Skip to Content

Complementarias

Escape room con 6º

O alumnado de sexto disfrutou dunha actividade moi divertida. Tiveron que traballar en equipo para resolver todas as pistas para poder rematar o Escape Room. Pasárono xenial! Podedes ver todas as fotos AQUÍ

 

   

Imos de camiñata!

O pasada luns 21 de xuño, o alumnado de primaria marchou de roteiro polas espazos arredor do centro. Premede AQUÍ para ver todas as fotos.

O alumnado de 1º foi ao Parque da liberdade

O alumnado de 2º pasearon pola Valenzá Vella

O alumnado de 4ºA marcharon nunha andaina arredor do colexio

O alumnado de 6ºA pasearon polo Camiño Vello de Barbadás ou camiño do Rianxo, ademais de recoller o plantado na horta.

O alumnado de 6ºB foron ao parque da Solaina.

Despedida de infantil

O luns 20 de xuño fixemos unha gran despedida ás nenas e aos nenos de sexto de educación infantil. Remata unha etapa e comeza outra no "cole" dos maiores. Disfrutade do verán!

Premede na primeira imaxe para ver todas as fotos deste día tan emocionante!

         

Rematamos o curso!

Rematamos o curso da mellor maneira posible, con roteiros pola nosa contorna, despedidas do alumnado de sexto infantil e sexto de primaria e con moitas actividades de animación... Podedes ver todas as fotos e vídeos premendo AQUÍ. Bo verán a todos e todas!

Contacontos con Anxo Moure

          

Despedida de 6º de primaria

      

Despedida de sexto de infantil

Roteiros pola contorna

 

Escape Room con 6º primaria

 

Actividades de fin de curso: maxia, actuacións, globoflexia, tatuaxes, contacontos...

 

DESPEDIDA DE SEXTO

O pasado venres 18 de xuño despedios ao alumnado de sexto que marcha para o instituto. Sabemos que foi un curso difícil mais todos e todas aprendemos moito, a superar os obstáculos co traballo en equipo, axudándonos uns aos outros porque xunt@s somos máis fortes, non si?

Desexamos que o paso polo Ruxidoiro vos sexa de utilidade nesta etapa que comezades e, se a situación nolo permite, esperamos a vosa visita para contarnos as novas experiencias. 

Moita sorte nesta nova aventura!

 

Contacontos con Anxo Moure

O venres 18 de xuño, todo o alumnado do centro participou nas sesións de contacontos ofrecidas por Anxo Moure. 

Anxo Moure Mosquera é un escritor, contacontos e ecopacifista galego, coñecido polas súas actividades cómicas e educativas transmitindo o coidado da natureza.​​​ Premede na imaxe para ver todas as fotos.

  As nenas e os nenos disfrutaron co conto "O Nubinete e o paraugas Dameaugas"

ACTIVIDADES FIN DE CURSO 2020-2021

"A nena do vestido de flores" con Maruxa e Manuel

  

“A Nena do Vestido de Flores” é unha novela xuvenil na que a súa protagonista é Dania Vitoria, unha nena Asperger de once anos. Unha novela tenra e chea de vitalidade que trata, coas ferramentas da ficción, as vivencias das nenas e nenos con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día.

O venres 28 de maio estivemos encantados de recibir a visita no noso cole dos autores da novela “A Nena do Vestido de Flores”. Maruxa e Manuel estiveron falando da novela e das súas experiencias, como é a vida dun Asperger e a convivencia con él.

O alumnado de sexto, despois de ler a novela e traballala nas aulas, fixeron moitas preguntas e intercambiaron opinións e reflexións con Maruxa e Manuel.

   

Foi unha visita moi especial e enriquecedora tanto para o alumnado como para o profesorado.

                                    Premede na imaxe para ver todas as fotos.

Maruxa e Manuel!

GRAZAS!

Comezamos RUXI RADIO

Os nenos e as nenas de 4º de Educación Primaria B, fixeron un podcast con motivo do Día das Letras Galegas.

ESCOITAR AQUI:

https://go.ivoox.com/rf/70661987

 

 

 

Preparándonos para Ruxi Radio

PROXIMAMENTE COMEZAREMOS UNHA NOVA AVENTURA...

 

 

 

O NOSO PODCAST DE PROBA

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut