Normalización Lingüística

LETRAS GALEGAS 2011

 

Clica no arquivo que se xunta para ter acceso  ao tríptico: Lois Pereiro

LETRAS GALEGAS 2010

ACTIVIDADES:


Xoves, 13 de maio.- A ANPA A LAgoa organizou, co apoio e colaboración dos alumnos e alumnas do ciclo superior  de Actividades  Físico-deportivas do IES Río Cabe e o profesorado do centro, unha tarde de "Xogos Populares" na que participou  todo o alumnado.


 Venres, 14 de maio.- Celebración do Día das Letras Galegas.


Se queredes ollar as fotos das actividades realizadas, clicade sobre o enlace.


Proxección no monitor da entrada do colexio dos traballos realizados por alumnos e alumnas e profesorado do centro, en formato dixital, sobre o autor homenaxeado este ano: UXÍO NOVONEYRA


Cousos do lobo, de 1º B


Publicación das revistas de pasatempos: Melos e Billarda (colgadas no menú das revistas escolares)


 

CONCURSO DE POESÍAS DE NADAL

CONCURSO DE POESÍAS DE NADAL

No concurso de poesías de Nadal, convocado pola Biblioteca Municipal do Concello de Monforte de Lemos, dúas alumnas do centro resultaron premiadas: Ánxela Jorge, de 5º B (1º premio categoría B) e Andrea Pallín, de 6º B (2º premio, categoría B).

Se queres ler as súas poesías... clica sobre os enlaces correspondentes.

30 de xaneiro, DÍA DA PAZ

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Actividades programadas:

Venres, día 29:

Sesión de contacontos por ciclos(Educ. Infantil e Primaria), arredor do libro "Tarzán de goma".

martes,2  de febreiro:

Pola tarde, no patio do 2º ciclo, os alumnos e alumnas escenificarán a palabra PAZ; despois, cada curso, amosará o personaxe ou entidade elexido por acadar o Premio Nobel da PAZ.

A lectura de pequenas  poesías, unha canción cantada por todo o centro e unha solta de globos darán fin as actividades desta celebración.   

Galería de imaxes 

 

 

Distribuir contido