Skip to Content

Falagueira

A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA (2021-2022)

 

  A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para as bibliotecas escolares de Galicia, durante o curso 2021 - 2022, pon  o foco na palabra e na oralidade a través do lema " A Biblioteca Escolar ten a Palabra".

A  BIBLIOTECA  ESCOLAR  TEN  A  PALABRA

Imaxe: Pablo Otero

 

     "Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as  bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia. 
 
 
     Máis aínda, como instrumentos a favor da equidade, as bibliotecas dos centros educativos deben procurar o acceso igualitario ao coñecemento e uso do léxico que garante unha mellor comprensión lectora, toda vez que os expertos nos falan da diferencia abafante entre o número de palabras que contén o léxico do alumnado de infantil en función dos contextos familiares, diferencia que marca xa as posibilidades de éxito fronte á lectura. 
 
 
    Na súa constante e natural evolución, as bibliotecas escolares acolleron a nova oralidade secundaria, que promove a comunicación a través dos medios. Programas como Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Biblioteca Inclusiva, abriron as portas a unha oralidade máis formal en forma de podcasts, audiolibros, espazos de coloquio e expresión, facilitando recursos e oportunidades para a adquisición de habilidades e competencias comunicativas de amplo espectro, pois en tempos de comunicación dixital fanse imprescindibles estas competencias básicas: unha expresión oral rica e coidada e unha interpretación o máis axustada posible dos textos orais dispoñibles. 
 
 
    A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade." 
     

 

LECTURA ONLINE - GALICIA LE

Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

Fai CLIC na imaxe para acceder e para rexistrarte.

Poderás ler moitos libros online.

Boa Lectura!!!

 

Lemos Le e Margarita López Otero

O 27 de xaneiro fomos noticia

O 27 de xaneiro fomos noticia tanto no deportivo como no literario.

Parabéns Julia, Alejandro e Gael!

Sodes estupendos!, Estamos moi orgullosos!

Concurso de Beléns -Centros educativos de Monforte

Premios aos beléns dos centros educativos.

http://www.monfortedelemos.es/es/noticias/2019/el-centro-de-ense%C3%B1anza-ense%C3%B1anzas-artisticas-creativa-gana-el-concurso-de-belenes-del-ayuntamiento-de-monforte

 

La Voz de Galicia (18-12-2019)

 

Visita ao Museo das Cornamusas (Ourense)

O alumnado de 5º de primaria o día 16 de decembro realiza unha visita cultural a Ourense.

Programación: Exposición Beléns do Mundo no obispado de Ourense, Museo das Cornamusas e As Burgas.

Visita ao Museo das Cornamusas, Ourense (La Voz de Galicia 17-12-2019)

 

 Visita ao Museo das Cornamusas - Faro de Vigo (Ourense)

 

Rueiro Científico de Monforte de Lemos

Un Percorrido por Monforte da man de coñecidos científicos (La Voz de Galicia (29-11-2019).

Día das Mulleres Escritoras

Desde 2016, o luns máis próximo ao 15 de outubro (festividade de Santa Teresa de Xesús) celébrase o Día das Escritoras, celebración coa que se busca reivindicar a labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

Biblioforte sumase a esta celebración cunha exposición de libros das escritoras máis lidas no cole,

    

ademais dunha breve presentación das mesmas na revista da biblioteca, Falagueira.

 

 

 

Falagueira 2018-19

Distribuir contido


by Dr. Radut