Skip to Content

Actividades.

FORMAS XEOMÉTRICAS...

ESCOLLEMOS UNHA COR DIFERENTE PARA CADA FORMA...POR EXEMPLO...

CÍRCULO- VERMELLO.

CADRADO- VERDE.

TRIÁNGULO- LARANXA.

RECTÁNGULO-ROSA.

 

DESPOIS CONTAMOS CANTAS FORMAS IGUAIS HAI.

 

PINTAMOS MANDALAS!!!

PODEDES DECORAR OS DIFERENTES DEBUXOS POUCO A POUCO MENTRES ESCOITADES MÚSICA RELAXANTE. LEMBRADE QUE NON É PRECISO FACELO TODO DUNHA VEZ.

PINTAMOS PEDRAS!!!

APROVEITANDO O BO TEMPO, BUSCAMOS PEDRAS PARA PINTAR. PODEDES DEBUXAR CARAS, ANIMAIS, PANTASMAS...

RESOLVEMOS LABIRINTO E MONSTRO!!!

LABIRINTO SECRETO!!

RESOLVEMOS UN LABIRINTO PARA SABER QUE FROITA COMERÁ PEPE. 

CARACOL COL COL SACA OS CORNOS Ó SOL!!!

FACEMOS CARACOIS. PRECISAMOS AS SEGUINTES PEZAS:

1, CÍRCULO GRANDE.

1, CÍRCULO MEDIANO.

2, CÍRCULOS PEQUENOS.

2, RECTÁNGULOS PEQUENOS.

DECORAMOS, RECORTAMOS E PEGAMOS...

https://youtu.be/n9HY8SQba6w

CANTOS TAPÓNS PODEMOS PESCAR?

BUSCAMOS TAPÓNS DE DIFERENTES CORES E ASOCIAMOS CADA COR CUN NÚMERO:

VERDE-1

BRANCO-2

AZUL-3...

LOGO POÑEMOS OS TAPÓNS NUN RECIPIENTE CON AUGA, COLLEMOS DOUS PAUS, OU PINZAS E A PESCAR E SUMAR PUNTOS!!!

LETRAS GALEGAS!!! A MIÑA PALABRA PREFERIDA.

O 17 DE MAIO É O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E PARA CONMEMORALO IMOS ESCOLLER A PALABRA QUE MÁIS NOS GUSTA EN GALEGO. PODEMOS ESCRIBILA E DECORALA, FACELA CON PLASTILINA...

PINTAMOS UN NIÑO!!!

ESCOITAMOS O CANTO DOS PAXARIÑOS.

https://youtu.be/RKnK9mk8waI

PINTAMOS UN NIÑO FACENDO TRAZOS DE DIFERENTES CORES, LOGO DEBUXAMOS E RECORTAMOS UN PAXARO E O POUSAMOS DENTRO DO SEU NIÑO. POÑÉMOSLLE UN NOME Ó NOSO PAXARO.

DE MAIOR QUERO SER...

ESCOITAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS UN OFICIO: AVIADORA, COCIÑEIRO, DENTISTA...

ESCRIBIMOS E DEBUXAMOS O OFICIO QUE MÁIS NOS GUSTA.

https://youtu.be/N0tWN0gQW_s

Distribuir contido


by Dr. Radut