Skip to Content

Complementarias

Fotos e Vídeos

Xa podedes descargar as fotos e os vídeos do primeiro trimestre,

nas que dámos boa conta do traballo realizado ao longo dos últimos

meses do ano.

Para ver vídeos clicade AQUÍ

Para ver as fotos, podedes ver a sección do FOTOS na marxe dereita desta páxina.

 

O día 8 de xaneiro volvemos ao cole coas pilas cargadas e bos propósitos para o 2020.

Felices festas!

Cos nosos mellores desexos para o 2020.

                   Felices festas!

25 DE NOVEMBRO

QUE SE CONMEMORA O 25 DE NOVEMBRO?

 

 

Minerva, Patria e María Teresa Mirabal naceron nunha familia acomodada
na República Dominicana.

Foron nais, esposas, universitarias e activistas políticas.

EDUCACIÓN VIAL

O alumnado de 1º e 2º tiveron un obradoiro de seguridade vial no centro. Un programa co lema "O corazón está do teu lado" da Xunta para concienciar da importancia de utilizar as sendas dos peóns e utilizar correctamente o lado da clazada cando non hai beirarrúas. Ademais, recibiron un conto relacionado coa seguridade nas rúas.

Latexo, un corazón xigante, foi o encargado de iniciar en educación vial ao alumnado de primaria. 

Ademais, o resto dos cursos recibiron a visita de Latexo, quen se encargou de agasallar cunha chapa que coa iluminación dos coches dános visibilidade nas calzadas.

Cando veñamos ao colexio a pé, teremos maior visibilidade grazas a estas chapas.

Saímos na prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/barbadas/2019/11/07/alumnos-barbadas-aprenden-importancia-circular-izquierda-peatones/00031573163900096246203.htm

Lembrade que "O CORAZÓN ESTÁ DO TEU LADO!"

Ata outro día Latexo!

MAGOSTO 2019

Un ano máis, o alumnado de sexto traballaou arreo organizando e levando a cabo os xogos populares.

Foron un éxito. Grazas, de novo, pola vosa colaboración, sempre cun sorriso e boa disposición!

Nuns días colgaremos o vídeo con todas as fotos e vídeos desta celebración no colexio. Estade atent@s!

 

 

O vindeiro martes 12 de novembro celebraremos o magosto no colexio.

Para colaborar coa festa o alumnado deberá traer unha bolsiña de castañas xa amoxetadas.

Comezaremos cunha xincana de xogos populares a cargo do alumnado de sexto como voluntari@s. Tragacastañas, as chapas, carreiras de sacos, turrasoga, o pano e moitos máis!

Despois dos xogos, para recuperar forzas, o centro convidará ao alumnado a un boliño preñado.

Ademais, teremos a visita dunha castañeira coa que nos poderemos sacar fotos que subiremos á web do centro. (só o alumnado con autorización).

Remataremos a xornada coas tradicionais castañas asadas e música popular.  

No comedor haberá un menú típico de magosto.

SAMAÍN 2019

Mouchos, coruxos, sapos e bruxas

demos, trasnos e diaños...

É o conxuro da queimada? Non, son as Olimpíadas terroríficas do Ruxidoiro. Chegou esta bruxiña para presentar aos gañadores e gañadoras do concurso de micro-relatos de terror.

Aí tedes ao alumnado que encheu de historias de medo o noso colexio. Pasámolo de medo!

NORABOA A TODOS E TODAS!

XA PODEDES DESCARGAR O VÍDEO DO SAMAÍN!

BUSCADE NA GALERÍA DE VÍDEOS OU PREMEDE NESTA IMAXE

 

 

OLIMPÍADAS TERRORÍFICAS

Xa comezan a chegar as primeiras creacións con material de refugallo.

Que medoooo!

Se queredes participar, traede as vosas creacións terroríficas antes do 23 de outubro. Lembrade que tedes que utilizar material de refugallo e inspirarvos nos personaxes de Samaín practicando deporte.

Animádevos a participar!

MOBILIDADE SOSTIBLE

Este curso participamos no Plan Proxecta "Mobilidade sostible e segura" co alumnado de todo o centro. O obxectivo principal para iniciar este proxecto foi a toma de conciencia dos perigos existentes nos desplazamentos do noso alumnado, que é onde ocorren a maior parte dos accidentes de tráfico.

Ademais de aprender as normas de circulación como peóns e cando andamos en bicicleta, tamén aprendemos as distintas medidas de seguridade cando imos en coche ou no autobús.

Observamos os sinais nos desplazamentos, as rúas, os desequilibrios de espazos entre vehículos e peóns, as necesidades da nosa contorna...

O alumnado de 1º e 2º amosaron o traballo realizado cuns murais e aprendendo unha canción sobre os sinais de circulación. Aquí vos deixamos aos catro grupos coa súa actuación.

 

 

SEMENTE DE IGUALDADE

O alumnado de 4º e 6º de primaria tivo o pracer de asistir a unha exposición sobre as orixes do feminismo con antigas alumnas do noso centro. Antía, Irene, Aroa e Antía, xunto con outras compañeiras (Carla e Joana), participaron nun fermoso proxecto "Creando igualdade ofrecemos o mellor de nós"do IES Ferro Couselo co gallo de visibilizar o papel da muller na historia e crear conciencia da necesidade de seguir na reivindicacion da igualdade entre homes e mulleres. 

Noraboa ao profesorado de Xeografía e historia do IES Ferro Couselo polo traballo sobre patrimonio inmaterial con fotografías antigas das familias do alumnado de 1º da ESO.http://alumnadoferrocouselo.simplesite.com/

Moi orgullosas das nosas antigas alumnas, Irene  Novoa, A (Xosé Lois) Antía Freire, Aroa e Antía Alonso, do seu traballo e con que paciencia atenderon á rapazada que foi ver a exposición. Noraboa a todas!

 

OBRADOIRO DE FÚTBOL SALA

 

 

O alumnado de 4º e 5º tivo a sorte de practicar o fútbol sala co Ourense Envialia Fútbol Sala Feminino. Ademais de coñecer de primeira man este deporte, coñeceron a dúas xogadoras do primeiro equipo: Vane e Chiky. 

Grazas por vir! O vindeiro curso repetiremos!

Distribuir contenido


by Dr. Radut