Skip to Content

Monthly archive

Xornadas de Promocións Deportivas Clubes Deportivos Eurocidade.

Xornadas de Promocións Deportivas 

Clubes Deportivos Eurocidade.

Durante os primeiros días de curso imos recuperar as tradicionais Xornadas de Promocións Deportivas en colaboración cos Clubes Deportivos da Eurocidade de Tui-Valença. O propósito é que o noso alumnado coñeza a oferta deportiva que ten na Eurocidade e poida gozar na mesma.

Aquí vos deixamos o calendario de promocións.

Promoción de Bádminton

Promoción de Bádminton.

O pasado venres 10 de setembro, estiveron con nós Javier, Marisa e Jonathan do Club Bádminton Tui. Contáronnos moitas cousas interesantes sobre o bádminton e invitáronnos a practicalo cando queiramos, no seu club. Moitas gracias.

Aquí vos deixamos información dos lugares e horarios de adestramento.

Promoción de Balonmán.

Promoción de Balonmán.

O pasado luns 13 de setembro estiveron con nós monitores do Clube Balonmán Tui. Con eles xogamos a balonmán no pavillón novo e pasámolo moi ben. Eles ademais son xogadores de balonmán e animáronnos a probar este deporte que a eles tanto lles gusta. Moitas grazas.

 

Noraboa ás gañadoras do sorte de agasallos que levou a cabo o Club Balonmán Tui.

Promoción de Futbol-sala.

Promoción de Futbol-sala.

O pasado martes 14 de setembro, estiveron con nós Xacobe do Club a Quinta Futsal de Tui, e Javi, Alba, Juan e os seus compañeiros do Club Tui Futsal. Eles faláronnos de Fútbol sala, dos equipos tanto masculinos como femininos que teñen nos seu clubes. Tamén nos convidaron a probar os adestramentos. Moitas grazas a tod@s.

Promoción de Baloncesto

Promoción de Baloncesto

O pasado mércores 15 de setembro estivo con nós Samu, Carla e Alejandro do Club Baloncesto Tui. Con eles xogamos a baloncesto e aprendemos o importante que é xogar en equipo. Tamén nos convidaron a formar parte do seu Club.

Moitas grazas Samue e Javi por crearnos ilusión polo baloncesto.

Promoción de Natación.

 

Promoción de Natación.

O pasado mércores 15 de setembro de 2021, tivemos a visita de Juanjo España. Juanjo é monitor de natación nas piscinas de Valença e de Monçao. El explicounos con moito detalle o importante que é aprender a nadar, tan importante coma andar e correr, sobre todo tendo ao Río Miño aquí tan pretiño.

Moitísimas grazas Juanjo por contarnos cousas tan interesantes.

 

PROXECTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2021/2022 DOS CLUBES DEPORTIVOS DE TUI

PROXECTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2021/2022

DOS CLUBES DEPORTIVOS DE TUI.

Aquí vos deixamos información detallada das posibilidades deportivas que nos ofrece o deporte tudense, para que o alumnado do centro se anime a facer actividade deportiva a diario. Unha vida activa é importante para ter unha boa saúde física e mental. ( Preme enriba da imaxe).

Deporte en Tui.

Recepción oficial a Gustavo Rodríguez

Medalla de Prata nos Xogos Paralímpicos

En Tríatlon TPVI xunto a Héctor Catalá.

O pasado mércores día 1 de setembro de 2021 ás 20:00h,  Gustavo Rodríguez foi recibido pola Corporación Municipal de Tui, no salón de sesión, nun acto emotivo para felicitar os seus resultados nos Xogos Paralímpicos de Tokio, sendo guía de Héctor Catalá na proba de Tríatlon.

Ás 8:15h  tivo lugar o recibimento popular na praza do concello, onde tivo unha felicitación especial, de moitos deportistas e tudenses. Entre eles Enrique Miguez que quixo compartir con Gustavo e co alumnado da nosa escola este gran momento, recordando a súa medalla nos xogos Olímpicos dos Ánxeles en 1982.

 Noraboa Campións

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2021-22

NATURALIZAMOS ZONAS COMÚNS CON PLANTAS DECORATIVAS

Curso 21-22

Benvidos a un novo curso, e como non podería ser de outra maneira, reabrimos a nosa horta.

Para as novas familias que pasan a formar parte da nosa comunidade educativa gustaríanos contarlle os innumerables beneficios de ter unha horta escolar, os máis importantes poderíamos resumilos en:

  • Crear lazos afectivos coa contorna.
  • Fomentar o coidado da natureza.
  • Valorar a auga e non malgastala.
  • Traballar en equipo.
  • Fometar unha alimentación sa e equilibrada.
  • Colaborar no desenvolvemento sostible e coidado do planeta.


Por todos estes motivos e moitos máis, gustanos coidar da horta, dende os máis pequenos ata os maiores, todos podemos aportar algo.

Arrancamos con moitas ganas este novo curso, con novas ideas e novas propostas, esperamos que vos guste velas tanto como a nós levalas a cabo.

Aceptamos calquera colaboración e axuda que as familias nos queirades brindar.

Deixámosvos cunhas fotos dos alumnos de cuarto curso naturalizando os espazos comúns con plantas decorativas.

 

 



by Dr. Radut