Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil, Atención educativa (valores)

Tarefas 1ª semana de maio

Ola ola!

Esta semana propoñemos as mesmas tarefas para todo infantil. 

A primeira páxina é un memory primaveral, e en que consiste?

Primeiro tedes que colorear as flores, logo recortar polas liñas e unha vez feito iso podedes comezar a

xogar. Dádeslle a volta ás imaxes e tedes que ir buscando parellas. Un xogo para gozar en familia!

 

* A última ficha de sumas é para o alumnado de 5 anos.

 

Un saúdo

 

Día do traballador e da traballadora

 

Ola nenos e nenas!

Sabedes que día é mañá? É o Día do Traballador e da Traballadora!

E que vamos facer? Que vos parece si charlades un ratiño coas vosas familias sobre os seus traballos: que vos conten en que consiste, que obxectos empregan, como van vestidos, cantos compañeiros teñen, como se chama o lugar onde traballan, para que serve o seu traballo... E tamén podedes falar do que vos gustaría ser de maiores.

Logo podedes facer un debuxo do que fan os vosos familiares no seu traballo.

Deixamos aquí unhas cancións que sabemos que vos gustan moito e están relacionadas co traballado.

 Un biquiño de parte das profes.

Traballo semana do 27 de abril

Ola ola!!

Aquí vos deixamos unhas cousiñas para facer estes días.

Non vos esquezades de enviar fotos ás profes das cousiñas tan chulas que facedes(debuxos, manualidades,...) e dos postres desta fin de semana!

 

Aburiño!

OIDO COCIÑA!

 

Olaaaaa!

Que tal foi a semana?

Como xa sabemos que sodes uns larpeiros… para esta fin de semana traemos unha proposta saborosa!

Pero…antes de nada, vamos a refrescar un chisco a memoria para recordar que cousiñas estamos

traballando mentres elaborades as receitas que vos propoñemos.

 

 

 

Entón que vos parece se facemos unhas galletas saudables de avea con plátano e chocolate? Están deliciosas! E si vos apetece…podedes probar a facer un rico batido de froitas.

 

Aquí deixamos as receitas para que probedes.

 

                    

 

Non vos esquezades de enviarnos as fotos cas vosas receitas!

 

Boa fin de semana!

 

English activities (4 e 5 ANOS)

 

Moi boas, deixo por aqui algo de respaso de Inglés para estes días:

 

1º Fichas de repaso sobre cores (colorear na cor indicada) e outra sobre números (recortar e pegar o número que corresponda en cada caso). Atoparédelas en adxuntos.

 

2º Video de Blippi con números do 1 ao 10.

 

Colors song

English activities (3 ANOS)

 

Moi boas! Deixo por aqui un pouco de traballo para repasar Inglés.

 

1º  Varias fichas para repasar os números do 1 ao 3 e outras sobre a letra "A" (en inglés "ei") coa palabra "apple" e sobre a letra "B" (en inglés "bi") coa palabra "banana". Atoparédelo en adxuntos.

En cada unha delas hai que repasar o borde da letra ou do número e colorear.

 

2º Video de Blippi con números do 1 ao 10

 

Numbers song e apples and bananas, para escoitar dúas cancións que xa vimos na clase.

 

 

Día do Libro

Ola nenos e nenas!

Hoxe é o Día do Libro por iso vos traemos unha proposta, queremos saber cal é o voso conto preferido!

Para iso que vos parece se nos facedes un debuxo del, lle escribides o título do conto e o voso nome, e nos enviades unha foto ó correo das mestras? Temos moitas ganas de velos!

Correos: 

Uxía: ucveducacioninfantil@gmail.com

Monste: profemontsecolenovo@gmail.com

Goretti: profegoretti@hotmail.com

 

Por outra banda, compartimos con vós este interesante conto que nos fala sobre o que debemos facer para matar o bichiño "coronavirus" e veredes que cousiñas máis chulas se fan con un anaco de papel, animádesvos a facelo?

Mañá traemos unha actividade moi saborosa, todos atentos! Sorriso

Actividades psicomotricidade

Ola familias!

Hoxe queremos compartir con vós algunhas actividades e recursos que se poden realizar na casa para fomentar o desenvolvemento psicomotor dos nenos e nenas, así como actividades que axudan á relaxación e á respiración.

Nestes dous vídeos podedes atopar algunhas posturas de ioga para nenos e nenas e o conto Respira.

Ademais, podedes elaborar con obxectos que teñades por casa material para realizar xogos como: os bolos, encestar un globo nunha canastra ou seguir un rastro de pegadas empregando os pés ou as mans.

 

Aínda que tamén é moi positivo realizar tarefas da vida cotiá como vestirse e desvestirse só, axudar a poñer e recoller a mesa, gardar os seus xoguetes, bailar, escenificar un conto...

Algunhas das cancións que bailamos na clase son:

Para rematar queremos compartir con vós unha proposta dun xogo de mesa doutro centro que nos parece interesante, a tradicional Oca, aínda que con algunhas modificacións. Podedes imprimila ou elaborar o voso propio xogo adaptado os vosos intereses.

ttp://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelmasdias/?q=system/files/La-oca-ANTICORONAVIRUS.pdf

Esperamos que vos sexa de axuda e movades moito o esquelete, vémonos pronto!

Traballo semana do 20 de abril

Ola familias!

Que tal? Desexamos que todo vaia ben!

O equipo de infantil somos conscientes da complexidade da situación e en moitos casos da necesidade de conciliar a vida laboral ca "escola" que é o voso fogar agora. Por todo iso, as actividades e propostas son voluntarias e flexibles, que se deben adaptar ó tempo do que dispoñedes e ó ritmo de aprendizaxe de cada un. 

A continuación engadimos as propostas para cada aula, e estade atentos porque ó longo da semana teremos máis novidades divertidas e saborosas!

 

Un saúdo,

O equipo de Educación Infantil

Por cuatro esquinitas de nada

Ola!

Para traballar un pouquiño diferentes valores propoñemos o conto “Por cuatro esquinitas de nada”. Este narra a historia de Cuadradito, un cadrado ó que lle encanta xogar cos seus amigos redondiños. Un día xorde un problema, xa que queren entrar na casa grande e Cuadradito non dá. Estade atentos a ver que pasa...

Con esta historia vamos traballar valores moi importantes para todos e todas, como non renderse ante as adversidades, a amizade, o traballo en equipo, a diversidade e a aceptación.

Xa veredes como vos vai gustar moito!

 

 

A nosa proposta é que faledes sobre o conto e a importancia dos valores que nel aparecen e se vos apetece podedes facer un debuxo empregando diferentes formas xeométricas ou ben construír algo con cousiñas que teñades pola casa con forma xeométrica.

 

Podedes mandar foto ós nosos correos electrónicos do que fixestes!

     

 

   

Boa fin de semana!

Distribuir contido