 8 de maio, o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria recibiron a visita de Iago López. A animación lectora estivo relacionada co libro "E conto, ti cantas" de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas. |
||||||
O alumnado de 2º B expón os seus traballos sobre o Concello de Teo |
Do 21 ao 24 de maio, na biblioteca do cole, tivo lugar a exposición dos traballos realizados polo alumnado de 2º B de Primaria sobre o Concello de Teo. O alumnado, repartidos en grupos de 4 nenas e nenos, encargáronse de estudar dúas ou tres parroquias do Concello. Estes traballos fixéronse nas casas coa colaboración das familias. Unha vez rematados cada grupo amosoulle aos seus compañeiros e compañeiras o libro que fixeron e expuxéronlles a información recollida. Moitas grazas ás familias pola colaboración e por ensinarnos tantas cousas sobre as parroquias do noso Concello.
|
||||||
Enquisa profesorado 2018/2019 |
Cubre a enquisa e axúdanos a mellorar!! A vosa opinión é moi importante para nós.
Tedes ata o 5 de xuño para responder. Moitas grazas pola vosa colaboración. |