Skip to main content

ACTIVIDADES

Contos para pasalo de medo

Por aquí xa andamos en temática de Samaín...  e, neste caso, foi o alumnado de terceiro o que tivo a sorte de asistir a un contacontos financiado a través da biblioteca municipal: Contos para pasalo de medo a cargo de Carmen Domech!

 

 

Representando obras

Seguimos traballando con grandes textos de escritoras galegas... neste caso, a aula de 4ºC acudiu á biblioteca na hora de ler para representar "A casa de había unha vez" escrito por Ana María Fernández.

 

 

 

 

Aprendemos cós Bolechas sobre o 112

Hoxe a clase de 2ºA traballou sobre o 112 cós Bolechas nunha das salas da nosa biblio, aproveitando as novas gradas!

 

 

 

E ao rematar... un agasallo xenial: dous libriños para seguir coñecendo sobre o servicio tan importante que da o 112 e cómo empregalo!

 

Bodyplanet. Aprendendo sobre o corpo humano

Xa empeza a encherse a biblio de alumnado de novo... Nesta ocasión, a clase de 2º de Primaria empregou o Bodyplanet que forma parte da Biblioteca creativa para traballar sobre o corpo humano dun forma moi amena a través da realidade aumentada! O pasaron en grande!

 

 

 

19 de outubro, día das escritoras

O 19 de outubro celébrase o Día das Escritoras e pola nosa biblioteca xa temos novas adquisicións preparadas para celebralo! En breves vos contamos mais sobre estes libros tan chulos e as súas autoras! Guiño

 

DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUAS

Dende o Ceip Nicolás del Río, queremos celebrar o día Europeo das Linguas, resaltando a riqueza lingüística e cultural presente na nosa comunidade educativa. Porque todas as linguas contan.

 

Benvida biblioteca escolar "Carlos Labraña"

Posted in

Benvida dende a "Biblioteca Carlos Labraña" para este novo curso 2020/21.

Ola, dende o equipo de dinamización da biblioteca escolar damos a benvida a todo a comunidade educativa do noso centro educativo. Neste curso tan complicado, marcado polas adaptacións ao protocoloco do Covid-19, queremos compartir unas pautas xerais reflexadas no noso protocolo da biblioteca. 

Un saúdo e vémonos neste blog, no facebook e no twitter da nosa biblioteca. 

Día das Artes Galegas, 1 de abril #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Queremos celebrar o Día das Artes agradecendo a Diego Cheda Bustabad outro dos seus deseños.

Nesta ocasión Percebín nos traslada unha mensaxe positiva cara a situación que estamos a vivir.

Para celebrar este día dende a Biblioteca Carlos Labraña propoñemos a realización

de mándalas con obxectos que teñamos no fogar (procurade non usar comida).

Aquí deixamos unha idea e unha entrada dunha actividade con mándalas do curso pasado.


Agradecemos enviedes fotos ou vídeos coas vosas creacións aos seguintes enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 Engadimos a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares para afondar no coñecemento de Domingo de Andrade.

Cidade da Cultura

 

 

Karaoke polo Medio Ambiente! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Hoxe toca Karaoke coa voz de Pakolas.

Imos mover o esquelete con Naturizo.

Canción para a serie de contos de Naturizo, da editorial Linteo.

Naturizo é un gran defensor da natureza.

É unha cria de ourizo da Serra de San Mamede.

No pdf podes descargar os debuxos para colorear.

Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Un mércores calquera na hora do recreo isto estaría a acontecer...

E isto voltará a suceder, pero polo momento, imos facer unhas propostas para reciclar, facendo manualidades dende a casa.

 1º- Quebracabezas con vasos ou tapas: Dálles cor ás tapas, rolos de papel hixiénico,

vasos de iogur ou outro material de refugallo, monta 2 taboleiros coas 3 cores que escollas… e toca enredar un pouco. 

É unha proposta de Olga Patiño Abeixón.

2º "Orig Melra" Poesía e origami da man de Victor Rodríguez.

No tempo de botar o liño,
agachado na silveira,
canta o melro melriño
a vida da Primaveira.

Se chove, chove amodiño
sobor da flor das cerdeiras.
¡E o melro, melro, melriño
canta de moitas maneiras!

Poema de: Manuel María (Terra Chá, 1954)

Música: “Brincadeira” de Begoña Riobó e Xosé Liz

Ambas publicacións de Aulas Galegas.

Podedes compartir as vosas creacións a través de:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

21 de Marzo - Día da poesía Aulas no aire. Eu aprendo na casa. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

O pasado 21 de marzo celebrouse o día da poesía. As aulas de cinco anos,

coa axuda das novas tecnoloxías,

traballaron sobre un poema de Antonio García Teijeiro.

O país das bolboretas.

Karaoke polos servicios básicos! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Hoxe toca Karaoke.

Que vos parece cantar para agradecer?

Gracias a todos e todas: doutoras, enfermeiros, celadoras, anestesistas, persoal de limpeza,

caixeiros, tendeiras, panadeiras, mariñeiros, peixeiros, carniceiras,

agricultoras, camioneiras, bombeiros, policias... por todo o que estades a facer.

Isto vai por vos!

Podcast Día da Muller 8 M

Desta volta cinco rapazas dos Vagalumes empodéranse e

realizan un podcast para explicarnos porque celebramos o 8 de marzo.

Comentan accións e actitudes para conseguir a igualdade.

Aínda queda moito por facer, pero aquí vai a súa aportación!

Marina como moderadora da entrevista, Noa, Sara, Elena e Marta entrevistadas.

Dende as Bibliotecas Escolares colaboramos co Concello de Cedeira no préstamo de fondos relacionados con esta temática.

Noticia Concello

 Por todas!

Mulleres na ciencia. Material para traballar na aula.

 

RECICREA!

Exposición dos traballos do noso alumnado para o Recicrea.

Agora viaxarán para a exposición no Ies Punta Candieira e a posterior decisión do xurado.

Moita sorte a todas e todos!

 

Chega o composteiro!

Unha das medidas dentro do proxecto de medio ambiente "Contra o cambio... eu cambio. E ti?"

foi a solicitude dun composteiro ao Concello de Cedeira.

Aqui realizando a sua montaxe.


Na vindeira semana todo o centro poderá darlle uso.

Noticia reparto composteiros.

Podedes documentarvos no seguinte pdf.

 

 

Aprender a investigar en 4º

O alunado de 4º de primaria na súa asignatura Aprender a investigar, programa os Mbots dende os ipads

para que realicen diferentes percorridos, acendan ou apaguen luces das cores asignadas na actividade... etc.

A tecnoloxía está en todas partes e as bibliotecas temos que ensinar a ler nos diferentes códigos que se presentan.

A motivación está asegurada.

 

STEAM OBRADOIRO "Argalla a túa letra"

Neste primeiro trimestre, no Espazo Argalleiro, mantivemos un obradoiro semanal para traballar a nosa competencia STEAM. O alumnado de primaria argallou con cravos e madeira o deseño da letra inicial do seu nome, tendo presente o libro escrito por Pablo Otero, "ABC diario".

Este obradoiro xurdiu tras a asistencia ás Xornadas de Biblioteca Creativa que leva a cabo a Asesoria de Biblioteca Escolares de Galicia e nas que gozamos dun obradoiro de creación co mencionado ilustrador.

Agradecer a José Antonio García a madeira de soporte para este taller.

SAN XOÁN "De festas pola vila!"

O alumnado de 2º A e de 1º de Bacherelato despiden o proxecto "De festas pola vila!" coa celebración do San Xoán. Unha data cargada de aromas e flores e que deixa pegadas, lazos e emocións en todos os que nel participaron.

AGASALLANDO Á BIBLIOTECA

Este ano o PLAN LÍA trouxo moitas melloras á nosa Biblioteca Carlos Labraña. O alumnado viviunos con ilusión, axitación e involucrándose neles. Tanto é así que temos que agradecer enormemente as aportacións das familias de Morena (que trouxo unhas colecións de enciclopedias fabulosas que xa están catalogadas e a disposición da comunidade escolar), de Lucía Bellas que engalanou a entrada cun fermoso reloxo de Percebín feito a man e de Emily que proporcionou unha manchea de xogos de mesa para pasar o tempo de recreo.

 

Distribuir contido