Skip to Content

libros

O DÍA DO LIBRO

Chegou o día 23 de abril, un día moi importante xa que celébrase O Día do Libro, eses

pequenos recunchos que permítennos voar, imaxinar, aprender e vivir moitas aventuras

grazas ás historias que enchen as súas páxinas. 

Por isto, todo o cole creou o libro "Chispín vai de Arte en Arte para

emocionarte". Un libro que ten 9 capítulos e que foi creado polos 9 niveis que ten

o cole, dende os máis pequenos ata os máis maiores. Nel Chispín vai percorrendo as

distintas modalidades da arte, descubrindo moitas cousas sobre elas.

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

O pasado día 24 de outubro celebrouse o Día Internacional da

Biblioteca,unha celebración moi especial porque, estes

espazos cheos de maxia permiten que, escollendo un dos

libros que enchen os seus andeis, podas vivir unha aventura

única a través da túa imaxinación.

Isto os nosos alumnos o saben ben, é por iso que dende o

centro elaboramos o "Geniallibro do Ceip Nazaret", donde

recolléronse os libros e contos favoritos dos nenos ademais

dalgunha cita literaria dos mesmos que fixo que a súa lectura

cobrara, dun xeito ou outro, un especial significado para eles. 

 

 

Distribuir contido



by Dr. Radut