Estimadas familias:
Os libros do Fondo deberanse entregar forrados o luns 19 de xuño aos respectivos titores e titoras, para a súa revisión e preparación para o reparto no Curso 2017/18.
As familias que compraran libros de 3º a 6º de Primaria, é decir, que sexan da súa propiedade, poderán doalos ao Centro para formar parte do Fondo de libros, se así o consideran.
O venres, 23 de xuño remata o prazo para presentar a solicitude para participar no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material.
A partir do luns, 19 de xuño e ata o 5 de xullo estará aberto o prazo para solicitar os servizos complementarios (Comedor e Transporte). Pódense recoller as solicitudes así como o modelo de autodeclaración para coñecer se están obrigados ou non ao pago polo Servizo de Comedor en Secretaría.
A partir do xoves, 22 de xuño poderase recoller en Secretaría, por parte dos pais, nais, titores legais do alumnado que curse estudos no Centro no Curso 2017/18, a solicitude para actuar como colaborador/a no comedor escolar.
Foi aprobado no Consello Escolar e autorizado pola Xefatura Territorial da Coruña a redución de xornada para o venres, 23 de xuño. Ese día, a hora de saída para todo o alumnado, incluído o alumnado usuario do servizo de comedor e transporte escolar, será ás 13:30 h.
Prégase que non recollan aos nenos/as antes da saída se non é por un motivo xustificado e avisando sempre antes á titora e asinando no rexistro de saídas.
Moitas grazas pola vosa colaboración,
Negreira, 16 de xuño de 2017
A DIRECTORA
María Amparo Mera Fernández