Benvidas e benvidos ao blogue da Aula dos Peixiños
Benvidas familias dos Peixiños!
Damos comezo a este novo espazo, a través do cal abriremos as portas da nosa aula para que podades coñecer un pouquiño máis do que vamos facendo cada día.
Setembro foi un mes de moitas novidades: coñecer aos novos compañeiros e compañeiras, ás mestras e mestres, ir adquirindo as rutinas e normas da aula, gañar autonomía e confianza co noso segundo fogar. Estivo cheo de emocións, descubrimentos e alegría.
En outubro descubrimos novos espazos do cole facendo excursións coas profes para coñecer o ximnasio e o pavillón dos maiores, a nova e marabillosa biblio do cole, as aulas dos Elefantes, Planetas e Nubes. Agora amosámosvos algunha foto das nosas “mini-excursións”:
Neste mes tamén tivemos festividades importantes como foi o Samaín xunto co Magosto. Fixemos actividades terroríficas para traballar a motricidade fina, a experimentación baleirando as nosas cabazas e finalmente, a gran festa de disfraces no cole.
Finalmente, a nosa foto na gran Festa do Samaín.
Esperamos que vos gustara, e seguide atentos, haberá máis e mellor.
Un saúdo enorme