Skip to Content

Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril)

Conmemoramos cada 2 de abril, o aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen e o Día Internacional do Libro Infantil (DILI). 

A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.

Trátase dunha celebración moi importante para a nosa biblioteca, por iso en consonancia coa mensaxe patrocinadora “Fame de Palabras” propoñémosvos, escribir, pintar pero sobre todo dicir palabras fermosas.

Pero ademais podedes celebrar este día, desde a casa:

-       Participando no Concurso CALIX, da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil: “Un Poema na túa Voz” (para maiores de 6 anos; remata o 10 de abril)

-       Enviándonos a imaxe da túa palabra fermosa para  a nosa exposición.

-       Lendo algún libro

o   Aquí tes unha suxestión de lecturas para ler sen salir do fogar: 

Boa lectura!, Feliz Día!



page | by Dr. Radut