English activities (tarefa 11)

 

Hello again!  comezamos hoxe a Unit 6 que traballaremos seguindo a estrutura das anteriores. Por outra banda, ao ser un bloque de materia novo, traballarémolo de forma lenta e guiada e centrándonos só no máis importante e xeral da unidade. 

 

On Holiday

 

Steps to follow:

 

1) Vocabulary. O vocabulario deste bloque refírese lugares de ocio e tempo libre. verémolo de tres maneiras posibles seguindo esta orde:

  a) Visionade este video para aprender os distintos lugares onde pasalo xenial en vacacións. Sinala na páxina 61 do libro cada lugar. 

  b) Stick and say. Tamén na páxina 61 do libro, podedes pegar os stickers que se correspondan a cada imaxe (atoparédelos ao final). 

  c) Review. Escoita e repite en voz alta. On Holiday

 

2) Worksheet. Escribe a letra correspondente en cada cadro. Debaixo, completa cada oco coa palabra que falta. (adxuntos)

 

3) Story timeJaySue, Li, e Tiger deciden ir pasar un día estupendo. Escoita e ve a historia. (tamén a podes seguir e ler a través das páxinas 62 e 63 do libro). Ao rematar, podes responder a estas preguntas: (yes, there is) (no, There isn´t). 

- Is there a zoo?      - Is there a funfair?      -Is there a Lion?        - is there a cat? 

 

4) Worksheet 2. Rodea a palabra correcta en cada caso. Debaixo, une as dúas partes da palabra e escríbea onde corresponda. (Adxuntos) 

 

5) Song! Escoita e aprende esta canción. Ao rematar, Marca cun tick o único lugar ao que deciden ir os nenos e nenas que cantan de todas as opcións que teñen. Escribe tamén o nome de cada sitio. (exerc. 6 páx 64) 

 

6) Song! Escoita ( e aprende se podes) esta canción con rima para diferenzar as palabras "see" (ver) e "sea" (mar).  

 

7) Game! Divirtete adiviñando palabras disparando aos globos.

AdxuntoTamaño
Worksheet 1704.61 KB
Worksheet 2562.78 KB