Skip to Content

Letras

AS NOSAS CONTADAS

Comezamos o ano cun amplo programa de Animación á Lectura, As Nosas Contadas.

Un programa de animación lectora semanal compartida: A Hora do Conto, en directo,Contiños Pequenos, na radio.

Un programa no que se fomenta a expresión oral, a escoita, o voluntariado, a solidariedade, o respecto, a lectura pracenteira... e a colaboración e convivencia interniveis.

Con todos vos As Nosas Contadas da 3º semana de 2024:

  • Contiños Pequenos:

 

 

  • A Hora do Conto:

 

    • Contadas en infantil (voluntariado de 5º):
      • Naiara e Sofía, Paco Papán e

 

 

    • Contadas no 1º ciclo (voluntariado de 6º). Breve mostra fotográfica:

 

      • 1ºA: Xiana e Clarisa

 

 

      • 2º A: Ánxel e Lucas.

 

 

 

A vindeira semana, máis contadas.

 

OS VENRES... UN CONTO: A princesa e as abellas

O comezo das vacacións de Nadal e a visita de Papá Noel obrigounos a adiantar o día e mudar o lugar da actividade de "O Venres... un conto".

Este xoves, o alumnado de 2º e a súa titora Ana Jato, leronnos na biblioteca de infantil o conto "A Princesa e as abellas"

ante un público numeroso e atento.

 

Ademáis da lectura realizada de forma alterna por  Estela e Antonoine coa colaboración de Anouar,

seguíamos a lectura nas ilustracións impresas nunha tea branca pendurada na parede.

 

Tanto nos gustou o conto que rematada a lectura de Antoine e Estela, pedimos as profes Goretti e Ana que nolo volveran ler.

Parabéns!!!!

Felices Festas !!!!

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - NADAL 2023

 

FELIZ LECTURA!

 

POESÍAS: "O MAGOSTO"

Compartimos con todos o expírito poético do alumnado de 5º B que apoiado pola súa titora Silvia elaboraron 6 fermosas poesías sobre o outono.

 

Parabéns!!!!

 

OS VENRES... UN CONTO: Teatro de Nadal

Este venres, 15 de decembro, 5 alumnas de 5º  e un alumno de 4º representantan unha obra de teatro sobre o Nadal.

Grupo teatral que se ocupou de forma autónoma do guión, producción, dirección e representación.

 

Parabéns!

 

OS VENRES... UN CONTO: Con Xiana

O venres 3 de novembro a nosa contadora de contos foi Xiana.

 

 

Fermosos contos.  Grazas Xiana!!!

 

OS VENRES... UN CONTO: Todos contra el Bullying polo Grupo de Teatro de Jairo, Dulce e Nayara

 

 

O venres 10 de xuño tivemos a sorte de desfrutar dunha obra de teatro excepcional, Todos contra el bullying,

 

 

 

 

 

 

Unha obra escrita, dirixida e interpretada por 3 grandes actores: Jairo, Dulce e Nayara.

 

 

 

Excelente temática e interpretación merecedora dunha gran ovación do público asistente.

 

Vaia o noso agradecemento a todo o alumnado polo seu entusiasmo e ganas de compartir saberes.

 

O vindeiro curso agardamos seguir contanto coa colaboración de todos.

 

 

 

 

MARATÓN DE LECTURA NO PATIO

 

 

Alumnado, coidadoras e profesorado celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente lendo no patio durante a Hora de Ler.

Cada 5 de xuño celébrase mundialmente o día do medio ambiente coa finalidade de concienciarnos sobre a importancia de protexer o noso planeta e promover accións individuais e colectivas a prol da conservación do medio.

Desde a biblioteca, prográmase a hora de ler deste día no patio, cunha triple finalidade: a educación no coidado dos espazos verdes do cole, a lectura e a inauguración do novo equipamento instalado no exterior grazas a dotación económica recibida do programa de Bibliotecas Escolares PLAN LIA. Programa que nos permitiu modernizar a nosa biblioteca a nivel de instalacións, fondos e prestacións (E-ELBE 2, KOHA,). Pero ademais das melloras realizadas no interior do centro hoxe pareceunos un estupendo día para inaugurar o equipamento que a biblioteca ven de instalar no exterior: dúas casiñas minibibliotecas, coa finalidade de fomentar a lectura libre no exterior , e unha pérgola que agarda ser un punto de encontro para ler, investigar e experimentar, un laboratorio de experiencias múltiples instalado nun entorno natural que nos permitirá observar , estudar e coidar a natureza.

 

Con estas novas instalacións a biblioteca abre as portas ao exterior para favorecer a alfabetización múltiple ,aproveitando o entorno natural do noso centro e fomentar unha educación saudable e respectuosa co medio ambiente nun entorno natural e acolledor.

 

Así foi a nosa Hora de Ler este 5 de xuño de 2023:

 

Rematado o recreo, o alumnado xa non sube as aulas; cada quen diríxese a súa zona de lectura, previamente anunciada por megafonía.

 

No patio de infantil: alumnado de 4 e 5 anos cos padriños lectores de 5º de primaria

 

 

Na zona do pavillón: alumnado de 3º, 4º e 5º.

 

 

 

No patio próximo a biblioteca: alumnado de 1º e 2º.

 

 

 

Na pérgola: alumnado de 3 anos e alumnado de 6º.

Optamos por inauguran esta instalación cunha lectura solidaria na que participan o alumnado que se incorporau este curso ao centro e o alumnado que remata primaria. A cada neno/a de 3 anos un ou dous alumnos de 6º lles le un conto, xunto a outros compañeiros de 6º que incentivan á lectura co seu exemplo lector.

 

 

 

 

 

 Unha fermosa experiencia para repetir moitas veces.

 

Maratón de Lectura no Patio

05/06/2023
Europe/Madrid

 

SABELA GAGO: CONTADA CO ALUMNADO DE 3º E 4º

Onte 30 de xaneiro houbo contada

 

 

Con Sabela Gago desfrutamos, imaxinamos e vivimos os contos.

 

unha sesión na que desfrutamos a tope con esta grande atriz e pedagoga, xa coñecida no centro e que nunca defrauda.

Grazas Sabela!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut