Skip to Content

Monthly archive

ESTE ENTROIDO PASÁMOLO DE MEDO

 Xa chegou  o Entroido as rúas de Tui e tamén ao noso centro.

Este ano demos moito medo. Houbos que se asustaron e houbos que non, pero todos o pasamos moi ben. 

Estes son uns zombis de 5 anos paseando pola corredoira. Os de 3 anos quedáronse nos ósos.
Estas pantasmas de 1º pretenden asustar a todo o mundo. Estes góticos e góticas son de 2º.
 
En calquer conto de medo ten que haber bruxas, aínda que as nosas  de 4º estaban moi guapas e guapos. Os bonecos diabólicos sempre deron moito medo. Os nosos eran de 3º.
Estes chupasangres son de 5º e parecen sedentos. E vistes algunha vez demos do inferno tan guapos e guapas.

 E tamén estaban eses moteros tan terribles como son "os Anxos do Inferno". O noso director iba en bicicleta que a gasolina está moi cara e hai que aforrar.

               FAI CLICK NO SEGUINTE ENLACE SE QUERES VER FOTOS             http://www.slide.com/r/uJxiMkQs7D-bzLe7qHB2jC3YNHAuQao_?previous_view=mscd_embedded_url&view=original 

TALLERES DE MAQUILLAXE

Durante o pasado mércores día dous de marzo e preparándonos para o Entroido realizouse na educación infantil talleres de maquillaxe. Nestes talleres os ne@s maquillábanse sós e/ou con axuda dos compañeiros e profes e ambientados en tres mundos diferentes, é dicir, houbo tres talleres maquillaxe: de medo, de fantasía e de circo.

De forma que, os talleres estaban repartidos por niveis: as titoras de 3 anos levaban o taller de circo, as de 4 anos o taller de medo e as de 5 anos  o taller de fantasía e con axuda dos profes Meli e Antonio.

Os nen@s dos dous cursos de cada idade (de 3, de 4 e de 5 anos) estaban sempre no mesmo taller en cada unha das tres sesións de maquillaxe e ían rotando no cambio de hora para que todos puideran gozar deles.

 

TALLER DE CIRCO

 

                 

 

 

 

 

TALLER DE MEDO

 

  

 

 

 

 

TALLER DE FANTASÍA

 

  

 

   

 

Preme aquí para ver máis fotos.

RADIO ESCOLAR: O 2 NA ONDA

Dende o curso 2010-2011 xa contamos con radio escolar e despois dunha selección de propostas polos nenos do centro escolar para o seu nome, quedámonos co seguinte:

 

O 2 NA ONDA

 

Que comezou a súa emisión cun programa especial dedicado ao MAGOSTO.

   

 

Posteriormente, en sucesivas conmemoracións, continuarase con varias emisións dedicadas a elas.

 

E no centro, na entrada de secretaría, sitúase este buzón da radio escolar onde toda a comunidade educativa poderá depositar nela suxerencias de calquera índole para as nosas emisións.

NOVAS DA RADIO ESCOLAR

Visita nen@s de 6º Primaria do CEIP Nº1 ao noso cole

 

 CLIC AQUÍ

 

ACTIVIDADE - APERTAS

  • APERTAS NA CORREDEIRA

Actividade feita o 31 de xaneiro e proposta dende Normalización, despois de gozar da sesión de maxia(organizada pola AMPA), fomos cunha pancarta que iniciaba o desfile  e que amosaba que REGALABAMOS APERTAS. Tamén, fomos cos nosos colares co lema de DAME UNHA APERTA e dirxímonos á corredeira onde soltamos globos, vimos soltar a pomba branca, símbolo da paz, e regalamos apertas.

As apertas foron de varios tipos: grupais, de osos, de bocadillo, de meixelas, de ás, de costado, de lombo, etc.

Podedes ver máis fotos destas apertas premendo en APERTAS e en GALERIAS

        

CONCURSAMOS NA TELE

 

   
   
 

   

 

 

 

 

TALLERES COEDUCACIÓN

 

No comenzo do mes de novembro e con motivo da Campaña  Relación Home-Muller 100% positivo organizada polo Concello, participamos en Talleres de Coeducación que montamos no ximnasio. Habiía varios talleres, todos divertidos, polos que ibamos pasando en grupos axudados polas monitoras.

 

   
 Taller de Cociña poñendo a mesa   e despois recolléndoa
   
 Taller da roupa, pranchando e dobrando a roupa  No taller de limpeza
   
 No taller de bricolaxe  Taller das camas.

 

 O mesmo tempo, os nenos e nenas de 6º fixemos fotos de todos os talleres para participar nun concurso de fotografía que organizaba o Concello. O noso cole  mandou 20 fotos coas que conseguíu o 2º premio que ademáis do diploma, consiste nunha viaxe polo río Miño.

 

   
 Entrega de premios cos outros coles premiados.  Unha selección das nosas fotos.

 

 

ENQUISAS ÁS FAMILIAS

A proposta do Consello Escolar, no mes de novembro enviouse a tódalas familias dúas enquisas co fin de recoller datos sobor de 2 temas:

  1. Interés das familias por un novo servicio no centro, concretamente pola posibilidade de iniciar unha aula de tarde a partires das 16:00 h ata as 18:00 h co fin de facilitar a vida laborar e familiar.
  2. Preferencia das familias no caso das vacacións de Semana Santa. Así preguntamos por si prefiren ter as vacacións como o resto dos concellos ou prefiren o cambio.

Os resultados das enquisa son os seguintes:

AULA DE TARDE

 

 GRUPO   NON PRECISA             PRECISA ALGÚN DÍA A SEMANA  PRECISA TODOS OS DÍAS DA SEMANA 
3 ANOS A 10 4 2
3 ANOS B 9 4 1
4 ANOS A 10 4 1
4 ANOS B 7 2 1
5 ANOS A 8 5 1
5 ANOS B 17 7
1º A 13 5 0
1º B 10 4 0
1º C 14 1 0
2º A 10 3 1
2º B 9 2 2
2º C 7 4 1
3º A 14 4 1
3º B 14 2 1
4º A 19 1
4º B 15 2 0
4º C 19 1 0
5º A 18 3 0
5º B 20 1 0
6º A 16 0 0
6º B 12 3 1
6º C                         12 5
PARTIC/% 286      77;3 % 71           19,2 % 13                    3,5 %

 

 

 

CAMBIO DE VACACIÓNS SEMANA SANTA 

 

 GRUPO   COMO O RESTO DE GALICIA  CAMBIO CON SAN TELMO
3 ANOS A 4 12
3 ANOS B 5 9
4 ANOS A 2 13
4 ANOS B 2 8
5 ANOS A 1 14
5 ANOS B 3 21
1º A 5 13
1º B 2 12
1º C 7 8
2º A 2 12 
2º B 0 13
2º C 4 9
3º A 1 18
3º B 4 13
4º A 20
4º B 3 14
4º C 7 13
5º A 6 15
5º B 7 14
6º A 1 15
6º B 4 12
6º C 2 15
PARTIC/% 74                     19,9 % 297                  80,1 %              

 

Polo tanto, podemos observar que as familias prefiren o cambio de vacacións, e no caso da aula da tarde, hai un interés por unha parte das familias, quedando á espera das posibles ubicacións.



by Dr. Radut