Skip to Content

Información Curso 2021-2022

NOVAS INSTRUCIÓNS COVID

PROTOCOLO A SEGUIR EN CASO DE PADECER SINTOMATOLOXÍA COMPATIBLE CON COVID

 

Informamos do procedemento que debedes seguir no caso de sintomatoloxía compatible con COVID, segundo o Protocolo de adaptación do contexto COVID-19 publicado pola Consellería de Educación con data de 16 de setembro.

 

1º Realizar a auto avaliación dos síntomas de forma diaria Anexo I

 

2º Diante da aparición de polo menos UN dos síntomas que aparece na enquisa, os proxenitores NON enviarán ao alumno á clase.

 

3º Os proxenitores deberán contactar inmediatamente co pediatra do centro de saúde que lle corresponda e informar á Dirección do centro.

 

4º O alumnado con calquera sintomotatoloxía aguda tampouco pode acudir ao centro.

 

5º Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumno/a non poderán acudir ao centro ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do centro.(Dirección)

 

O profesorado só enviará tarefas no caso de que o alumno/a estea en corentena/illado seguindo o establecido o protocolo da Consellería.

 

Agradecemos a vosa colaboración pola saúde de todos e todas.

 

 Podedes consultar toda a información na seguinte ligazón da páxina da Consellería:

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/medidas-coronavirus

 

 

GUÍA PARA AS FAMILIAS

VOLVAMOS Á ESCOLA CON SENTIDIÑO!

 

 

MATERIAL DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL DO ALUMNADO

Distribuir contenido


by Dr. Radut