Educación infantil

Tarefas semana 15 de xuño

Ola ola!

Como foi a semana? Xa imos rematar o proxecto, esperamos que vos gustase e aprendérades moito.

Aquí vos engadimos a proposta para esta semana. Pincha aquí.

 

Un biquiño

Tarefas semana 8 de xuño

Ola ola!

Como vai todo? Xa non queda nada para rematar o proxecto, así que... veña un último empuxón!

Aquí vos engadimos a proposta para esta semana. Pincha aquí.

 

Un biquiño

Tarefas 1ª semana de xuño

Ola ola!

Que tal foi a semana? Seguro que vos estades convertindo nuns expertos co proxecto! Para que sigades investigando e aprendendo moito máis, aquí vai a proposta das mestras para esta semana. Pincha aquí.

Ademais para os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil (4 anos) deixámosvos unhas actividades para traballar lectoescritura. Pincha aquí.

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil (5 anos) esta semana seguen coa letra "g" no caderno de Consonantes 3.

 

Boa semana! Guiño

Inglés 4 e 5 anos

 

Moi boas de novo, Deíxovos novos recursos para traballar

 

Story! Escoita a hstoria atentamente

 

Worksheets review. na primeira, colorea cada pantasma da súa cor. Na segunda, colorea cada comida. (adxuntos)

 

Song! Do you like...?

 

Blippi. Nesta ocasión, Blippi visita unha panadería!

 

Mr bean! divírtete un rato coas aventuras deste simpático personaxe. 

 

Song! Movemos o esqueleto!

Inglés 3 anos

 

Moi boas, Deixo por aquí algún recurso novo para os pequenos.

 

Story time! Escoita a historia atentamente. 

 

Colors review. Ficha para repasar as cores (adxuntos)

 

Song! Canta e imita!

 

Blippi Hoxe con Blippi visitamos un parque de dinosauros!

 

Song! Move o esqueleto repetindo o que fan estes simpáticos monstros. 

 

Peppa pig. Visualiza e disfruta deste capítulo de Peppa na praia! 

 

 

 

 

Traballo semana 25 de maio

Ola ola!

Que tal vos foi co proxecto esta semana? Seguro que estades a aprender moito, xa que tedes uns profes na casa boísimos!!

Como estamos seguras de que queredes seguir investigando para saber máis cousiñas sobre o tema que estamos traballando, aquí vos deixamos a proposta para esta semana.

 

Un biquiño

Tarefas semana do 18 ao 22 de maio

 

Ola ola!

Que tal vos foi con tanta celebración esta semana pasada? Seguro que o pasastes xenial!!

Pero...despois de tanta troula tócanos traballar un pouquiño. Para iso tedes que abrir os arquivos adxuntos (os nenos e nenas de 3 e 4 anos tedes que abrir o de Proxecto Urxencias 112, e os de 5 anos abrides os tres arquivos) e a traballar!

 

Un bico Beso

Día das Letras Galegas 2020

 

Ola de novo!

 

Como vedes esta semana temos moito que celebrar. Este domingo é o Día das Letras Galegas!

 

Este ano dedícaselle a Carballo Calero, e os nosos amigos Os Bolechas van contarnos algo del neste conto tan chulo.Pinchade nesta ligazón: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero

 

Se vos apetece xogar un pouco, aquí tedes un xogo sobre as Letras Galegas: https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

 

E...non podía faltar unha canción! Unha canción que fala sobre o galego.

 

Que vos parece se decorades a vosa palabra favorita en galego? Colledes papel e poñer a imaxinación a traballar! Unha das nosas favoritas sabedes cal é? AXÓUXERE! 

 

E dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñennos o seguinte:

 

Primeiro ver este video:

Logo tedes que facer un debuxo sobre o conto ou de Carballo Calero empregando o material que queirades (rotuladores, témperas, collage...).

E para rematar enviar a vosa obra de arte á titora, xa que as máis bonitas serán colgadas na páxina web do cole!

 

Se queredes traballar algo máis sobre as Letras Galegas podedes entrar no blog da biblioteca. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/node/2100

 

Aburiño!

 

Día da Familia

Ola ola!

Sabedes que esta semana temos algo moi importante que celebrar? O venres é o Día da Familia!

 

E que vos parece se comezamos vendo uns contos nos que vamos coñecer moitas familias diferentes? 

 

 

No ficheiro adxunto ides atopar material para traballar algo mais, pero non esquezades que o mais importante é compartir tempo coa vosa familia e gozar moito con ela. Para iso deixamos unha canción para que bailedes e cantedes todos xuntos!

 

Guiño

 

English activities ( 4 e 5 anos)

 

Boas a todos e todas de novo, Repasaremos hoxe algúns medios de transporte, con algunhas partes destes e incluso o son que fan

 

Vocabulary review and sounds

 

The wheels on the bus

 

Blippi. Hoxe veremos da man de Blippi alguns vehículos e as partes que os forman. 

 

4º Worksheet. Recorta e pega cada parte onde corresponda. Ao rematar colorea (adxuntos)

 

 

Distribuir contido