Skip to main content

Decembro 2020

UN DESEXO DE NADAL - RADIO ANUNCIO

Unha época para estar en familia, pero azoutados por unha pandemia que nos afasta.

O alumnado de 1º de primaria: Esquíos, Duendes e Vagalumes queren quentar os corazóns

da vila mandando un desexo de Nadal.

Canción de fondo: RUDOLPH THE RED NOSED REINDEER CON GAITA!! tocada por Antonio Rodríguez Bustabad

E agasallar os oídos das cedeiresas e cedeireses cun programa especial de Nadal,

do seu programa "O pregoeiro da Vila".

Para a súa realización recolleron documentación nunha ficha:

como vivían as festas avoas e avos, familias con comercios e datos,

asociacións relacionadas co noso alumnado...

É un programa longo para escoitar mentres tomas un chocolate con churros,

pretende informar de como serán as festas na nosa vila nestes tempos tan delicados.

Mestura entrevistas, anuncios realizados pola rapazada, música e o Nadal de sempre.

Agradecemos a colaboración de todas e cada unha das persoas que se brindaron a ofrecernos datos e entrevistas.

Por e para Cedeira unha actividade de aprendizaxe e servizo.

Que o amor invada o corazón de todas e todos os Discalzos e Discalzas.

 

Collage dos debuxos do alumnado con fondo dunha fotografía das vistas dende a aula.

Programa Canva

Recomendacións lectoras nadal 2020/21


Coidemos o planeta!

Estes días as aulas de sexto tiveron unha visita moi especial: viñeron ao cole unha bióloga e unha mariscadora para falarnos da limpeza de praias que están levando a cabo na nosa zona. Contáronnos que están atopando moito plástico e lixo por iso é moi importante que todos e todas colaboremos para coidar o planeta e conseguir así un mundo mellor. Con xestos simples comas as 3R (reducir, reutilizar e reciclar) podemos poñer o noso pequeno gran de area!

 

MES DA CIENCIA - PATIOS VIVOS E INTERACTIVOS NA BIBLIO!

Polo Mes da Ciencia, as actividades dos Patios Vivos e dos interactivos da biblioteca,

dos Vagalumes de 1º estiveron organizados en torno á ciencia.

Nos Patios Vivos fixeron: construción de barcos e comprobaron a súa flotación,

creación de papaventos, amasaron terra e a converteron os tortas, plantaron sementes, xogaron ás canicas...

 

Na biblioteca, nas sesións de interactivos (que pola situación que vivimos non pode celebrarse con familias),

reflexionaron e reflexaron algúns dos descobrementos, pero tamén fixeron mezclas de cores,

dobraron camisetas, inventaron unha pista para vehículos, compararon pesos, crearon figuras...

Na praia voaron papaventos, no Día da Infancia, e tamén aproveitaron a probar o mar, sentir as ondas.

Aquí un vídeo coa experiencia resumida.

Xa temos voluntariado na biblio!

Na nosa biblio hai moito que facer polo que a labor dos voluntarios e das voluntarias é fundamental! Estes días están aproveitando para formarse e ir familiarizándose con algunhas das funcións máis relevantes que terán que facer coma bibliotecarios e bibliotecarias: facer os préstamos, catalogar algunhas das moitas novidades que están enchendo os estantes (coma unha colección enteira de Harry Potter!!)... e a verdade é que o están facendo xenial!!