Skip to main content

Maio 2019

PODCAST "A VIDA DIARIA NO CASTRO SARRIDAL"

O alumnado dentro do seu proxecto intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial, tamén traballou a alimentación e a vida diaria nun castro, no noso Castro Sarridal. Este podcast participou no I Concurso de podcast organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Parabéns a ela, por promover este tipo de concursos.

Agradecer a participación de Quique Vazquez  (o noso Bardo), o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato, ao alumnado de 6º C, e aos Vagalumes por levarnos co radio teatro a "A vida diaria no Castro Sarridal".

RADIO ONDA DISCALZA, PARABÉNS!

Parabéns á emisora de radio "A Onda Discalza", da Biblioteca Escolar Punta Candieira, polo premio no I Concurso de Podcasts do programa Radio na biblio que convocou a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Este podcast forma parte dun traballo por proxectos intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial no que participan os Vagalumes de 3º A e o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato.

Agradecer ás avoas lavandeiras, ás Aturuxeiras, a Andy Cedeira, a Quique Vazquez, aos técnicos da Onda Discalza, a Beatriz Leonardo Labraña, a Elsa López, a Paulo Montouto Sound Machine. Por suposto ao alumnado, aos mestres implicados e á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia pola oportunidade.

Sen todos vós, isto non sería posible. Por moitas máis!

DIFUSIÓN NO DIARIO CULTURAL

 RADIO GALEGA

 

XORNADA DE RAPETA

O ALUMNADO DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO RECIBE INFORMACIÓN SOBRE A PESCA, O MUNDO MARIÑEIRO E

EN CONCRETO SOBRE A ARTE DA RAPETA NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

AGRADECIDOS POR FORMAR PARTE DO PLAN "QUERO SER MARIÑEIRO. QUERO SER MARIÑEIRA" ORGANIZADO POLO MUSEO DO MAR DE CEDEIRA.



 

 

EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA EN INGLÉS

O ALUMNADO DE 3º, 5º E 6º REALIZA DIVERSAS ACTIVIDADES PARA MELLORAR A SÚA EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA EN INGLÉS.

ESTA É UNHA PEQUENA MOSTRA.

 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA - STEAM

O ALUMNADO XA COMEZOU A GOZAR DOS OBRADOIROS DE ROBÓTICA NESTE TERCEIRO TRIMESTRE.

ESTADE ATENTOS A CANDO VOS TOCA!

Unha pequena mostra da semana pasada...

 


 

WONDER - LECTURA EN VOZ ALTA

O ALUMNADO DE 4º REALIZOU DURANTE O 1º E O 2º TRIMESTRE LECTURA EN VOZ ALTA DO LIBRO WONDER.

UNHA VEZ REMATADO CADA UN VISIONOU A PELÍCULA.

CASTRO SARRIDAL - PROXECTO PATRIMONIO INMATERIAL

O alumnado de 3º A (os Vagalumes) e de 1º de Bacherelato de Antropoloxía continúan Co seu proxecto sobre o Patrimonio Inmaterial. Nesta ocasión, as rapazas e rapaces de 6º C, inician aventura e participan no proxecto. Como todo en Galicia, comeza falando de comida, así que a gran pregunta era...É que comían os castrexos? Despois de moito investigar, reflexionar e sacar conclusións, deciden visitar o Castro Sarridal e resolver todas as dúbidas que aínda quedaran sen resolver.

As Bibliotecas Escolares estamos moi ledas e agradecidas pola participación brindada por María Xosé (Conselleira de Cultura, Licencia en Xeografía e Historia) por acompañarnos e brindar as primeiras documentacións, a Quique Vázquez por estar sempre activo e presente, a Emilio Ramil e ao seu equipo de arqueólogos e arqueólogas, que responderon as mil e unha preguntas dos pequenos e pequenas, ás familias por gozar e participar no traballo sacando ese neno/a que todos levamos dentro e en especial a Andy, o pai dunha alumna se encargou da parte técnica e fixo esta fermosa montaxe.

 

VOLUNTARIADO DE 5º E 6º

O NOSO EQUIPO DE VOLUNTARIOS!

GRACIAS CHICAS E CHICOS POR AGASALLAR CO VOSO TEMPO Á BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA!