Skip to Content

Monthly archive

NORMAS BIBLIOTECA ESCOLAR

 

NORMAS DA BIBLIOTECA

 

-Gardar silencio ou falar moi baixo para non molestar a quen alí se encontre.

-Andar a modiño.

-Non levar bebidas nin alimentos.

-Respectar os materiais.

-Utilizar os marcadores correctamente para evitar descolocar os diversos materiais.

-Non se poderá sacar ningún material da biblioteca se non se anota o préstamo no ordenador.

-Devolver o material no prazo indicado ou facer unha renovación de préstamo.

-Os mestres e mestras poderán coller os materiais que precisen, previa anotación do préstamo, ben para uso particular ou como biblioteca de aula.

-Os dicionarios e enciclopedias non se prestarán.

-Os materiais prestados deben devolverse no mesmo estado no que se sacaron.

-As encargadas e encargados deben ser puntuais e non faltar a súa quenda.

-As encargadas e encargados deben estar identificados. É obriga de todas e todos o coidado do material, así como manter a biblioteca limpa e ordenada.

-Tres ordenadores da biblioteca serán para tarefas escolares do alumnado.

-Deixar todo ordenado antes de saír.

 

HORARIO BIBLIOTECA

HORARIO DE PRÉSTAMOS

Durante o recreo a biblioteca estará aberta para a lectura libre, o préstamo de libros, realización de traballos, consulta  e estudio.


HORARIO DOS GRUPOS CLASE (SESIÓNS  DE TRABALLO)

Cada grupo clase ten asinada  unha hora de biblioteca para realizar actividades de animación á lectura e para facer diversas investigacións.


HORARIO NON LECTIVO (TARDES)

A biblioteca do centro funcionará de luns a venres de 16:00 a 18:00 horas como servizo de préstamo, sala de lectura, lugar de estudo persoal, de realización de traballos e para buscar información. Nesta banda horaria tamén poden acudir as familias, ben a ler a prensa ou a colaborar cos seus fillos.

O profesor de garda velará polo cumprimento das normas.

ORGANIZACIÓN DOS FONDOS

A biblioteca está incluída no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e emprégase o programa MEIGA para a súa xestión.


Adoptouse a CDU, para que ao alumnado lle sexa máis práctico e sinxelo atopar os libros ou devolvelos da biblioteca.


De forma resumida explicamos ditas adaptacións.

Desta CDU respectouse os números 0, 1, 2 e 7 e modificouse o 3, 5, 6 e 9 que etiquetamos como CM (Coñecemento do Medio).

O número 8 está clasificado por xénero literario (T =Teatro, P= Poesía, BD= Banda deseñada, N= Narrativa) e, neste ultimo caso, pola lingua na que están escritos: NG ( Narrativa en galego ), NC ( Narrativa en castelán ), NI (narrativa en inglés), NP (narrativa en portugués).


Todas as etiquetas son de cor branca, agás as de coñecemento do medio que son  verdes.

Sobre as etiquetas colocouse  un adhesivo circular que indica para que idade está aconsellado.

Estas cores son:

                                               Azul: Prelectores

                                               Vermello: Primeiros lectores

                                               Verde: Lectores autónomos

                                               Amarelo: Lectores expertos

               

Ditas etiquetas teñen tres partes:

 

1ª liña: Unha ou dúas letras que indican o xénero ao que pertence o libro e o indicativo do idioma no que están escritos (só no caso da narrativa).

2ª liña: Tres letras maiúsculas que indican as tres primeiras letras do apelido do autor.

3ª liña: Tres letras minúsculas que fan referencia ao título da obra.

 

Os libros están colocados nos estantes distribuídos en varias zonas:

-Narrativa para Infantil e primeiro ciclo

-Narrativa para o segundo e o terceiro ciclo

-Enciclopedias e dicionarios

-Poesía e teatro

-Coñecemento do medio

-Zona de adultos

-Plástica

-Libros de edición propia

 

Dentro desas zonas están colocados por orde alfabética de autores, e finalmente por títulos.

               

Os CDs e DVDs están situados nos estantes dunha sala do edificio administrativo no que tamén creamos unha biblioteca profesional. O material informático está basicamente na aula destinada a este fin.

DISTRIBUCIÓN DE ESPAZOS

 

A nosa biblioteca ten unha distribución por zonas:

 

-Zona para primeiros lectores con alfombra e mesas e cadeiras pequenas

-Zona para lectores intermedios ou avanzados, con mesas para ler, consultar ou traballar

-Zona de adultos, para as familias

-Zona de presentacións de novidades

-Zona para os libros de edición propia

-Espazo multimedia, con varios ordenadores e zona de proxeccións

-Zona de tarefas bibliotecarias: préstamos e xestión

-Zona de revistas

-Zona de xogos de mesa

       

 


BIBLIOTECA ESCOLAR

A biblioteca escolar

do “CEIP Nº 2 de TUI”

 

 

 

A nosa biblioteca é un lugar “ moi especial ” do colexio.

Considerámola como un centro de recursos, dinámico e activo, que…

 

Dota de contido académico e cultural a todas as actividades transversais que celebramos.

Serve de apoio ao desenvolvemento do currículo facilitando o acceso a información en distintos soportes.

E fomenta a lectura.

 

 

 

É para todos nós (profesores/as e alumnos/as) un lugar de encontro, de sosego e tranquilidade que nos permite gozar da aprendizaxe que nos brindan os seus fondos e no que podemos realizar tarefas escolares, gozar da lectura, obter información, compartir un xogo de mesa cos nosos amigos ou amigas...

 

 

Queremos que a nosa biblioteca cumpra un papel esencial no proceso de ensino e aprendizaxe, proporcionando estratexias aos seus usuarios/as para a propia formación e a creación de hábitos lectores.

 

A contInuación, amósase cada un dos apartados de interese da BIBLIOTECA. Só terás qe facer clic para acceder a súa información:

 

 

EQUIPO DE BIBLIOTECA

 

 

NORMAS

 

HORARIO

 

DISTRIBUCIÓN DE ESPAZOS

 

 

ACTIVIDADES

 

USUARIOS

 

ORGANIZACIÓN DOS FONDOS

 

 

BIBLIOTECA DE AULA

 

NÚMEROS DE BIBLIODOUS

---------------------------------------->

 

Nº 1 Nº 2 Nº 3

CARTEL 1 EURO POR KM

1 EURO POR KM S.O.S

CUERNO DE AFRICA

PROXECTO 1 EURO POR KM PRETENDE DAR A VOLTA A ESPAÑA CORRENDO POR RELEVOS RECADANDO FONDOS PARA AXUDAR Á LOITA  CONTRA A FAME E DENUNCIAR O ABANDONO E NEGLIXENCIA DOS GOBIERNOS ANTE A MAGNITUDE DA TRAXEDIA.

A GUARDA-LALÍN-OURENSE-VERIN

1ª ETAPA. 15,9 KM, A GUARDA-TOMIÑO (N-552)

DOMINGO 16 DE OUTUBRO. SAÍDA 11h DENDE A ALAMEDA

2ª ETAPA. 15,2 KM TOMIÑO-TUI (N-552)

LUNS 17. SAÍDA A LAS 11h PRAZA DO CONCELLO DE TOMIÑO

3ªETAPA. 15,3 KM TUI-PORRIÑO (N-552)

MÉRCORES 19. SAÍDA 11h PRAZA DO CONCELLO DE TUI

4ª ETAPA. 15,4 KM PORRIÑO-REDONDELA (N-552)

XOVES 20. SAÍDA 11h  PLAZA DO CONCELLO DE PORRIÑO

5ª ETAPA. 19,3 KM REDONDELA-PONTEVEDRA (N-550)

SABADO 22. SADA 11h PRAZA DO CONCELLO DE REDONDELA

6ªETAPA 21,4 KM PONTEVEDRA- CALDAS DE REIS (N-550)

DOMINGO 23. SAÍDA 11h

7ª ETAPA 18,9 KM CALDAS DE REIS-A ESTRADA (N-640)

MARTES 25.  SAÍDA 11 h  PRAZA DO CONCELLO CALDAS DE REIS

8ª ETAPA 23,9 KM A ESTRADA-SILLEDA (N-640)

MÉRCORES 26. SALIDA 11h  PRAZA DO CONCELLO DA ESTRADA

9ª ETAPA 13,5 KM SILLEDA-LALIN (N-525)

VERNES 28 DE OCTUBRE. SAÍDA 11h PRAZA DO CONCELLO DE SILLEDA

CHEGADA SOBRE AS 12:30 AL STAND INSTALADO NO CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS DE LALIN ONDE SE FARÁ ENTREGA DO TESTIGO A CORREDORES LALINENSES E DARASE A SAÍDA Á PRÓXIMA ETAPA

10ª ETAPA  127,9 KM LALÍN-OURENSE-VERIN

VERNES 28- SABADO 29 DE OUTUBRO. SAÍDA DENDE O CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS

INSCRIPCIONS: armandoverde9@yahoo.es y danibodano@hotmail.com tlf 626593237

1 EURO POR KM. SOS CUERNO DE ÁFRICA

O Ceip Nº2 de Tui participou o día 17 de outubro na xornada organizada polo Concello de Tui e xunto co Cra Clara Torres na  campaña:

 

1 EURO POR KM S.O.S

CUERNO DE AFRICA

  

Este proxecto 1 euro por km pretende dar a volta a España correndo por relevos recadando fondos para axudar na loita contra a fame e denunciar o abandono e neglixencia dos gobernos ante a magnitude desta traxedia.


 O cole indo cara á catedral

 

Participaron nesta xornada os Alumnos de 4º, 6ºA, 5ºC, 5ºB e 5ºA que recibiron e  acompañaron aos corredores dende o Centro Interfederado ata a Catedral.


Na rúa Sanz o alumnado de 1º e 2º recibiría aos corredores e aos seus compañeiros acompañándoos seguindo con eles ata a catedral tamén, donde tivo lugar o recibimento dos corredores polas autoridades locais, e onde soou o Waka Waka do mundial simbolizando a Africa.

 

 

Os nenos de 1º ciclo do cole

 Os corredores co alcalde  

 

O cole na catedral cos corredores

 


VER CARTEL 1 EURO POR KM.  Clic

Ver máis fotos. Preme Clic

Actividades Complementarias

 

MAGOSTO

 

 

NADAL

 

 

PAZ

 

 

 ENTROIDO 

 

 LETRAS GALEGAS   FIN DE CURSO 

 

 

 

 

Normalización Curso 2018 - 2019

Actividades para o Samaín.

Polo Samaín



by Dr. Radut