Skip to Content

Monthly archive

O OUTONO en Infantil

Os nen@s de Infantil traballaron dende o inicio de curso O OUTONO, na que estiveron lembrando e aprendendo todo o relacionado con el. Os nen@s trouxeron e foron vendo que froitos teñen lugar nesta época do ano, o que sucede nesta estación, que postres típicos se poden facer cos produtos típicos de outono, cancións, refráns, manualidades e outras actividades desta estación recollidas nos seus cartafois de traballo de clase.

 


           

 

                                         Os nen@s facendo "barcos" con froitos de outono

 

     

Exposición e degustación dos froitos típicos de Outono

 

NOTA: Grazas ás familias pola vosa colaboración neste proxecto

Fotos en GALERÍA: CLIC

Lectura poemas de Faustino Rey Romero

O día no que se celebrou o Magosto tivo lugar a lectura de poemas de Faustino Rey Romero en Radio TUI.

Algúns nen@s de 6º foron os encargados de facelo en representación do cole. Pasáronno moi ben e tiveron a experiencia de participar nun programa de radio local e de ver o seu funcionamento.

 

 

Poemas de Rey Romero

ConCienciArte

Blog ARCE. Para ve-lo blog fai clic na imaxe

 

Actividades

 


SAMAÍN

  

MAGOSTO

NADAL

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

Coreografía SAMAÍN 2º a 6º Primaria

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo

A auga caía a chuzos

e os lóstregos a metros

Óese dentro un barullo

de alaridos e lamentos

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo

Bule, bule, bule, bule

Bailan, bailan os espectros

Bailan, bailan esqueletes

Sapos, monstros e morcegos

Bailan, bailan as pantasmas

Monstros, bruxas e curuxas

Bule, bule que aínda é cedo

E hoxe toca pasar medo.

 

AVISOS DEPORTE ESCOLAR

DEPORTE ESCOLAR 

CAMPIÓNS TUDENSES

O pasado luns 21 de outubro os nen@s de 1º ciclo de Ed. Primaria e de Infantil fomos ao pavillón vello xunto con nen@s doutros coles a recibir e homenaxear ós dous nosos campións do mundo en piragüismo e maratón. Trátanse de Manu Garrido e Iván Alonso.

 

Manu Garrido, campión do mundo de piragüismo en Singapur          Iván Alonso, 5º clasificado do mundo de maratón

 

Recibiron a visita do alcalde de Tui, que tamén os felicitou.

Entregáronnos tarxetas deles e moitos conseguimos que nola firmarán do seu puño e letra.

    

Preme aquí para ver máis fotos

A PAZ

En relación con esta conmemoración participamos en diversas actividades: 

  • SEMANA DA COCIÑA

A semana do 24 ao 29 de xaneiro celebrouse a semana da cociña, no que tamén participou Infantil, e en colaboración coas familias, xa que viñeron pais e nais dos alumnos do cole a falarnos do seu país, a amosarnos a súa bandeira e a ensinarnos receitas típicas destes países. Receitas que eles mesmos prepararon e cociñaron e que logo nós, probamos.

      

    

     

 

  • APERTAS NA CORREDEIRA

Logo, o 31 de xaneiro despois de gozar da sesión de maxia, fomos cunha pancarta que iniciaba o desfile  e que amosaba que REGALABAMOS APERTAS. Tamén, fomos cos nosos colares co lema de DAME UNHA APERTA e dirxímonos á corredeira onde soltamos globos, vimos soltar a pomba branca, símbolo da paz, e regalamos apertas.

 

     

    

 

 

 

El hombre de cromagnon- Proyecto PREHISTORIA

PROXECTO - PREHISTORIA

Con este video presentamos o que vai o ser o último proxecto en Educación Infantil neste presente curso 2010-11.

Contén unha canción, titulada EL HOMBRE DEL CROMAGNON.

De forma que, xa iremos informando do que se vai facendo, como no proxecto dos dinosaurios.

Mentres tanto,  agradécese ás familias pola súa colaboración na recollida de información que recibimos a través dos nosos nen@s e que comentades previamente con el@s.

Xa temos na nosa disposición información extraída na internet, enciclopedias, dvd e ata unhas lanzas feitas a man e moitas cousas máis que iremos recibindo.

 

Grazas!!!!

Sorry, flash is not available.



by Dr. Radut