Equipo de Dinamización da Lingua Galega

SEMANA DO ENTROIDO

Por fin chegou a semana de Entroido e como sempre o Meco púxose mandón e cada día deunos unha orde pero a verdade é que nos fixo rir e divertir.

Luns: coloretes e pencas.

Martes: un babeiro ou pano no pescozo.

Mércores: calcetíns de diferente cor por riba do pantalón.

Xoves: coloretes e pencas, un babeiro ou pano no pescozo, calcetíns de diferente cor por riba do pantalón e PANTALÓN DE PIXAMA.

Venres: cadaquén que se disfrace como máis lle guste.

 

Mirade como comezou a semana e como a rematou. 

XOVES DE COMADRES

E como non ía ser doutro xeito tamén houbo comadre: "Dona reciclaxe". Moito traballa esta ANPA.

XOVES DE COMPADRES

Xa se vai achegando o Entroido e a ANPA do colexio preparou o Compadre. Este ano a temática escollida foi: "Non me toques os marcos!

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro o día 22 de febreiro os grupos de 4º e 5º de Educación Primaria visitaron a Casa-Museo de Manuel María e aldea de San Clodio de Aguiar en Outeiro de Rei.

Aquí deixamos un vídeo do marabilloso día que pasamos.

 

Con motivo do día de Rosalía, cambiamos o mural do taboleiro. As nenas e os nenos de 4º B fixeron caligramas de dous dos poemas da autora: "O repoludo gaiteiro" e "A gaita gallega"; o alumnado de 3º B ilustrou o poema "Adiós ríos, adiós fontes" e os de 2º A decoraron unhas mandalas nas que a nosa autora está moi presente.

Este foi o resultado.

 

CHEGOU O CORREO

Mira que sorte tivemos que estando no "mes da amizade" as nenas e os nenos de 6º recibiron cadaquén a súa carta. As cartas viñan do colexio da Gándara para facer un intercambio de correspondencia entre o alumnado de sexto para que se vaian coñecendo xa que pronto van compartir instituto uns e outros. Agora tócanos responderlles pero mirade o que nos artellaron.

 

 

MES DA AMIZADE

O día 2 de febreiro foi o día da Candeloria e decidiuse que íamos facer deste mes o mes da amizade. Os cursos de sexto e de 4ºB escribiron uns poemas para @s seus amig@s e quedounos un mural ben chulo na entrada do centro.

 

Certame de Poesía Infantil da Biblioteca Municipal

Valeria Ruiz de 4ºB quedou de primeira na súa categoría no Certame de Poesía Infantil de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos.

Noraboa, Valeria.

                                  

Visita ao Apalpador

O día 13 de decembro de 2018 as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria fixémoslle unha visita ao Apalpador.

Preme aquí e comproba o ben que o pasamos.

O Galego.

SE CHOVE ... DEIXA CHOVER ...

Visita ao Apalpador

A pesares do mal tempo, o pasado 13 de decembro o alumnado de 1º e 2º de Primaria fixémoslle unha visita ao Apalpador. Pasámolo xenial e ademais participamos na gravación dun video. Preme no enlace para poder visionalo.

Preme neste enlace.

Distribuir contido