Skip to Content

Monthly archive

ZONA DAS SEMENTES

 

AS NOSAS SEMENTES

Curso 2021-22

 Na nosa zona das sementes cada vez temos máis. Grazas aos talleres de extracción que fixeron os nenos e nenas de infantil e primaria, imos recolectando sementes para poder plantar cando chegue a época.

 Se vos animades a facer algunha destas actividades na casa,en familia, podedes sacarlle algunha fotiño se vos apetece e enviárnola por correo electrónico e nós publicarémolas no blogue de Voz Natura.

EXPOSICIÓN DE ELEMENTOS DECORATIVOS

 

EXPOSICIÓN DE ELEMENTOS DECORATIVOS

Curso 21-22

 

Como xa sabedes, este ano o noso proxecto de centro é Naturalíza-Te, dende Voz Natura temos unha misión moi importante, animarvos  a facer actividades en familia nas que aproveitemos todas as posibilidades que nos da a natureza. Temos dúas peticións:

  •  Esta vez gustaríanos facer unha exposición  de adornos decorativos.  É moi sinxelo, podedes elaborar centros de mesa, xarróns, elementos para o xardín, decoración para portas… empregando na maior parte, elementos naturais coma follas, piñas, paus, noces, troncos…

           Con todas elas faremos unha exposición no corredor principal da         planta baixa. Logo colgaremos un       vídeo que poderedes ver na nosa páxina web do cole.A data límite de entrega é o día 10 de decembro.

           Coma sempre, é voluntario, pero animámosvos a participar e a realizar esta actividade en familia, é              unha forma de reutilizar, reciclar e reducir así axudamos á non contaminación do planeta empregando os elementos que ela mesma nos da.

 

  • Queremos pedivosr unha cousiña máis, como este ano, na horta gustaríanos plantar o máis ecolóxico posible. Pedímosvos sementes, teñen que ser da casa, non merquedes. Podedes mandalas nun sobre ou bolsiña de plástico co nome da semente por fora.

 

Atención á Respiración e á Relaxación Corporal.

2.Atención á Respiración e á Relaxación Corporal. 

Este é o segundo paso para practicar MindfulnessCando xa sabemos identificar a nosa respiración, podemos continuar coa nosa viaxe esta semana prestaremos atención á respiración e á relaxación do noso corpo.

Aquí vos deixamos algunhas propostas para calmarnosestar tranquilos atender á respiración e relaxar o noso corpo.

 

Propostas para Ed. Infantil e 1º Ciclo  

 Relaxación. O Tren da Calma. 9 min

Relaxación. Método de Koeppen. 5:20 min

Relaxación. O Botón da Calma. 3:44 min

 Relaxacións Musculares. 3:40 min
https://youtu.be/J2m56TQoZlM?t=9
 Pequenos estiramentos: 2:45 min  Pequenas Relaxacións: 3:19 min

 

Propostas para 2º e 3º Ciclo

 Relaxación. A Nube. 5:24 min

 Relaxación. O Outono.3:42 min
 Relaxación. O xeo. 10:07 min  Relaxación. Parte Inferior corpo 4:17 min
 Tensar e Relaxar. 8:37 min

 Movementos conscientes: 7:00 min

Mindfulness. Sentido do gusto.

Mindfulness.

O Sentido do gusto.

 Durante a semana do 15 ao 18 de marzo de 2021, atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se saborea, de xeito presente é consciente, para vivir unha expericiencia única degustando algo delicioso. Dende unha posición cómoda e tranquila o alumnado tivo que respirar e vivir  este sabroso momento

Aquí vos deixamos algúns do bos momentos, practicando Mindfulness, coa atención plena no sentido do gusto.

Preme sobre as imaxes para ver o vídeo. 

 

 

 Taste (Mindfulness)

From 15th to 18th of March, we focus on concentrate ourselves in those things that we eat. So our snacks and recess were a perfect moment to seat confortable, relax and enjoy eating some of the delicious things that we brought.

Mindfulness. O Sentido do Tacto.

Mindfulness.

 

O Sentido do Tacto.

Durante a semana do 22 ao 26 de marzo de 2021, atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se toca, de xeito presente é consciente, para vivir unha experiencia única. O alumnado tivo que desprazarse a percibindo o espazo e entorno a través do tacto e o movemento dos compañeiros, anulando outros sentidos importantes para a percepción

Aquí vos deixamos algúns do bos momentos, practicando Mindfulness, con atención plena no sentido do tacto.

 Sense of touch

In order to contiunue with pur Erasmus project, this time, our children must be concious of what they touch. They participated in an activity in which they must orient themselves and move around the courtyard.

Rastrexo deportivo de 2ºB.

Rastrexo deportivo de 2ºB.

O luns día 21 de xuño,  o alumnado de 2ºB levou a cabo un rastrexo por todo o cole. Tiveron que buscar pistas, investigar, ler, descubrir... Toda unha aventura fascinante, na que o pasaron xenial.

 

 

 Harry Potter treasure hunt

On June 21st, 2nd B grade students participated in a treasure hunt where they must to solve puzzle and discover things related with the content of this year. They had a great time and they found the "Chamber of secrets" where a trasure was waiting for them.

PREPARAMOS A TERRA DOS BANCAIS

PREPARAMOS  BANCAIS 

Curso 21-22

A nosa horta vai collendo forma. Viñeron rechear os bancais de terra, pero... precisaba de ser estirada.

Os alumnos e alumnas de quinto ofrecéronse  para deixar algúns listos  e poder transplantar as leitugas que nos creceron do curso pasado.

Gracias granxeiros!

 

 

 

 

 

AS FAMILIAS ANÍMANSE COAS SEMENTES

FOTIÑOS DAS FAMILIAS

Algunhas das nosas familias animáronse a enviarnos algunhas fotos facendo as actividades propostas dende Voz Natura. Neste caso extraen sementes de cabazas e sandías.

Moitas gracias por achegarnos as fotografías!!

 

 

 

 

 

Gustavo Rodríguez e Aida Valiño

Gustavo Rodríguez e Aida Valiño

Día da discapacidade

10 de decembro de 2021.

 

O día 3 de decembro, celebrouse o día da discapacidade. No senso de sensibilizar ao noso alumnado, na diversidade funcional e as capacidades múltiples, estiveron con nós, o venres 10 de decembro Gustavo Rodríguez e Aida Valiño.

O alumnado de 1º e 4º tivo a oportunidade de visualizar, como calquera persoa pode participar nos Xogos olímpicos. Gustavo falounos das distintas categorías que podemos realizar en tríatlon. Contounos que xunto a Héctor Catalá estiveron en Tokio acadando a medalla de Prata. Falamos da natación, da bicicleta e da carreira a pé.

Moitas grazas por deixarnos tan boas sensacións e tantas gañas de practicar deporte.



by Dr. Radut