Skip to Content

blogue deCalis

Benvida ao curso 20-21 / Documentos varios

BENVIDOS AO CURSO 2020-21

Estimadas familias empezamos un curso moi difícil para todos e todas polo que agradecemos de antemán a vosa paciencia e comprensión.

Ao longo desta semana iremos enviando aos correos electrónicos distintas documentacións que tamén colgaremos na páxina web. Se algún de vos non recibiu comunicación do seu titor ou titora, por favor, póñase en contacto co centro para arranxar a situación.

Queda na páxina recollida toda a información que se vos mandou así como unha guía do Ministerio de Consumo sobre o uso e elección da máscara. Esperamos que esta información sexa do voso interese e pregamos que cumprades as normas, xa que está en xogo a saúde de todos e todas.

Moitas grazas e moita saúde.

“Non esquezades que o ser humano nace con instinto de supervivencia e sairemos adiante”

Entradas e saídas infantil

Entradas e saídas 1º,2º,3º

Entradas e saídas 4º,5º,6º

Guía compra mascarillas

Mochila

Normas para as familias

Autorización de recollida

Autorización de imaxe

Autorización saídas E. Infantil

Autorización saídas 1º,2º,3º,4º

Autorización saídas 5º,6º

Alertas escolares

 

FONDOLIBROS

DATA DE RECOLLIDA

AUTORIZACIÓN PARA A RECOLLIDA ( En caso de ter que autorizar a alguén para poder recollelos)

AVISO DÍA NON LABORABLE 24-06-20

Estimadas familias, comunícase que o mércores 24 de xuño o centro permanecerá pechado por ser día festivo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Un saúdo
Equipo directivo

LIBROS BIBLIOTECA

Dende o Equipo de Biblioteca solicitamos a colaboración das familias para a recollida dos libros emprestados. 

 RECOLLIDA DE LIBROS DO ALUMNADO  

DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. 

 Farase o día 22 de xuño, de 10:00 a 13:00 h.  

 Entrarase polo portalón negro (Patio de Suárez) e entregarán os libros nunha mesa habilitada para esta finalidade no patio de columnas.  

 RECOLLIDA DE LIBROS DO ALUMNADO DE 3º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. 

Entregaranse os libros da Biblioteca canda os libros de texto (ao seu titor ou titora).  

 Moitísimas grazas! 

 Equipo de Biblioteca 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020/21 EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA:

TEN ADXUDICADA UNHA PRAZA NO CENTRO EDUCATIVO

A secretaria do CEIP O COTO

ENQUISA DE IGUALDADE DO ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º DE E.P.

ENQUISA DE IGUALDADE DO ALUMNADO  para completar o Plan de Igualdade do Centro.
A enquisa é voluntaria e anónima. Os pais/nais teñen que axudarlle os/as seus fillos/as a cubrila. Só se pode facer unha por alumno/a.   Hai que cubrir tódolos apartados para que teña validez.  Permanecerá activa ata o día 12 de xuño. Ao rematar premer en enviar.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfJHZn6g8zZhWSYnGK1N4hCJ9abA4Ydrpr26CyJc87dCwxMcA/viewform?usp=sf_link

 

Distribuir contido


by Dr. Radut