Skip to Content

Centro de pedagoxías vivas e activas

FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de Xaneiro festexamos o día da Paz e, como non podía ser doutra maneira neste curso de cine, fixémolo con películas nas que se traballan valores que conlevan a Paz: compañeirismo, respecto, amizade, colaboración... Cada clase fixo o seu traballo e todos foron expostos nun mural no patio. Aquí tedes como quedou:

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Para este Nadal, a bibliocoto recomenda...

FELICITACIÓN DE NADAL DO CEIP O COTO

A comunidade educativa do CEIP O Coto deséxavos unhas felices festas de Nadal e un feliz ano 2023

SAMAÍN COA FUNDACIÓN

O pasado 2 de decembro festexamos o día da diversidade e para a ocasión tivemos con nós uns convidados de excepción: Os membros do Centro Ocupacional de Negreira. Viñeron contar uns contos a todos os nenos/as do cole. Moitas grazas por vir e por facer que os nenos/as se divertiran coas vosas historias!

Tamén estiveron con nós anteriormente, neste caso para festexar o Magosto e o Samaín. Deste día temos unhas fotos que podedes ver no enlace (clicando na cabaza)

Ata a próxima, rapaces/as! Xa sabedes que aquí sempre sodes benvidos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut