A Consellería de Educación, a través da convocatoria de Voluntariado de Lectura-A, agasallounos cuns obradoiros formativos destinados a incentivar o voluntariado cultural relacionado coa lectura entre o alumnado de quinto e sexto.
A causa do confinamento estas sesións formativas aprazáronse ao primeiro trimestre do curso actual.
Hoxe, recibimos o agasallo de ese premio, un obradoiro de lectura expresiva a cargo de Charo Pita para o alumnado de quinto.
O obradoiro foi ameno, divertido e moi enriquecedor. Durante dúas interesantes horas coñeceron e practicaron técnicas para mellorar a oralidade e a lectura en voz alta.
Pasárono xenial!
5ºA:
5ºB:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
BIOGRAFÍA CHARO PITA.pdf | 139.41 KB |